Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

Cidades Santiago de Compostela no Tempo

26/6/2022

0 Comentários

 
Imagem
0 Comentários

Presentación do Libro Negro da Lingua Galega

25/6/2022

0 Comentários

 
Imagem
A Agrupación Cultural O Galo convídate a ti e as túas amizades á mesa redonda e presentación do estudo O Libro Negro da Lingua Galega, da autoría de Carlos Callón. E tamén te convida a ti e as túas amizades ao roteiro que se realizará ao finalizar a presentación da publicación.
O acto decorrerá:
Data e hora: O xoves, 7 de xullo de 2021, ás 18:30 horas.
Lugar: Praza de Cervantes, mesmo na fronte da libraría Couceiro (haberá cadeiras e megafonía).
Intervirán: Carlos Callón, Ramón Mariño, María do Pilar García Negro e Francisco Rodríguez Sánchez.
O roteiro posterior polas rúas de Santiago será guiado polo propio Carlos Callón, facendo paradas nos lugares máis significativos en que aconteceron diversas accións en defensa da nosa lingua. A duración estimada do roteiro será por volta de 75 minutos.
Trátase dunha actividade aberta a todas as persoas que desexen participar, socias e socios da Agrupación Cultural o Galo, ou non, ao decorrer a mesma ao aire libre. Tan só terán preferencia para ocupar as cadeiras, as socias e os socios do Galo.
Prégase puntualidade e respectar as normas sanitarias sobre a COVID-19.
0 Comentários

Visita dirixida ao castelo da Rocha

9/6/2022

0 Comentários

 
Imagem
A Agrupación Cultural O Galo organiza unha visita dirixida ao Castelo da Rocha o sábado 18 de xuño. A actividade será guiada polo arqueólogo Mario César Vila e comezará ás 11:15 horas no punto de encontro do aparcadoiro existente unha vez atravesada a Ponte da Rocha desde Santiago con dirección ao Milladoiro.
Desde alí comezará un percurso a pé até o propio Castelo, onde principiará a visita ás 11:45 horas.
Trátase dunha visita, que para alén da explicación sobre o castelo da Rocha Forte, incluirá a da muralla do propio edificio, que facían parte das fortificacións de Santiago, xunto coa muralla da cidade.
O castelo é o maior da Galiza, mais ninguén lembra xa, virando nunha historia dun castelo maldito.
Ao longo de toda a súa existencia, o castelo da Rocha Forte e a muralla da cidade de Santiago erguéronse como imaxes de poder, autoridade e confrontación no señorío da Terra de Santiago. Alén de exerceren eficazmente como postos do control administrativo, fiscal, político e social das entradas e saídas da cidade, os dous baluartes foron escenario das loitas entre o señor feudal (o arcebispo) e os burgueses de Compostela.
A fortaleza da Rocha e a muralla son espazos privilexiados para contar a historia da cidade durante a Idade Media, por esta razón a Agrupación Cultural O Galo organiza esta visita dirixida para as súas socias e os seus socios, podendo vir acompañados até completar o aforo permitido.
Para coñecermos o número de asistentes e participar na visita é preciso enviar unha mensaxe a [email protected] antes do 17 de xuño de 2022 ás 22 horas, indicando nome, apelidos e teléfonos de todas as persoas participantes.
As socias e os socios do Galo recibirán un exemplar do libro editado sobre o castelo polo Concello de Santiago.
0 Comentários

Homenaxe a Manuel Lourenzo

7/6/2022

0 Comentários

 
Imagem
Galiza Cultura e a Agrupación Cultural O Galo (integrante desa Federación) realízanlle unha homenaxe a unha das figuras máis senlleiras do teatro galego, a Manuel Lourenzo, autor, director, actor, produtor, editor e docente.
Para alén disto, Manuel Lourenzo, participou como intérprete en numerosos audiovisuais, series de televisión e filmes. Tamén foi co-fundador da Escola Dramática Galega e dos seus Cadernos de Teatro, puxo en funcionamento e dirixiu o “Teatro Luís Seoane”, no cal se representaron obras en galego de grandes autores internacionais e recibiu os máis importantes premios do noso teatro e o que anualmente concede aos dramaturgos o Ministerio de Cultura do Estado español.
Nesta HOMENAXE A MANUEL LOURENZO tamén se presentará a súa OBRA COMPLETA, recentemente publicada pola Federación Galiza Cultura e da que fan parte sete tomos nos que se recompilan toda a súa escrita.
A HOMENAXE A MANUEL LOURENZO levarase a cabo:
Data e hora: Martes, 14 de xuño de 2022, ás 19:30 horas.
Lugar: Salón-Teatro (sede do Centro Dramático Galego). Rúa Nova número 34. Santiago de Compostela.
E nela interveñen:
  • Susana Dans, actriz.​
  • Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía Castro da Coruña.
  • Quico Cadaval, actor.
  • Coral Solfa.
  • Francisco Núñez, director do Centro Dramático Galego.
  • Xosé Manuel Carril, presidente da Federación Galiza Cultura.
  • Brandán Lourenzo, gaiteiro.
Ficas convidad@ ti e un acompañante. De vir, é preciso enviar unha mensaxe a [email protected] antes do 12 de xuño de 2022 ás 22h, indicando nome, apelidos e teléfonos. En breve informarase sobre a maneira de apañar os billetes para asistir a esta homenaxe.
​No hipotético caso de anotarse socios no último momento e non haber butacas dispoñíbeis, est@s soci@s desprazarán @s non soci@s anotad@s en último lugar, feito que sería comunicado.
0 Comentários

    Arquivos

    Maio 2025
    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.