Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

A LÍRICA PROFANA NOS REINOS DA GALIZA E PORTUGAL

24/11/2021

0 Comentários

 
Imagem
Unha nova actividade para este mes de decembro: a  palestra A lírica profana nos reinos de Galicia e Portugal: cando Hispania cantaba en galego, impartida por Mariña Arbor Aldea, profesora da USC.

PALESTRA: A lírica profana nos reinos de Galicia e Portugal
Data: Venres, 3 de decembro de 2021, ás 19.15 h.
Lugar: LIBRARÍA COUCEIRO, Praza de Cervantes, Santiago de Compostela.
Intervirá: MARIÑA ARBOR ALDEA, profesora da USC e investigadora              

As prazas son limitadas polo que, por mor da situación sanitaria do momento, cómpre que se envíe a solicitude de inscrición ao correo electrónico [email protected]  antes das 12.00 horas do xoves 2 de decembro de 2021, sendo imprescindíbel que cada persoa que se anote indique nese apuntamento:  nome, dous apelidos, número do DNI e teléfono, por mor das normas Covid.
A admisión será seguindo rigorosamente a orde dos correos recibidos. É obrigatoria a asistencia con máscara e mantendo as normas de seguridad contra a Covid-19.

Na palestra A lírica profana nos reinos de Galicia e Portugal: cando Hispania cantaba en galego presentaranse ao público as coordenadas políticas, sociais e culturais en que se desenvolveu a lírica profana galego-portuguesa, prestando particular atención aos reinados dos monarcas galegos Fernando II (1157-1188) e Afonso VIII (1188-1230), que ven xermolar esta poesía, escrita en galego, e ás circunstancias que propiciaron á súa propagación e difusión ás cortes de Castela e Portugal.
Unha vez presentando este panorama, mostrarase que a lírica galego-portuguesa non é un fenómeno illado, senón que nace nun contexto de prestixio político e relixioso das clases dirixentes galegas, de bonanza económica e de gran desenvolvemento das artes plásticas e da literatura, como mostran a construción do Pórtico da Gloria, a fábrica de numerosos templos románicos ou a compilación do Codex Calixtinus e da Historia Compostellana.
Finalmente, describiranse as características desta poesía, atendendo aos manuscritos que a transmitiron, aos seus xéneros principais e á música que a acompañaba. O relato destes aspectos irá acompañado de imaxes ilustrativas de cada un deles, así como da lectura de cantigas seleccionadas e da audición doutras, para que o público teña unha imaxe o máis completa posible do denominado “espectáculo trobadoresco”.



A investigadora MARIÑA ARBOR ALDEA (San Fagundo, Cea, 1973) é graduada en Filoloxía Hispánica, Licenciada e Doutora en Filoloxía Románica, Premio Extraordinario de Licenciatura, Premio Extraordinario de Doutoramento e Premio Dámaso Alonso de Investigación Filolóxica. Tras formarse na Universidade de Santiago e de realizar un bienio de posdoutoramento na Università degli Studi di Padova (Italia), regresou á USC como Investigadora Ramón y Cajal: Nesta universidade desenvolve agora o seu labor como Profesora Titular de Universidade.
Os seus traballos versan, fundamentalmente, sobre codicoloxía, crítica textual, métrica e literatura medieval, con particular atención á lírica galego-portuguesa. Entre as súas publicacións destacan as dedicadas ao Cancioneiro da Ajuda e ao Pergamiño Vindel, aquelas en que se editan autores ou textos particulares da Idade Media galega e portuguesa, as que, partindo da análise da varia lectio, extraen principios teóricos que contribúen á fixación do texto crítico das cantigas ou á definición das súas características métricas, así como as dedicadas aos estudos ecdóticos que toman a lírica medieval como obxecto e á difusión e recepción da literatura e á formación do canon. Tras realizar diversas estadías de investigación e de impartir diferentes seminarios e conferencias como profesora visitante en universidades ou centros de investigación de Italia, Portugal, EE. UU., Francia, Inglaterra, Hungría ou República Checa, a profesora Arbor Aldea mantén unha unha sólida rede de relacións no exterior, que se plasman nos seus proxectos de investigación, no seu ingreso na Xunta directiva da Asociación Convivio para el estudio de los Cancioneros, no acceso á Secretaría da prestixiosa Verba, que ocupou ata entre os anos 2011 e 2020, así como ao grupo de avaliadores de revistas do prestixio de La Corónica ou da Revista de Poética Medieval, na súa integración no equipo que elabora PhiloBiblon, dependente da Universidade de Berkeley (California), ou na súa chegada á Secretaría-Tesourería da Asociación Hispánica de Literatura Medieval, que ocupa desde 2015.
Entre as súas publicacións, ademais dunha setentena de artigos e capítulos de libros, destacan O cancioneiro de don Afonso Sanchez. Edición e estudio (2001), Cancioneiro da Ajuda [edición facsímile] (2008), Cancioneiro da Ajuda. Transcrición e notas (2015), que asinou como autora única, ou os volumes en que participa como autora e coordinadora, como Estudos de edición crítica e lírica galego-portuguesa (2010), Pergamino Vindel (2016), Transitando polas vías da lírica hispánica. A ruta dos trobadores (2020) ou Vai lavar cabelos na fontana fría. As orixes da lírica hispánica (2021). Ademais, traduciu e adaptou ao galego os volumes El canon de la literatura europea (2012) ou A lingua das cantigas. Gramática do galego-portugués (2019). Finalmente, a profesora Arbor Aldea traballa activamente no Portal Universo Cantigas (www.universocantigas.gal), de que é Investigadora Principal, xunto co Profesor Manuel Ferreiro, que ten como obxectivo a edición crítica en liña de toda a lírica medieval galego-portuguesa.

