Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

o novo emden ou a fuxida de 18 mariñeiros en 1937

29/1/2019

1 Comentário

 
Imagem
O xoves 31 de xaneiro de 2019, a AC. O Galo organiza a proxección do documental “O Novo Emden. Unha vila desmemoriada á caza dos seus recordos”, unha película de ABA Films, dirixida por Marcos Gallego.

Haberá unha presentación-coloquio na que participan:


                         Marcos Gallego, director da película
                         Comba Campoy, guionista
                         Xesús Dominguez, representante da AC. O Galo


Data e hora:  Xoves, 31 de xaneiro de 2019, ás 19:45h
Lugar: Salón de actos do Museo das Peregrinacións, Praza das Praterías, Santiago.                        
         
O documental “O Novo Emden. Unha vila desmemoriada á caza dos seus recordos" é un exemplo de recuperación da nosa memoria histórica ao visibilizar como un fato de mariñeiros de Ogrobe chegou a Bretaña, onde se refuxiaron, para logo seguir o seu periplo por  Inglaterra, Cuba e EEUU a bordo dun pequeno pesqueiro.

                                  O NOVO EMDEN
Unha vila desmemoriada á caza dos seus recordos

Entre 1936 -38 a fuxida por mar de republicanos foi moi numerosa e cobrou moitas vidas, bastantes de galegos.
porén, neste caso, salváronse os dezaoito homes que en agosto de 1937 deixan o porto de Ogrobe a bordo do Novo Emden, un pesqueiro de 13 metros de eslora.
O que semellaba unha saída á costeira do bonito, rematou nun periplo por distintas costas do mundo.
Hoxe, en Ogrobe só parece saberse deste episodio pola testemuña de Juan Aguiño Picán quen, nas súas memorias, escribe a súa versión do ocorrido. Pero nelas hai moitos cabos soltos que se procuran atar a través das preguntas que, para este documental, se lles realiza a distintos veciños da vila.
Sorprende que os habitantes de Concarneau (Bretaña), onde se proxectou este documental o 11.06.2008, se lembren mellor desta historia que na vila desmemoriada da nosas Rías Baixas que agora empeza a recuperar os recordos de entre 1936 e 1950.
 FICHA TÉCNICA
Xénero: Documental.    
Duración: 60 min.   
Ano da producción: 2007       
BSO:
Manu Riveiro.                   
Produtor: Marcos Gallego.          
Director: Marcos Gallego.        
Guión: Comba Campoy.   
Direc. de Foto: Antón Bugallo            
Edición e Posprodución: Mon Moares.
Intérpretes: Jacobo Otero, David O. Mascato e Atenea Fernández
Interveñen: Juan Aguiño Rey.  Arturo Meis Vila.  Carmen, Jesusa e Lola Otero Pérez.  José Otero Gómez.   Carlos Fernández.  Carmen Vila.  Familia Allot.
Versión orixinal: Galego.           
Versións Subtituladas: Castelán, Francés e Inglés.

Imagem
1 Comentário

PROCURANDO CASTELAO EN RIANXO. 19 DE XANEIRO DE 2019

14/1/2019

0 Comentários

 
Imagen
Este sábado 19.01.2019, a AC O Galo, xunto coa AVC Agra (ASOCIACIÓN VECIÑAL DA AGRA DO ORZÁN) realizará en Rianxo o roteiro sobre Castelao que completa a visita que xa efectuamos á mostra “A derradeira leición do Mestre”.
 
O programa deste percorrido é:

16:15h: Comezo no camposanto de Rianxo do roteiro sobre Castelao, estará guiado por Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo.

18:15h: Visita aos petróglifos dos Mouchos. Guía o arqueólogo Xulián Besteiro. Mais se chover moito, iriamos ao Museo do mar.
 
Se alguén desexa xantar en Rianxo nun xantar comunitario cos da AV Agra do Orzán, pode facelo na Parrillada Ourense de Rianxo. Cada menú custa 15 euros e cómpre avisar no correo electrónico ogalo.ac@gmail.com antes deste mércores ás 18h., indicando que menú se escolle. Despois de elixido, non se pode cambiar o menú solicitado:
•    Menú 1:    1.º: Mexillóns ao vapor, e callos.     2.º: Escoller: Caldeirada de raia ou Año. Viño, sobremesa e café.
•    Menú 2:   1º.  Potaxe de garavanzos.      2º revolto de setas. Viño, sobremesa e café.
*   Hai a opción de mesturar estes menús (por exemplo, 1º: mexillóns+callos e 2º: revolto).


0 Comentários

visita guiada "a derradeira leición do mestre"

12/1/2019

0 Comentários

 
Imagen
0 Comentários
    Imagen

    O Galo

    Agrupación Cultural que traballa pola nosa cultura

    Arquivos

    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.