PARA ASISTIR:
1.- O desprazamento a Outeiro de Rei corre a cargo de cada persoa asistente.
2.- Cadaquén debe levar a súa propia comida.
3.- Para a participación nesta actividade é necesario, pola situación sanitaria, anotarse previamente no correo electrónico [email protected], achegando nome, apelidos, asociación á que se pertence ou persoas ás que acompaña e número de teléfono de contacto, antes das 12 horas do domingo 26 de setembro de 2021.
Programa para a xornada en Outeiro de Rei:
- 11.15 h, chegada e recepción das persoas asistentes. Reunión de representantes e xuntas directivas das entidades culturais de Galiza Cultura.
- 11.30 h (as persoas socias e acompañantes das asociacións e persoas de outras asociacións convidadas): Roteiro pola contorna do río Miño. Para a participación neste roteiro é necesario, pola situación sanitaria, anotarse previamente no correo electrónico [email protected], achegando nome, apelidos, asociación á que se pertence ou persoas ás que acompaña e número de teléfono de contacto, antes das 12 horas do domingo 26 de setembro de 2021
- 13.30 h, ofrenda floral a Manuel María.
- 14.00 h, xantar de convivio na horta da Casa-Museo (cada quen levará a súa propia comida).
- 16.00 h, Compartir traballos, rendibilizar esforzos. Espazo para que cada entidade lle transmita brevemente ás demais algún traballo ou experiencia na que desexa que participen (unha publicación propia que desexa presentar en outros lugares, un roteiro ao que quere convidar ás demais entidades...). Comunicade, por favor, se queredes presentar algo para distribuírmos o tempo.
- 17.00 h, actuación musical de Jasper.
- 18.00 h, despedida.