0 Comentários

ROTEIRO POR COMPOSTELA: OS TROBADORES E A ARISTOCRACIA NO REINO DA GALIZA

19/11/2021

0 Comentários

 
Imagem
Roteiro por Compostela  OS TROBADORES E A ARISTOCRACIA NO REINO DA GALIZA, guiado polos investigadores José António Souto Cabo e Isabel Morán Cabanas.

Roteiro: OS TROBADORES E A ARISTOCRACIA NO REINO DA GALIZA
Data: Sábado, 27 de novembro de 2021, ás 12.00 h.
Lugar de saída: Praza de Cervantes de Santiago de Compostela.
Intervirán: JOSÉ ANTÓNIO SOUTO CABO, profesor da USC e investigador
                  ISABEL MORÁN CABANAS, profesora da USC e investigadora       
           

As prazas son limitadas polo que, por mor da situación sanitaria do momento, cómpre que se envíe a solicitude de inscrición ao correo electrónico [email protected]  antes das 12.00 horas do xoves 25 de novembro de 2021, sendo imprescindíbel que cada persoa que se anote indique nese apuntamento:  nome, dous apelidos, número do DNI e teléfono, por mor das normas Covid.
A admisión será seguindo rigorosamente a orde dos correos recibidos. É obrigatoria a asistencia con máscara e mantendo as normas de seguridad contra a Covid-19.


Roteiro: OS TROBADORES E A ARISTOCRACIA NO REINO DE GALIZA

O papel da capital galega nas orixes e desenvolvemento da lírica galego-portuguesa foi abordado por diversos estudiosos dese movemento literario como Carolina Michaëlis e Giuseppe Tavani, mais non existiu, até tempos recentes, consenso sobre o alcance do influxo desa cidade. Os avances producidos no estudo das raíces socioculturais do noso trobadorismo conseguiron recolocar Santiago como peza chave do asunto que nos ocupa, o que non pode sorprender dado que se trata do principal centro político e cultural do reino da Galiza, sobre todo durante os reinados de Fernando II e Afonso VIII (IX). O peso de Santiago reflíctese, en termos concretos, na asociación biográfica de diversos trobadores, maioritariamente de condición aristocrática, á cidade e, por outro lado, nas referencias a ese mesmo centro urbano contidas en diversas composicións. A partir desas dúas constatacións, o noso roteiro percorre a cidade para encontrar eses espazos que nos remiten para poetas como Joan Velaz, Osorio Eanes, Juião Bolseiro, Joan Vasquez de Talaveira, Airas Fernandez Carpancho, Paio Gomez Charinho, Airas Nunes, Martin Moxa, Afonso Eanes do Coton, Pero da Ponte, Pero Amigo de Sevilha, Bernal de Bonaval, Rui Fernández etc. A asociación prolongada da cidade ao movemento poético lévanos a concluír que Compostela non só foi unha especie de centro exportador de poetas para outras cortes mais tamén un palco constante e privilexiado desa manifestación cultural.


