Convocatoria da Asemblea Xeral de socios/as a celebrar o luns día 29 de abril de 2019.
En calidade de presidenta da asociación Agrupación Cultural O Galo de Santiago de Compostela, convoco a todas/os as socias/os á xuntanza xeral que terá lugar en Santiago: Día e data: Luns, 29 de abril Hora: 19:00h. en 1ª convocatoria e ás 19:30h. en 2ª convocatoria Lugar: Local social da AC. O Galo: Avenida de Lugo nº 2 A, entresollado A 15702 - Santiago de Compostela. ORDE DO DÍA 1. Lectura e, se procede, aprobación da acta da anterior xuntanza (achégase) 2. Estado de contas da AC. O Galo 3. Informe das actividades realizadas desde setembro de 2018 até a actualidade 4. Propostas de actividades para o terceiro e cuarto trimestre de 2019 5. Rogos e preguntas. Santiago de Compostela, 9 de abril de 2019 Carlos Callón actualmente é profesor de Xeografía e Historia no Instituto Espanhol de Lisboa. Doutor en Estudos Lingüísticos e Literarios do Galego e do Portugués. Presidente de Honra da Mesa pola Normalización Lingüística. Publicou varios ensaios e o poemario Atravesar o fantasma (2014), seleccionado entre os mellores libros de poesía do decenio 2007-2016 no Premio Mondeñedo.
POEMARIO: Inscricións A morte. A vida. O que as une. Pulsións que atrapa o poeta cando pretende que as palabras sexan marco para o apreixar todo. Estes poemas falan diso. Da morte, da dor, do odio, do amor. Da vida. Todo é todo e todo está en todo. Versos que furan o peito, que mancan. Poeta mancado que fai co poema, bálsamo. Un libro sobre os mapas da alma. E das palabras que o constrúen e rexistran. A morte. A vida. Todo. Que diría CARLOS CALLÓN sobre o seu propio poemario? "É o noveno libro que publico e, no entanto, é o que me resulta máis difícil de presentar. Porque é unha obra escrita desde un terremoto vivencial. Son poemas que procuran as palabras porque as palabras faltan. Porque hai que inscribir as perdas para poder continuar. Non é unha obra cómoda. Antes desta presentación en Santiago, recitei poemas de Inscricións en Rianxo, Lisboa e Vigo. En todos estes actos houbo xente chorando. Mesmo xente que non coñezo. As dores tócanse. Moitas veces, podemos entender a través dos rexistros de dó que fai outra persoa aquela emoción que non somos capaces de entender en cada unha de nós, en cada un de nós. Nun tempo en que proliferan tanto os imperativos da felicidade e do éxito a calquera custo, penso que non está mal procurar espazos para falarmos das feridas. Porque só así, recoñecendo, nomeando e mapeando, se pode tentar facer coas feridas algo mellor que padecelas. 5º) Tres vídeos sobre o libro: - Videopoema: https://www.youtube.com/watch?v=yFpkaavEvIM - No Zig-Zag diario da TVG: https://www.youtube.com/watch?v=L-ZZ16vSES8 - Crónica da presentación en Vigo: https://www.youtube.com/watch?v=WU4NYmTT0rc Este coloquio-debate organízao a AC. O Galo con motivo das Eleccións Xerais de abril do 2019. Nel intervirán unha/un representante das forzas politícas que teñen, ou tiveron, presenza por Galiza nas Cortes Xerais do Estado nesta ou en anteriores lexislaturas. A este coloquio concorrerán BNG, Ciudadanos, En Común-Podemos, En-Marea, PP e PSOE, que enviarán como representante seu a un/unha d@s candidat@s que figuran nas súas listas para o Congreso ou para o Senado. Cada partido expoñerá en 7 minutos as propostas do seu programa que afectan a Galiza (só a Galiza) e que consideren de máis relevo. Cando rematen, intervirá o público asistente facéndolles as preguntas que considere, xa que este acto está pensado para que os asistentes participen e teñan o maior protagonismo.
Lugar: Salón do Museo das Peregrinacións, situado na Praza das Praterías de Santiago de Compostela Día, Data e hora: Xoves, 4 de abril de 2019, ás 19:30h Moderadora: A xornalista María Obelleiro (directora de Sermos Galiza) Participantes: Néstor Rego Candamil, polo Bloque Nacionalista Galego Beatriz Pino, por Ciudadanos Antón Gómez-Reino Varela, por En Común-Podemos Alejandro Sánchez-Brunete Varela, polo Partido Popular (finalmente non asistiu) Enrique Sánchez Nogueira, polo Partido Socialista Obreiro Español. Alba Nogueira López, por En Marea. |
Arquivos
Setembro 2024
A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.
|