Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

Problemática nacional e colonialismo. O caso galego

17/9/2022

0 Comentários

 
Imagem
A Agrupación Cultural O Galo convídate a ti e ás túas amizades, á mesa-debate que se organiza con motivo da saída do prelo da 2ª edición de Problemática nacional e colonialismo. O caso galego, da editora Tempo Galiza. Neste acto os autores do libro analizarán a vixencia dos postulados que nel formulaban, podendo o público enriquecer o debate, perante as mudanzas políticas e económicas acontecidas neste tempo: últimos 44 anos.
A 1ª edición desta monografía (1978) supuxo un fito nos estudos sobre os problemas teóricos do nacionalismo naquela altura, o fenómeno colonial no mundo e as particularidades que singularizan a nosa Terra.
  • Lugar: Espazo Etnocultural Vide-Vide. Rúa Fonte de Santo Antonio, 10.
  • Data e hora: Xoves, 22 de setembro de 2022, ás 20:00 horas.
  • Interveñen: Ramom López-Suevos e Francisco Rodríguez Sánchez, moderando María Antonia Pérez.
Agardamos a túa participación neste coloquio.

PD: Ao remate do coloquio servirase un viño e petiscos.
0 Comentários

Visita orientada á zona de Quiroga

10/9/2022

1 Comentário

 
Imagem
Sábado, 1 de outubro de 2022
A saída vai ser moi puntual desde Santiago:
07:40 horas:  Dun lugar na zona norte da cidade.
08:00 horas:  Parada de autobuses situada na parte alta da rúa da Rosa, próxima á farmacia que fai esquina coa praza de Puente Castro.
10:00 horas:  Chegada a Quiroga e pequeno paseo pola vila (opcional).
10:20 horas:  Visita orientada polo seu director ao Museo Xeolóxico.
11:30 horas:  Visita orientada polo seu director ao Museo Etnográfico.
13:00 horas:  Pregamento xeolóxico do período carbonífero de Campodola-Leixazos. Explicacións a cargo de Adela Figueroa (ex-presidenta de ADEGA e da Fundación Eira da Xoana).
14:30 horas:  Xantar no restaurante da praia fluvial de San Clodio:
Primeiro prato partillado para tod@s:
  • Pementos do "piquillo" recheados de ensaladiña.     
  • Revolto de grelos con xamón.
  • Empanada de zorza.
Segundo prato a escoller entre:
  • Lacón asado.
  • Escarapote á prancha.
Sobremesa:
  • Tres diferentes sobremesas da casa.
Pan, auga, viño da zona e café.
Menú vexetariano:
Primeiro prato:
  • Salteado de verduras.
Segundo prato:
  • Espetada vegana.
Sobremesa:
  • Tres diferentes sobremesas da casa.
Pan, auga, viño da zona e café.
16:00 horas:  Saída para:
  • Poboado e igrexa de Montefurado.
  • Cova de Montefurado (Pena do Corvo).
  • Mirador de Anguieiros, para ver os montes onde desenvolveron a súas accións @s guerrilleir@s que combateron as tropas de Napoleón (século XIX) e o franquismo (século XX).
19:30 horas:  Miradoiro sobre a desembocadura do río Bibei no Sil, (visita opcional se a luz do día o permite).
22:00 horas:  Chegada á parada da rúa da Rosa de Compostela.
As explicacións da tarde correrán a cargo de Adela Figueroa, María Antonia Pérez e Xerardo Rodríguez Arias. As camiñadas teñen baixa dificultade.
Para asistir a esta actividade:
  • Hai que anotarse sinalando nome e dous apelidos, teléfono e e-mail de todas e cada unha das persoas participantes, antes do martes 20 de setembro de 2022 ás 22:00 horas.
  • O prezo da actividades para as persoas socias é de 35,00 euros (incluíndo viaxe, comida e visitas orientadas) e para as persoas non socias é de 45,00 euros.
1 Comentário
    Imagen

    O Galo

    Agrupación Cultural que traballa pola nosa cultura

    Arquivos

    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.