JOSÉ ANTÓNIO SOUTO CABO é licenciado en Filoloxía Románica e en Filoloxía Galego-portuguesa. Doutor en Filoloxía Galego-portuguesa. Profesor Titular na Facultade de Filoloxía da USC. Os campos de investigación son a historia da lingua (de modo preferente) durante o período medieval e o contexto sociocultural en que xermina e se desenvolve a lírica galego-portuguesa. A primeira liña integra traballos de edición e estudos de textos literarios e documentación como: Rui Vasques. Crónica de Santa Maria de Íria (2001), o Os primeiros escritos em galego-português: revisão e balanço (2014). No tocante ao segundo ámbito, podemos citar: Os cavaleiros que fizeram as cantigas. Aproximação às origens socioculturais da lírica galego-portuguesa (2012),“Et de dona Guiomar nascio don Rodrigo Diaz de los Cameros. Figuras femininas no patrocínio da lírica galego-portuguesa (II)” (2018), De illis e Mirapeixe: Monio Fernandi. O trovador Múnio Fernandes de Mirapeixe e a sua parentela (2020).

MARÍA ISABEL MORÁN CABANAS é Profesora Titular de Literatura Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela e membro do equipo científico do Roteiro da Lírica Medieval, ocúpase principalmente dos período medieval, renacentista e barroco, así como da proxección destes nas épocas moderna e contemporánea. Cabe destacar os seus traballos sobre aspectos léxicos e temáticos da lírica medieval e da poesía cortesá portuguesa do século XV, como Traje, gentileza e poesia. O campos semântico da moda e da vestimenta no Cancioneiro Geral de Garcia de Resende (2001) ou Festa, Teatralidade e escrita. Esboços tetarais no Cancioneiro Geral de Garcia de Resende (2003). E, entre outras publicacións máis recentes, sobresaen a edición e estudo, en coautoría, de O meu Portugal[de] Guilherme de Almeida (2016), “O retrato descortês das damas no Cancioneiro Geral: motivos e imagens da tradição lírica” (2018), “Liturgia e cor amarela no Cancioneiro Geral: ainda para una interpretação em chave criptojudaica de Bernardim Ribeiro?” (2019), “A propósito de momo e corpo carnavalesco: de Joan Baveca e a sátira galego-portuguesa ao Cancioneiro Geral” (2021) ou “O médico na berlinda: transmissão do "novo" diálogo castelhano-português do Doutor Miranda (Lisboa, 1562)”. Actualmente coordina o grupo de investigación GRAALL (GI-1353) e participa en varios proxectos nacionais e internacionais sobre imaxinario e literatura.



Haz clic aquí para editar.
0 Comentários

XEOPOLÍTICA, PANDEMIA E POSCAPITALISMO por alberte blanco

13/11/2021

0 Comentários

 
Imagem
MESA REDONDA E PRESENTACIÓN DO LIBRO XEOPOLÍTICA, PANDEMIA E POSCAPITALISMO, da autoría do enxeñeiro, profesor e escritor Alberte Blanco Casal.

Data: Venres, 19 de novembro de 2021, ás 19.15 h.
Lugar: Libraría COUCEIRO / Praza de Cervantes / Santiago de Compostela.
Intervirán:
             ALBERTE BLANCO CASAL, autor do libro
             XAVIER VENCE DEZA, Catedrático de Economía Aplicada da USC e coordinador do ICEDE
             FRAN ALONSO VILLAVERDE, director de Edicións Xerais de Galicia, como presentador 

As prazas son limitadas polo que, por mor da situación sanitaria do momento, cómpre que se envíe a solicitude de inscrición ao correo electrónico [email protected]  antes das 12.00 horas do xoves 18 de novembro de 2021, sendo imprescindíbel que cada persoa que se anote indique nese apuntamento:  nome, dous apelidos, número do DNI e teléfono, por mor das normas Covid.
A admisión será seguindo rigorosamente a orde dos correos recibidos. É obrigatoria a asistencia con máscara e mantendo as normas de seguridad contra a Covid-19.


