Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

COLOQUIO ARREDOR DO LIBRO CENTO DOCE VIAXES NA MIÑA TERRA

26/10/2023

0 Comentários

 
Fotografia
O Concello de Santiago, Sermos Galiza, a A.C. O Galo e Vive, Vide! convidan ao coloquio-presentación do libro CENTO DOCE VIAXES NA MIÑA TERRA.

O acto celebrarase o vindeiro xoves, 2 de novembro, ás 20:00 h., no Espazo Enocultural VIVE,VIDE!.

Participarán Xoán Colazo, autor da obra, e Aleixo Vilas, economista.


A  obra, publicada por Sermos Galiza, empresa editora de Nós Diario, achega en 492 páxinas encadernadas en tapa dura, con máis de 250 fotografías a toda cor, as  reflexións do autor sobre diferentes lugares da xeografía física e humana da Galiza, profundamente transformada, que percorreu ao longo destes anos “polas derradeiras paraxes descoñecidas da Galiza”.

Colazo sinala que con este libro quere compartir "a paixón polo país, espertar na xente o interese de saír a camiñar e coñecer a nosa terra. Este é o xeito de valorala, de querela, de reivindicala, de sermos conscientes da nosa historia, da rica arte, da natureza vizosa, da toponimia de noso, das formas de montes, ribeiras e vales."

En oito de xuño de 2012 regresaba o galego aos quioscos coa publicación do semanario Sermos Galiza. Xa nese primeiro número apareceu a sección Viaxes, obra do Colectivo Xea, na que Xoán Colazo compartiu andanzas con Adela Leiro e Mon Daporta, mestres e compañeiros de vello en publicacións d’A Nosa Terra. O libro recolle as cento doce colaboracións da súa responsabilidade e que abranguen unha década de publicacións, até decembro de 2022. Dalgún xeito, son tamén unha mostra resumida da longa experiencia de toda unha vida de percorrer Galiza enteira.
O libro busca partillar a paixón polo país, espertar na xente o interese de saír a camiñar e coñecer a nosa terra, como xeito de valorala, querela, reivindicala e sermos conscientes da nosa historia, da rica arte, da natureza vizosa, da toponimia de noso, das poéticas formas de montes, ribeiras e vales. E, sobre todo, saír do noso horizonte cotián permítenos coñecer e falar coas persoas que habitan, dan sentido e moldean este territorio variado e gozoso. A experiencia de visitar un bosque, ollar unha vella igrexa ou fotografar unha fervenza estaría pexada de non escoitarmos o que os veciños e veciñas poidan dicir deles, ou simplemente sentir como interpretan as cousas da vida.
Pero viaxar tamén nos confronta coas miserias do noso país. Coñeceremos daquela elementos patrimoniais estragados, zonas de grande interese natural degradados por desleixo ou voracidade de intereses económicos, e en toda parte unha cultura agredida e unha poboación que esmorece. Saber destas fondas feridas da terra debera levarnos a reaxir e loitar por darlle un destino mellor ao territorio e por extensión ao planeta.
Este libro de viaxes na nosa terra non son unha simple guía para localizar lugares ou unha recreación de instantes vividos por quen percorre un país máis amplo có que sinalan as fronteiras administrativas. Tentan ser unha incitación á viaxe. Dalgunha maneira, viaxar por Galiza é como acadar unha terra ignota por descoñecida e ocultada. O libro procura loitar contra esa ignorancia do que nos é propio, e amosar o tantas veces invisíbel malia estar ao noso carón. 

                                                                CURRÍCULO DO AUTOR
​Xoán Colazo naceu en Candeán, unha parroquia de Vigo, onde leva vivindo toda a vida, agás unha etapa de varios anos en que foi veciño compostelán por motivos laborais.
Economista de formación exerce na actualidade esa profesión.
Participa das actividades de diferentes asociacións: culturais, ecoloxistas, veciñais e de defensa da lingua galega, e colabora con Sermos Galiza, editora de Nós Diario, e antigamente no periódico A Nosa Terra, onde contribuíu na edición de libros sobre a natureza galega dentro do Colectivo Xea.
É de salientar a participación no mundo das comunidades de montes dende hai case 30 anos en que se iniciou a clasificación como veciñal en man común do monte da parroquia de Candeán e de facer parte na creación en 1999 da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais.
Con inquedanzas moi diversas, todo o que ten a ver con Galiza non lle é alleo, seguindo a máxima "Galiza, célula de universalidade", e é dende aquí que olla con interese o Mundo, que quero preservar no que ten de bo e transformar para mellor a nivel natural e como sociedades humanas.

0 Comentários

a transición en galiza.

