Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

Roteiro das desterradas

27/10/2022

0 Comentários

 
Foto
“AS DESTERRADAS”
Polos derradeiros pasos do monacato feminino medieval galego
​Visita guiada que xorde da peza teatral baseada nas disposicións reais que a finais da idade media obrigaron ás monxas a abandonar dos mosteiros fundados por algúns nobres galegos. Esta obra teatral foi a gañadora do premio de teatro Álvaro Cunqueiro na súa vixésimo quinta edición e tamén do premio Follas Novas. Da man da súa autora, Carme Varela, a Agrupación Cultural O Galo organiza este roteiro no cal percorremos os espazos de Compostela relacionados con estes feitos.
Data e hora: Xoves, 3 de novembro de 2022, ás 17:30 horas.
Podes participar no roteiro enviando unha mensaxe para comunicacion@ogalo.gal antes do mércores 2 de novembro ás 22:00 horas, indicando o teu nome e apelidos e teléfono.
​Carme Varela (Duomes, A Baña, 1970).
Licenciada en Filoloxía galega completou a súa formación cun máster en xestión cultural na Universidade de Barcelona no 2000. A súa conexión co teatro comezou na época de estudante no grupo universitario EIS e na compañía Os Quinquilláns.
Compaxinou traballos na Fundación Castelao como secretaria técnica, con outros no campo da produción e distribución teatral coas compañías Ollomoltranvía e Mofa e Befa e servizos teatrais RTA. Foi directora de produción no Centro Dramático Galego e desde o ano 2007 está ligada á empresa de comunicación Atlantis Multimedia, onde participou en proxectos de publicidade ou na produción de documentais como “A Palabra Xusta” dirixido por Miguel Piñeiro.
O seu texto As desterradas foi creado como unha actividade para desenvolver na asociación de patrimonio medieval O Sorriso de Daniel da que é secretaria e que axudou a fundar en 2010.

​"As desterradas. Polos derradeiros pasos do monacato feminino medieval galego"

​Os mosteiros medievais galegos marcaron a vida do País durante longos séculos, mais unha reforma iniciada polos Reis Católicos veu pór fin a aqueles días. As monxas galegas enfrontáronse a tres Papas diferentes e dúas raíñas para conservar o poder que tiñan. É un episodio da nosa historia poucas veces relatado e nunca cuestionado.
Quince mosteiros coas súas abadesas foron protagonistas dun grande conflito no que se mesturaba a relixión e a política.
As pedras de Compostela foron testemuñas daqueles feitos e agora vamos percorrelas para descubrir o que se nos ocultou durante longo tempo.
0 Comentários

Presentación do libro a nación dos mil viños

22/10/2022

0 Comentários

 
Picture
A nación dos mil viños, é unha monografía escrita polos nosos amigos e donos do Vide-Vide. O próximo martes, 25 de outubro terá lugar unha nova presentación do libro e ao remate da mesma haberá unha cata de varios dos viños que pola súa calidade foron seleccionados polos autores.
A actividade decorrerá no Café La Morena, localizado na rúa San Clemente (non no Vide-Vide):
Data e hora: Martes, 25 de outubro de 2022, ás 20:30 horas.
Lugar: Café La Morena, rúa San Clemente, 6 (case na fronte da porta principal do aparcadoiro de San Clemente).
Interveñen: Martiño Santos, Xosé Gontá, Toño Núñez (autores) e Manuel da Cal responsábel da Federación Rural Galega.
0 Comentários

Roteiro polo barrio de Sar

15/10/2022

0 Comentários

 
Picture
Deixádenos remar, ANA CABALEIRO, Xerais 2021
FINALISTA DO XXXVII PREMIO XERAIS DE NOVELA

 
A chegada dos primeiros habitantes a unha urbanización de chalets acaroados supón un cambio na rutina dos demais veciños e veciñas e xera conflitos.
A urbanización divide o barrio en dúas novas realidades, a da veciñanza de toda vida e a das novas vivendas. Nesta zona periférica vai convivir xente moi diversa que nos vai narrar as súas circunstancias e comparando con outras realidades, a da xente rica. Trátase do desencontro de formas de vivir, mais non dunha rivalidade polo territorio, senón da colisión entre dúas formas de vida que se converte nunha lenta e constante guerrilla de pequenas escaramuzas veciñais, na reafirmación do estatus comunitario dos humildes, na manifestación dos soños e loitas dependendo do lado do mundo en que habiten.
Os problemas cotiás das personaxes: o medo ao desemprego, ao desequilbrio mental e emocional, a dependencia, a precariedade, a emigración e tamén o desexo de ter unha vida mellor é o que imos atopar nen Deixádenos remar.
 
