Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

Alba de gloria no cumio do Pico Sacro

8/7/2018

1 Comentário

 

21 / 07 / 2018, ás 12:00h NO pICO sACRO

Imagen
PROGRAMA

12.00h.  Chegada ao Pico e concentración na fonte roubada do Pico Sacro. Recitado dun poema adicado a este monte a cargo  do taller de poesía da AVC. Agra do Orzán da Coruña, asociación invitada este ano a partillar a lectura do discurso Alba de Gloria.

12:15 h.  A escritora Mercedes Queixas daranos a benvida. De seguido, subida do último treito do cumio do Pico Sacro.

12:45 h. Izado da bandeira e lectura de Alba Gloria. Intervirá pola AC. O Galo de Santiago, Elvira Cienfuegos, ecoloxista; pola AVC Agra do Orzán da Coruña, Belén Núñez Romero e pola AC. Vagalumes da Estrada David Otero, escritor. Canto do himno galego e baixada con visita ás covas da raíña Lupa, e intervención da escritora Iolanda Aldrei sobre as lendas e historia deste espazo.

14:00 h.: Actuación do grupo Bico de Mar no adro da capela do Pico Sacro.


Xantar e roteiro literario pola Ulla
(Organizado por A. C. O Galo, A. C. Vagalumes)

15:00: Xantar no restaurante Aldea Grande, en Stª Cruz de Ribadulla (a 300 m do pazo de Ortigueira), telef. 669-523488  e  609-906623; na sobremesa volta a actuar o grupo Bico de Mar.

17:30h.  Saída do restaurante. Ofrenda literaria no adro da igrexa de Berres nos enterramentos de Avelina e Marcial Valladares.
Visita guiada ao pazo de Vilancosta de Avelina e Marcial Valladares
Recital poético no Areal de Berres á beira do Ulla.  


* Xantar:
Para participar no xantar debe aboarse por transferencia antes do día 18 de xullo ás 14:00 h. na conta que se indica no seguinte formulario no que anotarse e escoller o menú.


https://goo.gl/forms/ntxJ96aaaSYQtrQO2
1 Comentário

a illa da memoria: visita a san simón

1/7/2018

0 Comentários

 
Imagen
Domingo 22 de xullo. Visita e acto na Illa de S. Simón. Participan asociacións culturais e en defensa da memoria de todo Galiza. 

San Simón, Illa da Memoria

Polo penal das illas de San Simón e San Antón, coñecidas entre a viciñanza como o Lazareto, pasaron entre 1936 e 1943 máis de 5.000 persoas.
Na primeira etapa foron presos preventivos das zonas de Vigo e de Pontevedra, mais, cando caeu o Frente Norte, o penal de San Simón pasa a ser un campo de cumprimento de penas para os prisioneiros de todo o Cantábrico. Na fase final, trouxeron a máis de 1.000 presos anciáns de todo o Estado, sobretodo da Meseta.
Nas épocas de maior saturación, había recluidas unhas 2.500 persoas, ás que lle correspondía cadanseu espazo de 45 cm. Os investigadores Gonzalo Amoedo e Roberto Gil documentaron 666 mortes, máis da metade delas sen necesidade de balas.




0 Comentários

21 de xullo de 2018: alba de groria no pico sacro

1/7/2018

1 Comentário

 
Imagen
Sábado 21 de xullo á subida ao Pico Sacro para ler o Alba de Groria de Castelao.

O sábado 21 de xullo volve celebrarse a visita ao Pico Sacro para ler o 'Alba de Groria' e lembrar a excursión que Castelao fixo a este monte mítico en xullo de 1924.
O Pico Sacro non é un monte calquera. Ducias de lendas así nolo recordan. E a visita de Castelao en 1924 convertiuno tamén nun emblema do galeguismo. E desde 2011 vense lembrando este feito cun acto que a A.C. Vagalumes e a Agrupación Cultural O Galo organizan anualmente.

