Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

Ato poético musical

24/2/2023

0 Comentários

 
Fotografia
0 Comentários

Palestra de Manuel Vilar: Entroido, unha festa en mudanza

17/2/2023

0 Comentários

 
Fotografia
Entroido, unha festa en mudanza
​O Entroido é una das festas máis singulares da Galiza, cunha ampla dispersión xeográfica e variadas características e rituais. Desde a aparición dos estudos de etnografía sempre estivo presente como un referente claro da singularidade diferencial e como un xeito de explicar a idiosincrasia galega. Para os etnógrafos clásicos era unha festa que viña de tempos antigos e buscaron paralelismos na Prehistoria ou na Antigüidade, mais tamén viron a súa incrustación no calendario cristián, o que non impedía definila como unha festa pagá. Algúns dos Entroidos, como os Xenerais da Ulla, non van máis alá de segunda metade do século XIX.
Hoxe defendemos que é unha festa que nace na Idade Media, o que non quer dicir que algúns dos seus rituais ou elementos que a conforman poidan ter unha orixe anterior, mais o Entroido, como festa, ten as súas orixes no medievo e responde a un modelo de pensamento e conformación da vida segundo a moral cristiá. Polo tanto, nun contexto vital marcado polas normas cristiás, é unha festa que permite certa liberación antes de entrar nun tempo de restricións, na  Coresma, coa que está relacionada.
Entendemos que non é unha festa anárquica, en todo caso é unha anarquía moi regulamentada, mais unha festa transgresora para darlle volta ao cotián. Agora a xente disfrázase ou acode a contemplar o Entroido nalgunha localidade que ten sona. Mais o Entroido non é para disfrazarse, era/é para “vestirse de Entroido”. Os que miraban, que non se integraban na festa, eran emporcallados ou sufrían algunha trasnada. Hoxe xa non é tanto así.
O Entroido de Galiza pertence a unha cultura festiva partillada na Europa occidental desde a Idade Media e o seu ciclo podía xa comezar no Nadal. Hoxe, con excepcións, redúcese aos tres días de domingo de Entroido e luns e martes de Entroido. O calendario tamén sofre mudanzas.
Hoxe o Entroido na Galiza continúa tendo presenza, nunhas zonas máis que noutras. En Xinzo de Limia, Verín ou Laza é forte e algo moi identificativo desas localidades. Noutros lugares onde tivo importancia, por exemplo na Ribeira Sacra, se enfronta agora ao grave problema do despoboamento e avellentamento que dificulta a súa supervivencia. Tamén temos que falar da súa celebración nas cidades, embora falariamos máis ben de Carnaval, de disfraces e de desfiles.
A festa do Entroido é un ritual, un ritual social en continua mudanza pois a sociedade que o celebra non permanece estática. O Entroido, como festa, tamén é un ritual en mudanza.
Manuel Vilar Álvarez
Licenciado en Xeografía e Historia, máster en Xestión de Patrimonio Cultural e completou a súa formación en Inglaterra e EE UU. O seu labor profesional desenvólvese no campo da antropoloxía e patrimonio, comisariando exposicións, como a que se realizou en 2012 con motivo do terceiro centenario do pasamento do arquitecto Domingos Antonio de Andrade, ou a realizada no 2006 sobre a figura de Antonio Fraguas. Tamén fixo parte das equipas dos arquitectos Crecente Asociados e César Portela nos traballos de delimitación do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía, do Plano Director da Península do Cabo de Fisterra e do Plano Director do Monte de Santa Trega, así como en traballos sobre o Camiño Inglés ou o Camino Lebaniego, entre outros.
Actualmente desempeña o cargo de director do Museo do Pobo Galego.
É autor de diferentes artigos, capítulos de libros e publicacións sobre estes temas, así como sobre a Costa da Morte e o camiño de Santiago, especialmente o de Fisterra e Muxía, neste eido cómpre salientar Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil, editada por Alvarellos en 2019. Neste ano, e con motivo de dedicarlle o Día das Letras Galegas a don Antonio Fraguas, editou “O ritual festivo como elemento diferenciador”, no libro Antonio Fraguas. A cultura como forma de vida, editado pola Universidade de Santiago de Compostela. Igualmente ten publicado en diferentes revistas especializadas, tanto de aquí como de fóra de Galiza, así como participado en numerosos congresos, simposios, seminarios; ademais o seu interese pola divulgación científica levouno a colaborar na prensa diaria.
0 Comentários

Presentación de Personaxes da Galiza medieval

5/2/2023

0 Comentários

 
Fotografia
A Agrupación Cultural O Galo convídate á presentación de Personaxes da Galiza medieval, un novo libro que acaba de editar e que versa sobre dez grandes figuras da nosa historia que viviron entre os séculos X e XIII. Os seus autores son:
Introdución: Doutor Francisco Rodríguez Sánchez, docente xubilado.
Ildara e Rosendo: Manuel Carriedo Tejedo, docente xubilado.
Cresconio e Diego Pélaez: Doutor Xosé Miguel Andrade Cernadas, profesor de historia medieval na USC.
Xelmírez e Pedro Fróilaz: Doutor Xosé Manuel Sánchez Sánchez, profesor de historia medieval na USC.
Estevo Fernández de Castro, Fernán Ruiz de Castro: Héitor Picallo Fontes, enxeñeiro técnico naval.
Pedro Soarez de Deza e Pedro Muñiz: Doutor Francisco Rodríguez Sánchez, docente xubilado.
Cant@s soci@s acudades á presentación recibiredes dous exemplares da publicación e ás tres persoas acompañantes (máximo) que poden vir con cada un de vós tamén recibirán como oferta outro exemplar. Debedes anotarvos en comunicacion@ogalo.com antes do venres 10 de febreiro de 2023, ás 16:00 horas, sinalando nome e dous apelidos de todos os asistentes.
Intervirán: Xurxo Couto Rodríguez (deputado de Cultura da Deputación da Coruña), Xosé Luís Penas Corral (deputado de Patrimonio da Deputación da Coruña), Daniel Lorenzo Santos (director da Fundación Catedral de Santiago), Francisco Rodríguez Sánchez (autor), Xosé Manuel Sánchez Sánchez (autor), Pilar Lueiro García e Manuel César Vila en representación da xunta directiva da Agrupación Cultural O Galo.
0 Comentários
    Imagen

    O Galo

    Agrupación Cultural que traballa pola nosa cultura

    Arquivos

    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.