SIPNOSE DE XEOPOLÍTICA, PANDEMIA E POS-CAPITALISMO
Estes son tempos estraños, de cambio e turbulencias, onde os vellos (e novos) paradigmas do librecambismo xa non resultan válidos para resolver os problemas e retos do mundo actual. Nestas circunstancias, a reflexión amósase coma a virtude indispensábel; a que nos permite facérmonos preguntas e intentar comprender a clave do arcano sen deixarnos confundir polos ouropeis da modernidade e as luces de cores do politicamente correcto.
Necesitamos fuxir da trivialidade e centrármonos no esencial: analizar o alcance do Poder, a súa dimensión real dentro da complexidade do mundo actual, profundando na xénese do sistema capitalista neoliberal e o papel das forzas alternativas nesta encrucillada histórica.
Intentar comprender, quizais só albiscar, que forzas moven o planeta e o lugar que nos corresponde no equilibrio de enerxías que determinarán o noso futuro. O enfoque que ofrecemos nesta obra non é convenciona
l. Este é un aspecto non secundario porque, en xeral, unha parte significativa da sociedade confórmase con explicacións xenéricas e superficiais, especialmente se veñen amparadas por organismos ou individuos de aparente solvencia política, social, académica, científica ou cultural. Non obstante, por desgraza, e cada vez máis, resulta difícil distinguir entre a opinión propiamente científica, honesta e obxectiva daquela outra fabricada por quen está ao servizo das grandes corporacións bancarias ou empresariais, con intereses, as máis das veces, non concordantes cos da maioría social. En definitiva, neste libro inténtase enfocar a crise do mundo actual dende unha óptica diferente, achegando datos e opinións que invitan á reflexión crítica e á dúbida intelixente sobre o que nos rodea, deixando en mans do lector a diagnose final.

O seu autor, Alberte Blanco Casal (Cobres-Vilaboa, Pontevedra, 1951), enxeñeiro, profesor de ensino secundario e escritor. Dende moi novo participou no movemento cultural asociativo e estivo vinculado ao nacionalismo galego, formando parte do Consello Nacional do BNG nos anos 80, 90 e 2015-2016. Foi concelleiro nacionalista no concello de Verín entre 1991 e 2005 no que exerceu como portavoz municipal entre 2003 e 2005. Na lexislatura 2005-2009 foi Director Xeral de Montes durante o goberno PSOE-BNG.
Realizou diversas colaboracións co diario dixital Praza Pública, a revista Grial e a publicación periódica do Fórum Galaico Transmontano de Chaves (Portugal). Na actualidade é columnista semanal do xornal Nós Diario. En calidade de Director Xeral de Montes participou na obra colectiva Os incendios forestais en Galicia (2006), editada polo Consello da Cultura Galega.  En 2015 a Deputación de Ourense publicou a súa obra de investigación O conflito de intereses no camiño de ferro de Zamora a Ourense. Aproximación histórica ao período 1840-1930.
Arcadia. Os gardiáns do segredo (2013) foi a súa primeira novela e en 2017 Edicións Xerais publica O Códice esmeralda, finalista do Premio Xerais de novela en 2015. Tamén en 2017 Sermos Galiza edita a obra colectiva O monte galego. Caos ou aproveitamento multifuncional? na que participa como poñente e coordinador. En 2019 publica Memorias da brétema, un libro de investigación histórica, crónicas e memorias da infancia. En marzo de 2021 Edicións Xerais publica o seu ensaio Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo.

0 Comentários

Mulheres galegas na guerrilha antifranquista

6/11/2021

0 Comentários

 
Imagem
Palestra e proxección do audiovisual  Mulheres galegas na guerrilha antifranquista, impartida por Adela Figueroa Panisse e baseada no seu libro As mulheres da Casa da Bouça da Roupa Estendida.

Data: Venres, 12 de novembro de 2021, ás 19.15 h.
Lugar: Libraría COUCEIRO / Praza de Cervantes / Santiago de Compostela.
Intervirá: Adela Figueroa Panisse, autora do libro
Actuación do grupo musical: Gaita Irlandesa-Galiza, formado por Carmel O'Leary e Denis O'Toole 

As prazas son limitadas e a actividade vai dirixida inicialmente ás persoas asociadas á A.C. O Galo, que poderán traer acompañantes, mais por mor da situación sanitaria do momento, cómpre que se envíe a solicitude de inscrición ao correo electrónico [email protected]  antes das 12.00 horas do xoves 11 de novembro de 2021, sendo imprescindíbel que cada persoa que se anote indique nese apuntamento:  nome, dous apelidos, número do DNI e teléfono, por mor das normas Covid.

A admisión será seguindo rigorosamente a orde dos correos recibidos. É obrigatoria a asistencia con máscara e mantendo as normas de seguridad contra a Covid-19.
 