A visita comezará ás 12 horas coa benvida na chaira da capela deste monte a cargo da escritora Mercedes Queixas. A continuación, subirase o último treito do cumio do Pico Sacro, con parada no Paso da Raíña Lupa, onde se tocarán unhas pezas de gaita. Posteriormente baixarase ao adro da capela do monte, con paradas nas dúas covas do Pico. Despois do acto, un xantar no restaurante "Aldea Grande" en Santa Cruz de Ribadulla, Vedra, fronte ao Pazo de Ortigueira. Pola tarde, un roteiro guiado con partes a pé e en coche pola zona

           LECTURA  DE  ALBA  DE  GRORIA  DE  CASTELAO
                      CUMIO DO PICO SAGRO    21 / 07 / 2018,  ás 12:00h
       Este acto vense a realizar desde que no 2011 se conmemorou o 125 aniversario de Castelao, quen acudiu até o Pico Sacro no 1924 e, xa refuxiado en Arxentina,  simbolicamente volveu a el cando escribiu o Alba de Gloria.
        En 2018 conmemórase o setenta aniversario da lectura do Alba de Groria por Castelao en Bos Aires. Como levamos facendo desde hai 8 anos, sempre o sábado antes do Día da Patria Galega, subiremos ao Pico Sacro o 21 de xullo  2018, ás 12h para lermos no seu cumio este precioso texto.
 
                PROGRAMA Sábado 21. 06. 2018  (MAÑÁ E TARDE)
12.00h.: A escritora MERCEDES QUEIXAS daranos a benvida.
12:15h.:  Recitado na chaira da capela do Pico Sacro dun poema a cargo dunh@ integrante do obradoiro de poesía da AVC. Agra do Orzán da Coruña, asociación invitada este ano a partillar a lectura do discurso Alba de Groria. De seguido, subida do último treito do cumio do Pico Sagro.
13:00h.: Izado da bandeira e lectura do Alba de Groria:  pola AC. O Galo de Santiago, Elvira Cienfuegos, ecoloxista; pola A.V.C. Agra do Orzán da Coruña, Belén Núñez Romero e pola AC. Vagalumes da Estrada Davide Otero, escritor. Canto do himno galego. Baixada do Pico con visita ás covas da raíña Lupa, guiada pola escritora Iolanda Aldrei. 
14:15h.: Actuación de Bico de Mar no adro da capela do Pico Sagro.

15:00.: Xantar no restaurante Aldea Grande, en Stª Cruz de Rivadulla (a 300m do pazo de Ortigueira), telef. 669-523488  e  609-906623; na sobremesa haberá unha pequena actuación do grupo Bico de Mar.

Menú nº 1, xeral                                                   
Viño da casa, auga, refrescos e pan                                       
1º: Croquetas  e  calamares                                                   
2º: Ensalada mixta e  churrasco de carne de tenreira, porco e polo, acompañado de patacas pequenas cocidas ao vapor                                      
Sobremesa: xeado e café con gotas                  

Menú nº 2, vexetariano
Viño da casa, auga, refrescos e pan 
1º Ensalada de xudías, espárragos trigueiros, cogumelos, etc, etc. … 
2º Dúas hamburguesas vexetais/persoa         
Sobremesa: Froita e café con gotas                                                     

Menú nº 3, sen gluten
Estará formado por produtos especiais para celíacos e cociñados dacordo ás necesidades que esixe este tipo de alimentación.       
                    
TODO CANTO SE CONSUMA FÓRA DE CALQUERA DESTES MENÚS, DEBE PAGARSE A MAIORES DOS CARTOS INGRESADOS NO BBVA.

TARDE: ROTEIRO  GUIADO, será a pé, e algo en coche, tendo previsto o seu remate sobre as 20:30h.

17:30h.  Saída do restaurante “Aldea Grande”              
  1. Ofrenda no adro da igrexa de Berres nos enterramentos de Avelina e Marcial Valladares. Lectura dun poema.
  2. Visita guiada ao pazo de d@s escritor@s Avelina e Marcial Valladares
  3. Visita guiada á praia fluvial de Berres e á súa carballeira.  