Reseña biográfica da autora
ANA CABALEIRO LÓPEZ (Saídres, Silleda, 1974) é licenciada en Xornalismo e cursou o Mestrado en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura da Universidade de Santiago de Compostela, no que investigou sobre a contracultura e ciberactivismo. Actualmente dedícase á comunicación no sector da cultura e colabora con publicación como Nós Diario. Tamén traballou no ámbito da discapacidade intelectual e na cooperación ao desenvolvemento. Como autora formouse en obradoiros e cursos de escrita, sempre na procura de voces femininas. Froito das súas experiencias nace a compilación de relatos Sapos e Sereas (2017), a súa primeira obra publicada, a novela As Ramonas (2018) coa que gañou o preio de Novela Manuel García Barros e foi finalista do San Clemente. Tamén participou en libros colectivos de relatos Contra o vento (2018) e o Libro dos trens (2019). A novela Deixádenos remar (2021) foi finalista do XXXVII Premio Xerais de Novela. Xa no ano que andamos, recentemente foi gañadora da 1ª edición do Premio Exeria do Concello de Santiago.
0 Comentários

Coloquio Bretaña-Galiza

14/10/2022

0 Comentários

 
Picture
O próximo martes 18 de outubro de 2022, ás 20:00 horas, a Agrupación Cultural O Galo organiza un coloquio no Centro Sociocultural do Ensanche (Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16) intervindo Isabelle Kerdudo e Xoán Carlos Garrido, acompañando o dialogo coa proxección de imaxes ilustrativas. Os relatores farán un repaso das semellanzas entre a Bretaña e a Galiza, como complemento á exposición inaugurada o pasado 4 de outubro neste mesmo centro socio-cultural, A Bretaña que hai en Nós, sobre as cruces de pedra na Bretaña, inspirada no album homónimo de Castelao.
Ficades convidad@s, vós e as vosas amizades a este coloquio e á visita á exposición. @s asistentes recibiredes un catálogo sobre a exposición. Por este motivo convén anotarse con antecedencia, finalizando o prazo de inscrición o mesmo día do coloquio (18 de outubro) ás 16:00 horas.
A mostra “A Bretaña que hai en Nós” foi producida pola Asociación Cultural Vagalumes da Estrada, que ao igual que a nosa asociación fai parte da Federación Galiza Cultura e quere ser unha chamada de atención perante o desleixo que sofre o noso patrimonio material e inmaterial, moi evidente na súa vertente popular.
Picture
Virxinia Pereira nunha das cruces da Bretaña
​En 1929 Daniel Castelao e Virxinia Pereira percorreron Bretaña durante catro meses. Alí, o intelectual e político rianxeiro estabelece contacto con colegas bretóns de diversas áreas de coñecemento e signo político e coa realidade social e cultural da Armórica. Froito destas vivencias é o album sobre os magníficos calvarios desa terra editado en 1930, un estudo considerado como o antecedente doutro que logo tirou do prelo sobre os cruceiros galegos, intitulado As cruces de pedra na Galiza.
0 Comentários

Exposición: A Bretaña que hai en Nós

3/10/2022

0 Comentários

 
Imagem
A 4 de outubro de 2022 ás 20:00 horas no Centro Sociocultural do Ensanche, situado na rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16, a Agrupación Cultural O Galo inaugura a exposición A Bretaña que hai en Nós. Organizada pola Asociación Cultural Vagalumes da Estrada, integrante, ao igual que a Agrupación Cultural O Galo, da Federación Galiza Cultura.
O comisario desta exposición, Xoán Carlos Garrido, estará na inauguración e responderá as preguntas dos asistentes sobre a mesma, que lembra o escrito por Castelao:
“As cruces de Irlanda, os Calvarios de Bretaña e os cruceiros de Galiza, son árbores de pedra. Pódese dicir que as cruces outas dos Fisterres naceron do imperativo do seu chan. Os cruceiros veñen de moi fondo e teñen as raíces moi debaixo da tona da terra podre que Cría cousas bonitas que duran pouco”.
A exposición permanecerá aberta até 12 de novembro de 2022.
0 Comentários
    Imagen

    O Galo

    Agrupación Cultural que traballa pola nosa cultura

    Arquivos

    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.