TEXTO ENVIADO POR ADELA FIGUEROA, AUTORA DO LIBRO NO QUE BASEA ESTA PALESTRA: 
A vida da Galiza ficou truncada com o levantamento fascista do General Franco. Mas cá não houve fronte de batalha em que descarregar a tensão social desatada. Galiza foi retaguardia. Nela instaurou-se o terror da retaguardia. Não é certo que esta terra se submetesse vencida. Apareceram as Guerrilhas.  
A primeira do Estado espanhol, foi a Guerrilha antifascista Galaico Leonesa, que incorporava ao Berço. Nela inscribiram-se as moças da Casa da Bouça como enlaces e activas militantes. Toda a família estava implicada. Isto vem destruir a falsa crenza de que Galiza aceptou o submetimento ao bando " Nacional" sem resistencia. Não esqueçamos que o Frente popular ganhara as eleições poucos meses antes do levantamento criminal. E também que as mulheres tiverem um papel passivo. Isso não foi assim. 
 Temos bastantes exemplos como o de Enriqueta Otero e o desta familia do Incio. Sobre a estoria destas mulheres foi construida uma obra de criação, uma novela " As mulheres da Casa da Bouça da Roupa Estendida". Não pretende ser um trabalho científico, pois eu não sou historiadora. Sou biologa.. Mas desde que os terriveis feitos aconteceram na aldeia destas mulheres, o relato passou de ser história para se ir transformando e lenda e acabar passando para o acervo cultural colectivo como patrimonio cultural da zona.  
Quero resaltar nesta obra a necessaria colaboração da vizinhança, sem a que nunca teriam resistido as guerrinhas, como tantas que houvo na Galiza. O Piloto, O Guardarrios, o Foucelhas o Curuxás, são os herois semi ocultos que pertencem já ao imaginario popular. As guerrilhas antifascistas de Galiza foram as últimas em serem desmanteladas. E varios de seus integrantes conseguiram figir e mesmo morrer na sua cama como o Curuxas engendrando filhos mentres andavam ocultos e figidos e convivendo com o povo. Isso nos da ideia de que o povo era cumplice no seu sustento. Há miles de exemplos disto.  
Um papel importante para entender este fenómeno é também o bosque e a paisagem da Galiza. Por isso eu dou uma importancia grande á paisagem como parate da casa em que todas nós nos criamos e onde temos o nosso quadro estético e referencial. Sendo a Paisagem um protagonista mais da novela. Contos e cantos misturam-se con o relato dos feitos, porque a vida é assim. Algo de alegrias e algo de penas. É importante resaltar a vida das aldeias como núcleos de cultura e de socialização, e referir os diversos feitos locais ou internacionais que aconteciam durante o percurso vital das protagonistas da obra.
 
0 Comentários

visita guiada á exposición o legado carlos maside

2/11/2021

0 Comentários

 
Imagem
VISITA GUIADA á exposición "O LEGADO CARLOS MASIDE" comentada pola historiadora Mercedes Rozas, crítica de arte e comisaria de exposicións.

Data: Mércores, 10 de novembro de 2021, ás 17.30 h.
Lugar: Fundación Granell / Praza do Toural / Santiago de Compostela.
Guía a visita:  Mercedes Rozas, crítica de arte.

O legado Maside é unha pequena colección que o artista Carlos Maside fai da súa propia obra. Está composto por trece óleos sobre lenzo, un pastel, tres guaches e catro debuxos a lapis. O primeiro cadro data de 1930 e o último é de 1952. Un patrimonio que por desexo expreso do artista debe ficar agrupado na cidade de Santiago de Compostela. Carlos Maside falece, tras unha longa enfermidade, en 1958 á idade de 61 anos. O Consorcio de Santiago e a Deputación da Coruña adquiren a colección no ano 2016 e cédenlla ao Concello de Santiago para a súa conservación e custodia. O legado é unha boa mostra do traballo de Maside no que, ao longo dos anos, permanecen certos parámetros formais e achegas e movementos como o cubismo e o expresionismo: é a mirada do pintor posta nos círculos artísticos de París e de Berlín, cidades nas que as vangardas despregaron, nas tres primeiras décadas do século XX, todos os seus feitizos de creatividade. 

As prazas son limitadas e a actividade vai dirixida ás persoas asociadas á A.C. O Galo, que poderán traer un acompañante, mais por mor da situación sanitaria do momento, cómpre que enviedes a solicitude de inscrición ao correo electrónico [email protected]  antes das 12.00 horas do luns 8 de novembro de 2021, sendo imprescindíbel que cada persoa que se anote indique nese apuntamento:  nome, dous apelidos, número do DNI e teléfono, por mor das normas Covid.

A admisión será seguindo rigorosamente a orde dos correos recibidos.
Todas as persoas asistentes, tanto asociadas como acompañantes anotadas, recibirán como agasallo o libro O legado Maside, da autoría de Mercedes Rozas, publicado polo Concello de Santiago no ano 2020.

É obrigatoria a asistencia con máscara e mantendo as normas de seguridad contra a Covid-19.

0 Comentários

    Arquivos

    Maio 2025
    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.