Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

presentacion de "o diario galego"

15/6/2018

0 Comentários

 
A NOSA HISTORIA CONTÁMOLA NÓS
“Parez coma se o mundo estivese asolagado por un feixe de luz -cambeante ao longo dos tempos-, e coma se isa luz fora distintamente reflexada polas distintas  parcelas. Renunciar a reflexala- no seu matiz de hoxe, mais á nosa maneira- é ficar nunha hipnose risibel..."                                                                                                                                                                             Rafael Dieste.   El Pueblo Gallego, 26 de febrero de 1926
 
O Diario Galego: un xornal escrito integramente en galego, que apostará pola calidade e no que tod@s @s galeg@s atoparemos un medio de expresión e de defensa dos nosos dereitos e intereses.

 A presentación en Compostela de O Diario Galego será:
     Data e hora: Mércores 20 de xuño ás 20h                
      Lugar: Salón do Museo do Pobo Galego.
     Intervirán:
    Mercedes Espiño. Secretaria da AC. O Galo
    Pilar Vispo. Labrega
    Xoán Costa. Presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza
   A Coral Solfa interpretará varias cantigas para celebrar a boa nova da futura saída de O Diario Galego.

Imagen
0 Comentários

cando pasou o que pasou

10/6/2018

0 Comentários

 
Imagen
Esta é a segunda novela da autora Rosario Regueira Cereijo, natural de Taboada, traballadora nun centro de atención a persoas maiores. Activista política e social, especialmente na loita polos dereitos das mulleres, foi unha das fundadoras de Mulleres Nacionalistas Galegas. Colabora en medios de comunicación e xa publicou en 2015 a novela "Sabela".

“Cando pasou o que pasou” refírese aos anos negros despois de 1936: unha época de represión brutal que afectou a persoas con nomes e apelidos. Persoas que tiñan familia, ideais, vida...e que cometeran un delito imperdoable: Ser demócratas ou, cando menos crer que un mundo mellor para si e para os seus era posible.
O 28 de xaneiro de 1938, José Varela e Felisardo Brandariz saltaron pola xanela do leñeiro do Castelo de San Antón onde estaban presos. A Felisardo abatérono alí mesmo, pero Pepe escapou e nadou na badía de A Coruña até chegar a terra firme. E chegou, pero só tardaron dous meses en darlle caza e en axustizalo como se fora un can rabioso.
O delito? Como sempre: Auxilio á rebelión.
A condena? Como case sempre: Pena de morte.
Esta historia, da que aínda queda lembranza no imaxinario colectivo da zona de Miño, é a orixe desta novela na que se trata de reflectir como este feito afectou á familia do Lobo de Perbes, aos veciños, ao entorno próximo, pero que podería ser semellante á de cada un dos outros 1.466 mortos en virtude de sentencia entre os anos 1936 e 1939 ou dos 3.233 mortos por “paseo" nese mesmo período, ou dos 28.234 perseguidos...
É unha máis das historias dos labregos, das leiteiras, dos mariñeiros, das mandadeiras, dos traballadores da industria ou da conserva... É a historia dos perdedores, das vítimas a quen nunca lles restituíron a honra e nin sequera lles pediron perdón.
A partir do 29 de marzo de 1938 as bombas incendiarias que reventaron a casa do tío Campos con Manuel Tenreiro, Xosé María Blanco Barros"Violin”, Francisco Rodriguez Maroño “Xorcar” e o propio José Varela Bouza “O Lobo” dentro, reventaron tamén a toda a familia que tivo que reinventar a vida; xa na cadea de Saturrarán, xa no exilio, xa na miseria... xa negando a historia pasada para buscar novo acomodo.
O matrimonio cun membro da pequena burguesía vilega (Os “cataláns” do Porto do Son), militar do exército golpista, foi a opción elixida por unha das irmás do Lobo, unha forma tan lexítima como calquera outra, pero con custos sociais e persoais para ambas as dúas partes...
"CANDO PASOU O QUE PASOU": UNHA HOMENAXE A TODAS AS VÍTIMAS!!

"cando pasou o que pasou", novela de rosario regueira cereijo

0 Comentários
    Imagen

    O Galo

    Agrupación Cultural que traballa pola nosa cultura

    Arquivos

    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.