25/10/2023

0 Comentários

 
Fotografia
EDICIÓNS LAIOVENTO, a A.C. O Galo e Libraría Couceiro aprácense en convidar á presentación do libro A TRANSICIÓN EN GALIZA.
O acto celebrarase o vindeiro xoves, 26 de outubro, ás 19,30 h., na  libraría Couceiro, praza de Cervantes 6, Compostela.
Participarán Uxío-Breogán Diéguez, coordinador da obra, e Prudencio Viveiro, por Edicións Laiovento.

Uxío-Breogán Diéguez (Madrid, 1978). Doutor en Historia pola Universitat de Barcelona. Profesor da Universidade da Coruña, na que é director da Cátedra de Memoria Histórica. Cofundador e director de  Murguía, Revista Galega de Historia desde 2003. Presidente entre 2001 e 2011 da Asociación Galega de Historiadores, así como presidente desde 2011 do Instituto Galego de Historia. Membro da Fundación Moncho Reboiras e da Fundación Alexandre Bóveda. Impulsor xunto a Xosé Estévez do Galeusca Historia no 2008. 
Ten dirixido, guionizado e asesorado varios documentarios, como Alexandre Böveda. Capitán noso (2003) ou A Fazaña da Liberdade (2013), así como comisariado varias exposición, como Alexandre Bóveda: da vida e do compromiso (2011) ou Nunca Máis. A rebelión dun pobo (2012). 
É autor de numerosos libros, como entre outros A Asemblea de Concellos de Galiza Pro-Estatuto (FAB, 2002), Álvaro de las Casas. Biografía e Documentos (Galaxia, 2003), Alexandre Bóveda nos seus documentos (Difusora de Ideas, 2010) e Nacionalismo galego aquén e alén mar, 1936-1975 (Laiovento, 2015), así como impulsor e coautor de obras colectivas sobre historia política, como entre outras Nationalism on the Iberian Peninsula During the Early 20th Century (University of Nevada, 2021) e A Transición en Galiza, recentemente publicada en Laiovento. 

0 Comentários

Situación e futuro da prensa en Galiza

18/10/2023

0 Comentários

 
Fotografia
A A.C. O Galo convídavos á xuntanza-conversa "Situación e futuro da prensa en Galiza", un encontro  que organiza Nós Diario para festexar a saída do número 1000 do xornal. 
Nela falarase da "Situación e futuro da prensa en Galiza", participará Mª Antonia Pérez, presidenta  da A.C. O Galo, María Obelleiro e Xoán Costa, directora e presidente do consello de administración de NóS Diario, respectivamente. E tamén participarán cant@s de vós desexedes intervir neste diálogo que será público e aberto a toda a cidadanía, ate encher aforo.  
Agardamos a túa participación nesta xuntanza na que cada quen ten a oportunidade de dialogar e de expoñer a súas opinións sobre  "Situación e futuro da prensa en Galiza".
0 Comentários

VIAXE A BURGOS 2023

13/10/2023

0 Comentários

 
Fotografia
ROTEIRO PREVISTO
 
 Xoves, 12 de outubro de 2023
07:30 h.: Saída de Santiago.
13:00 h.: Carrión de los Condes, onde xantaremos, veremos a vila e as igrexas de Santiago e de Santa María.
17:00 h. Saída para Burgos.
18:00 h.: Chegada s Burgos.
18:30 h.: Visita guiada á cidade. 
21:30 h.: Cea.

 Venres, 13 de outubro de 2023.
09:30 h.: Visita á catedral de Burgos e ao seu museo, así como ás igrexas S. Nicolás de Bari e S. Gil.
13:00 h.:  Visita ao castelo.
14:30 h.: Xantar.
16:30 h. Visita ao Museo da Evolución Humana  de Atapuerca.
18,30 h.: Tempo de lecer.
 
Sábado, 14 de outubro de 2023
09:30 h.: Visita ao mosteiro das Huelgas.
13:00 h.: Visita á Cartuja de Miraflores, situada a 5 km de Burgos.
14:00 h.: Xantar.
16:30 h.: Visita ao mosteiro de S. Pedro de Cardeña.
18,30 h.: Tempo de lecer.
21:00 h.: Cea.
 
Domingo, 15 de outubro de 2023.
08:00 h.: Saída para Galiza.
10:00 h.: Visita ao xacemento romano de La Olmeda.
14:00 h.: Xantar en Astorga e paseo por esta vila.
16:30 h.: Saída para Santiago.
21:30 h.: Chegada a Compostela.
0 Comentários

    Arquivos

    Julho 2025
    Junho 2025
    Maio 2025
    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.