Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

NOUTRÉN: FEMINISMO POSCOLONIAL (XORNADAS FEMINISTAS)

21/9/2019

0 Comentários

 
Imagem
PROGRAMA DAS XORNADAS
Imagem
DO 2 DE OUTUBRO AO 9 DE NOVEMBRO DE 2019

As Xornadas  Feministas NOUTRÉN: FEMINISMO POSCOLONIAL . DESCOLONIZANDO CORPOS E TERRITORIOS vanse celebrar en Compostela desde o día 2 de outubro até o día 9 de novembro de 2019, con actividades que serán os mércores pola tarde, ás 20 horas.
O lugar onde se realizarán será en "A casa do taberneiro", local sito na Rúa de San Pedro, 15, de Compostela.
Estas Xornadas Feministas, dirixidas por Purificación Cabido, realizaranse consonte o seguinte programa:

1ª SESIÓN   Cuarta feira  (mércores), 2 de outubro, 20h: Feminismo poscolonial: A interseccionalidade desde o vivencial. Descolonizando territorios e corpos 1. Os corpos disidentes. Jeane Costa e Lucrecia Masson.

2ª SESIÓN    Cuarta feira (mércores), 9 de outubro, 20h: Lugares do feminismo: de onde, cara onde, o aquí... o noutrén?. Lola Ferreiro Díaz e Lupe Ces.

3ª SESIÓN     Cuarta feira (mércores), 16 de outubro, 20h: Feminismo poscolonial: A interseccionalidade desde o vivencial. Descolonizando territorios e corpos 2. Identidades e territorios. Maria Fidalgo e Rut León. 

4ª SESIÓN       Cuarta feira (mércores), 23 de outubro, 20h: Feminismo poscolonial: activismo e coidado da vida. Erea Blanco e Rebeca Raso.  

5ª SESIÓN    Cuarta  feira (mércores), 30 de outubro, 20h: Feminismo poscolonial: A interseccionalidade desde o vivencial. Descolonizando territorios e corpos 3. Feminismo transgresor. Laura Bugallo, Daniela Ferrández e Cristina Palacios.   

6ª SESIÓN      Cuarta feira (mércores), 6 de novembro, 20h: Feminismo poscolonial: Descolonizando territorios e corpos. A soberanía feminista. Estratexias. Ximena González, Iraitz Agirre Aranguren e María Reimóndez. 

7º SESIÓN.     SÁBADO 9 DE NOVEMBRO, 12h: Mulleres e feminismo en Compostela. Roteiro guiado polas rúas de Compostela que ademais contará con música, poesía e teatro. Saída da Praza 8 de Marzo.

0 Comentários

o pAnteón real DOS REIS DA GALIZA: MONOGRÁFICO E VISITA GUIADA

18/9/2019

0 Comentários

 
Imagem

O sábado 28 de setembro ás 11:30h horas, na libraría Couceiro (Praza de Cervantes de Compostela), terá lugar a mesa redonda coa que presentamos O Panteón Real, unha monografía editada pola AC. O Galo e o Concello de Santiago.

Nesta presentación intervirán:
.- Anselmo López Carreira (profesor de Historia Medieval na UNED)
.- Manuel Vilar Álvarez (director do Museo do Pobo Galego)
.-Ramón Yzquierdo Peiró (director do Museo da Catedral de Santiago)
.- Daniel Lorenzo Santos (director da Fundación Catedral de Santiago)
.- Mercedes Rosón (concelleira de cultura do Concello de Santiago).

Ao rematar a actividade, todas as persoas socias da AC. O Galo recibiremos gratis dous exemplares do libro O Panteón Real e visitaremos de balde a Capela das Reliquias, onde están os enterramentos do Panteón Real, e os restos do coro pétreo do Mestre Mateo.  

Todos os socios e socias da AC. O Galo estades convidad@s a asistir ás 3 actividades anteriores, e ademais cada socio/a poderá  traer un acompañante (só una persoa por socio) que, a maiores de asistir á mesa redonda, tamén poderá ver gratuitamente esas dúas xoias escultóricas que acubilla a catedral compostelá. 

O programa desenvolverase do seguinte xeito:
​
11:30h: Táboa redonda de presentación do libro O Panteón Real. Ao seu remate, entregaranse de balde 2 exemplares a cada soci@ da AC. O Galo.
12:45h: 1º grupo. Visita guiada por Anselmo López Carreira ao Panteón Real
12:45h: 2º grupo. Visita guiada por Ramón Yzquierdo ao Coro pétreo do Mestre Mateo
13:15h: 1º grupo. Visita guiada por Ramón Yzquierdo ao Coro pétreo do Mestre Mateo
13:15h: 2º grupo.  Visita guiada por Anselmo López Carreira ao Panteón Real
En caso de moita demanda por parte dos socios, organizaremos un terceiro grupo que entraría ás 13:45h; por este motivo pregámosvos que vos apuntedes canto antes. 

Imagem
Imagem
0 Comentários

asociacionismo cultural na galiza entre 1961 E 1976

11/9/2019

0 Comentários

 
Imagem
Mesa redonda  “O movemento cultural galego 1961 – 1976”:
neste acto vaise presentar o número 180 da revista "Terra e Tempo", un monográfico adicado ao asociacionismo cultural na Galiza nas décadas dos anos 60 e 70 da ditatura franquista. 

Esta presentación terá lugar:
Día e hora: Martes, 17 de setembro de 2019 ás 20:30h.
Lugar: Espazo Enocultural Vide, vide!. Rúa da Fonte do Stº Antonio, nº 10. Compostela

Intervirán nesta mesa redonda:
Pilar Allegue Aguete. Asociación Amigos da Cultura de Pontevedra e Club de Amigos da UNESCO-Madrid
André Fernández Places. Asociación Cultural O Eixo de Santiago 
Henrique Harguindey Banet. Asociación Cultural O Facho da Coruña
Xesús Sanxuás Formoso. Agrupación Cultural O Galo de Santiago
María Antonia Pérez Rodríguez, coordinadora do acto, presidenta da AC. O Galo.
0 Comentários

    Arquivos

    Junho 2025
    Maio 2025
    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.