Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

contos, cantos e outros tantos con ana sofia paiva.

28/6/2024

0 Comentários

 
Fotografia
Unha vez máis, a AC. O Galo colabora con Atlántida. Festival Internacional de Narración Oral . Este ano o festival  será en xullo e variarán os lugares da posta en escena.
​
 "Contos, Cantos e outros tantos", espectáculo no que colabora a nosa asociación e que corre a cargo da moi considerada actriz e compiladora do folclore oral portugués ANA SOFIA PAIVA, desenvolverase no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia. Praciña das Ánimas, o Mércores, 3 de xullo de 2024, ás 21h.

A Lisboeta Ana Sofia Paiva é licenciada en Teatro pola Escola Superior de Teatro e Cinema e posgrao en Promoción e Medios da Lectura pola UAlg. Integrar o equipo de Arquivo de Folclore da organización City Lore en Nova Iorque. Traballo en Minas Xerais no Instituto Cultural Aletria, no grupo de investigación da UFMG Teatro Público e na NAUM Produtora. É cofundadora da compañía de teatro documental CASEAR, Criação de Documentos Teatrais. Dende 2008 dedícase a recoller, investigar e narrar historias de tradición oral, dentro e fóra de Portugal, tendo representado o país en diversos encontros internacionais (Europa, Irán, Cabo Verde, Canarias, Sudamérica e EE. UU.). É colaboradora do Instituto de Estudios de Literatura e Tradições (IELT) da UNL-FCSH, do CEAO (que alberga o Arquivo das Constelacións Tradicionais Portuguesas e é responsable do Catálogo de Constelacións Tradicionais Portuguesas con Versos Análogos de Países Lusófonos) e da cooperativa Imaterial Memory, onde traballa como actriz, narradora e programadora.
 
Fotografia
0 Comentários

HOSPITALITAS.

19/6/2024

0 Comentários

 
Fotografia
O 28 de xuño imos facer unha visita guiada á exposición AS IDADES DO HOME. HOSPITÁLITAS. A GRAZA DO ENCONTRO. Acompañados por Ramón Yzquierdo Peiró, comisario da exposición e Director Técnico-Conservador do Museo da Catedral percorreremos as instalacións da mostra.
0 Comentários

asorey, o escultor.

8/6/2024

0 Comentários

 
Fotografia
Na palestra sobre O escultor Francisco Asorey que impartirá na biblioteca Anxel Casal de Compostela, o mércores 19.06.2024, ás 19:30. A profesora doutora Maribel Iglesias Baldonedo, efectuará un percorrido pola produción do autor cambadés que irá acompañado da proxección de imaxes das súas pezas máis representativas. Ademais, ao seu remate, explicará o monumento a S. Francisco diante da propia escultura (unha das máis significativas do artista), situada a uns 100 m. da biblioteca Anxel Casal.
Maribel Iglesias Baldonedo naceu en Caracas en 1964, sendo filla de emigrantes galegos que cando voltan instálanse en Santiago. Aquí licénciase en xeografía e historia e primeiro traballa no IES Ramón Cabanillas de Cambados, e logo de aprobar as oposicións a profesora de secundaria, consigue o destino definitivo no IES Francisco Asorey desa vila. É unha das estudosas que mellor coñece ao escultor Francisco Asorey, feito que se aprecia no seu estudo  Francisco Asorey, escultor galego, editado a partir da súa Tese de Doutoramento, defendida na USC en 2016.
Interésalle a historia local e procura difundila entre o seu alumnado, indo do particular ao universal. Dentro desta liña atópase Cambados, 100 anos de historia a través da fotografía (2005), un traballo que realizou xunto a alumn@s e compañeir@s do centro educativo, e que obtivo un premio á innovación educativa da Xunta de Galicia. A este seguíronlle os libros Ramón Cabanillas, Biografía en imaxes (2008), polo o que acadou o IX PREMIO CABANILLAS e a súa última publicación: Pazo de Fefiñáns. Historia e Arte (2021), tamén responde a súa teima de espallar o patrimonio de Cambados, contribuíndo deste xeito a que este se respecte, active e conserve.
A entrada será libre até completar a capacidade do salón de actos da Biblioteca Anxel Casal.
0 Comentários

    Arquivos

    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.