Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

suspensión de todas as actividades da ac. o galo

14/3/2020

0 Comentários

 
COMUNICAMOS A TODAS AS PERSOAS ASOCIADAS E ÁS QUE PARTICIPAN REGULARMENTE NAS NOSAS ACTIVIDADES OU ESTÁN INTERESADAS NELAS QUE, POR MOR DO ESTADO DE ALARMA EN QUE NOS ENCONTRAMOS DEBIDO Á PANDEMIA DE COVID19, SEGUINDO AS PAUTAS INDICADAS POLAS AUTORIDADES, A NOSA ASOCIACIÓN SUSPENDE TODO TIPO DE ACTIVIDADES ATÉ NOVO AVISO . ​
0 Comentários

a financiación das comunidades autónomas no estado español

7/3/2020

1 Comentário

 
​POR MOTIVOS ALLEOS Á A.C. O GALO, CANCÉLASE O ACTO PROGRAMADO PARA MAÑÁ XOVES 12.03.2020: O DEBATE SOBRE FINANCIAMENTO DAS CCAA, EN QUE ESTABAN PREVISTAS AS PARTICIPACIÓNS DE AITOR ESTEBAN, PORTAVOZ DO PNV NO CONGRESO, E ANA PONTÓN, PORTAVOZ NACIONAL DO BNG.
AITOR ESTEBAN TEN QUE ASISTIR A UNHA XUNTA DE PORTAVOCES DO CONGRESO DOS DEPUTADOS E DESPOIS A UNHA XUNTA EXTRAORDINARIA DE PORTAVOCES PARA DAR CONTA DAS ACTUACIÓNS DO GOBERNO ESPAÑOL NA SITUACIÓN QUE ESTAMOS A VIVIR ACTUALMENTE.
LAMENTAMOS MOITO TER QUE CANCELAR ESTE DEBATE
.
Imagem
 O xoves 12 de marzo de 2020, ás 18:30 horas, no Salón de Actos da Faculdade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela, sita na  Avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n. Campus Sur de  Santiago de Compostela, celebraremos un debate sobre o modelo de financiamento das Comunidades Autónomas. Contará coa participación de  Aitor Esteban (Portavoz do Partido Nacionalista Vasco no Congreso dos Deputados en Madrid) e  Ana Pontón (deputada no Parlamento Galego e Portavoz Nacional do Bloque Nacionalista Galego). O debate centrarase  no caso concreto do modelo de Concerto Económico do que dispoñen en Euskal Herria e, ao final, haberá coloquio.

Aitor Esteban Bravo, doutor en Dereito, profesor da Faculdade de Dereito e da Faculdade de Filosofía e Ciencias da Educación da Universidade de Deusto, actualmente desempeña o cargo de portavoz do PNV no Congreso dos Deputados.
Ana Pontón Mondelo, licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela, deputada no Parlamento Galego, é actualmente a Portavoz Nacional do BNG e candidata a Presidenta da Xunta de Galicia polo BNG.

1 Comentário

non a todas as desigualdades

6/3/2020

0 Comentários

 
Imagem
Desde a AC O Galo queremos sumarnos a todas as mobilizacións deste 8 de marzo de 2020, ano en que ademais  celebramos o 200 aniversario do nacemento da ferrolá Concepción Arenal, que no século XIX deixou escrito:
«Es un error grave, y de los más perjudiciales, inculcar a la mujer que su misión única es la de esposa y madre; equivale a decirle que por sí no puede ser nada, y aniquilar en ella su YO moral e intelectual, preparándola con absurdos deprimentes a la gran lucha de la vida, lucha que no suprimen, antes la hacen más terrible, los mismos que la privan de fuerzas para sostenerla».
Este é o cartaz que, como é tradicional nestas datas,  será colocado na Praza de Abastos de Santiago de Compostela durante toda esta semana.
Non a todas as desigualdades!!!

0 Comentários

palestra "rosalÍa de castro diante dun pai ausente"

2/3/2020

0 Comentários

 
Imagem
Para conmemorar o 183 aniversario do nacemento da escritora Rosalía de Castro, a escritora Marga do Val impartirá a palestra "Rosalía de Castro diante dun pai ausente", o próximo xoves 5 de marzo de 2020, ás 20:30 horas, no Espazo Enocultural "Vide, vide!", na Rúa da Fonte de Santo Antonio, nº 10, en Santiago de Compostela.
Presenta o acto o profesor e investigador Luis Martul, como representante da A.C. O Galo.
Ao rematar a charla, haberá coloquio e serviranse un viño con petiscos. 

Marga Romero Lorenzo, coñecida literariamente como Marga do Val,  é actriz e autora de poesía, ensaio, novela e teatro. Licenciada en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa pola USC, desde 1995 a 2005 foi lectora de lingua e literatura galegas na universidade de Tréveris, exercendo actualmente como profesora de ensino medio. Colaborou en varias publicacións periódicas (Grial, Festa da Palabra Silenciada, A Nosa Terra, Sermos Galiza) e actualmente en Nós Diario. Desde o ano 2015 é presidenta da Asociación "Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo".
Como ensaísta ten traballado sobre Otero Pedrayo, Rafael Dieste, Carolina Otero, Lorenzo Varela, Rosalía de Castro...; como poeta a súa obra máis salientábel é "A cidade
sen roupa ao sol" (Espiral Maior, 2010), pola que recibiu o Premio da Crítica de poesía galega no ano 2010; como novelista publicou en 1997 a novela infanto xuvenil  "O prognóstico da lúa" ; como tradutora recibiu o Premio da AELG de tradución no 2011, pola súa versión de Randea do alento, de Herta Müller; en teatro publicou "Aurora Rodríguez e a súa moneca de carne"  e "Belle Otero, o corpo que fala", estreadas en 2002 polo Teatro Arte Livre.  Tamén participou en múltiples obras colectivas tanto de poesía como de ensaio, tendo presentado comunicacións en diversos congresos sobre Rosalía de Castro.




0 Comentários
    Imagen

    O Galo

    Agrupación Cultural que traballa pola nosa cultura

    Arquivos

    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.