O prezo das actividades de toda esta xornada, incluído un dos tres menús, é de 18 euros por persoa para @s soci@s da AC. Vagalumes, AC. O Galo e AVC. Agra do Orzán e de 20 euros para as persoas non pertencentes a estas asociacións.
Os cartos deben ingresarse na cc. do BBVA:  ES32  0182  5922  49  0201560143,
antes do 16 de xullo de 2018 ás 16h.


Asemade, cómpre que, tamén antes desa data e hora, escriban a [email protected] indicando o nome, DI, email, teléfono e cal dos menús elixen.

As persoas que unicamente acudan ás actividades que se celebran até as 14:45h non pagan nada.

Imagen

En 1924, Daniel Rodríguez Castelao, Otero Abelleira e Manuel García Barros fixeron un  roteiro polo Pico. Unha nova cita, en xullo de 1926, consagrou esta peregrinación, á que se uniron os galeguistas de Ourense Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Antón Sánchez e Xavier Prado Lameiro. En Silleda uníronselles Florentino Cuevillas e Alfonso V. Monjardín.  xunto con Lois Tobío e Martínez López, membros do Seminario de Estudos Galegos.
No 125 aniversario de Castelao, a Federación de Asociacións Culturais a través das entidades de Compostela (O Galo) e a Estrada (Vagalumes) recuperaron esta referencia da nosa tradición cultural para fixar no calendario esta conmemoración todos os anos coa lectura do Alba de Gloria no que se fai mención expresa deste lugar que nos achega memoria e verdade fronte a un contexto como o do exilio e a represión franquista no que foi escrito este texto.


1 Comentário

5º conVIVIO DA CULTURA GALEGA. OUTEIRO DE REI

1/7/2018

0 Comentários

 
O sábado, 14 de xullo, celebrarase o V Convivio da Cultura Galega na Carballeira de Santa Isabel en Outeiro de Rei.

O Convivio é un espazo de encontro, de amizade e de intercambio absolutamente aberto á participación de todo o asociacionismo de base que hoxe hai na Galiza, organizado pola Casa-Museo Manuel María, a Federación Galiza Cultura e a Asociación Cultural e Musical Solfa.

Desde música tradicional, teatro, concerto da coral de Solfa, concerto da Banda de música de Rábade-Begonte, visita a Casa – Museo de Manuel María, pandereteiras de Monte Alto  e moita festa na Carballeira de Santa Isabel ao lado do Miño... todo o mundo está convidado a participar.

A Agrupación Cultural O Galo asistirá tamén a este encontro imprescindible para a nosa cultura.

Imagen
Programación do V CONVIVIO DA CULTURA GALEGA do vindeiro 14 de xullo na Carballeira de Santa Isabel, en Outeiro de Rei.
11.30 Acollida na horta da Casa-Museo Manuel María. Actuación do grupo de música tradicional UNTIA e do coro da Asociación Cultural e Musical SOLFA
12.30 Ofrenda floral a Manuel María no cemiterio de Outeiro de Rei
13.00 Concerto da BANDA Municipal de Música “SONS E SOÑOS” de Rábade-Begonte-Outeiro, dirixida por Armando Morales Blanco, na Carballeira de Santa Isabel
14.00 Xantar na carballeira (cada quen trae a súa comida)
16.30 Títeres. O grupo de teatro Pereira de Lobos representa “Berenguela. Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo”
17.00 FOLIADA, para cantar e bailar, con distintos grupos de música tradicional (Untia, Treboada, Birloque Gaiteiros, Coitelo de pau, Parabéns, Reviravolta, [email protected]…). Anima Xurxo Souto.


Imagen
0 Comentários

VISITA EXPOSICIÓN Galicia universal. A arte galega nas coleccións de ABANCA e Afundación

1/7/2018

0 Comentários

 
Imagen
A Agrupación Cultural O Galo foi fundamental na loita para conseguir que a colección de arte galega das "antigas" caixas de aforro (actualmente Abanca) fose declarada BIP, o que obriga a que, en caso de venderse, aínda que sexa unha só unha das súas obras, non se pode levar fóra de Galiza. Tamén esta declaración obriga a que, de emprestárense as súas pezas, se faga con todas as garantías e, de non estar exhibida ao público permanentemente, se expoña en Galiza unha vez cada 2 anos.



Urbano Lugrís: Vista de Vigo.
(1953)
(cadro propiedade de Abanca e Afundación, na exposición).

Agora a A
C. O Galo organiza exclusivamente para persoas asociadas unha visita a parte da mostra desa colección de arte galega que se amosa na cidade da Cultura. As explicacións correrán a cargo de María Antonia Pérez, presidenta da nosa asociación.


            Lugar:  Cidade da Cultura 
          Data e hora:  Xoves, 5 de xullo de 2018. Hora: 18.00.

Galicia universal. A arte galega nas coleccións de ABANCA e Afundación supón a maior exposición de pezas das coleccións privadas de ABANCA e Afundación reunidas ata o momento. Pintura, escultura, fotografías e instalacións compoñen este percorrido por 150 anos de arte galega, cunha escolma de 192 pezas que abarcan desde o primeiro terzo do XIX ata a actualidade.
Reflicten á perfección os dous factores que marcaron a construción das artes plásticas galegas desde o século XIX: “identidade” e “universalidade”, aludindo a través destes conceptos a dous elementos singulares para entender a nosa arte: a historia da cultura galega e a súa ligazón co contexto internacional. Galicia non foi allea ás influencias das grandes correntes artísticas do vello continente en cada momento da historia.
Por primeira vez, unha mesma mostra reúne 119 dos artistas galegos máis relevantes dos últimos 150 anos, como son Jenaro Pérez Villaamil, Fernando Álvarez de Sotomayor, Urbano Lugrís, Francisco Lloréns, Serafín Avendaño, Laxeiro, Virxilio Vieitez, Manuel Colmeiro, Luís Seoane, Arturo Souto, Maruja Mallo, Eugenio Granell, Julia Minguillón, Francisco Leiro, Antón Patiño, Menchu Lamas, Xaime Quessada, Berta Cáccamo, Antón Lamazares, Pamen Pereira, Elena Colmeiro, ou Antía Moure, entre outros moitos.
En setembro organizaremos outra visita para socios e tamén para Amigas/os do Galo e que explicará unha/un das/os guías que para esta fin ten a Cidade da Cultura.

Imagen
Serafín Avendaño: Paisaxe con galega (1891) (cadro propiedade de Abanca e Afundación, na exposición).
0 Comentários

VISITA AO PAZO DE VILANE EN ANTAS DE ULLA

1/7/2018

0 Comentários

 
Imagen






 A Agrupación Cultural O Galo, en colaboración coa Asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela, organiza unha actividade única e exclusivamente para asociados o sábado 30 de xuño de 2018:

Visita guiada ao Pazo de Vilane, situado no concello de Antas de Ulla, e visita ás instalacións de agricultura ecolóxica deste pazo, cuxos principais produtos son os ovos de galiñas en liberdade dentro da categoría de "ovo campeiro" e as marmeladas artesanais de framboesas con 80% de froita, a maior cantidade das que están no mercado, e a de arandos, cun 75 % de froita. Tamén se elabora marmelada ecolóxica de tomate agridoce, unicamente con tomate enteiro (72%) procedente das fincas de Pazo de Vilane.

Imagen
Retablo da capela do pazo, finalizado en 1854.

Para completar a visita ao pazo e as instalacións, celebrarase na antiga palleira do pazo, hoxe rehabilitada como auditorio e local de actos e exposicións, un Recital lírico a cargo da soprano Carmen Subrido e do guitarrista Xosé Manuel Dapena. Interpretarán cantigas populares como "Tres morillas m'enamoran en Jaén" (Cancioneiro de Palacio, s.XV/XVI) e sete poemas de Federico García Lorca.

Rematadas as visitas e o recital, haberá uns petiscos no restaurante Val, en Antas de Ulla. 


0 Comentários

    Arquivos

    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.