Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

PRESENTACIÓN DO POEMARIO "INSCRICIÓNS" DE CARLOS CALLÓN

20/4/2019

0 Comentários

 
Imagem
Carlos Callón actualmente é profesor de Xeografía e Historia no Instituto Espanhol de Lisboa. Doutor en Estudos Lingüísticos e Literarios do Galego e do Portugués. Presidente de Honra da Mesa pola Normalización Lingüística. Publicou varios ensaios e o poemario Atravesar o fantasma (2014), seleccionado entre os mellores libros de poesía do decenio 2007-2016 no Premio Mondeñedo.

POEMARIO:  Inscricións
A morte. A vida. O que as une. Pulsións que atrapa o poeta cando pretende que as palabras sexan marco para o apreixar todo. Estes poemas falan diso. Da morte, da dor, do odio, do amor. Da vida. Todo é todo e todo está en todo. Versos que furan o peito, que mancan. Poeta mancado que fai co poema, bálsamo. Un libro sobre os mapas da alma. E das palabras que o constrúen e rexistran. A morte. A vida. Todo.

Que diría CARLOS CALLÓN sobre o seu propio poemario?
"É o noveno libro que publico e, no entanto, é o que me resulta máis difícil de presentar. Porque é unha obra escrita desde un terremoto vivencial. Son poemas que procuran as palabras porque as palabras faltan. Porque hai que inscribir as perdas para poder continuar.
Non é unha obra cómoda. Antes desta presentación en Santiago, recitei poemas de Inscricións en Rianxo, Lisboa e Vigo. En todos estes actos houbo xente chorando. Mesmo xente que non coñezo. As dores tócanse. Moitas veces, podemos entender a través dos rexistros de dó que fai outra persoa aquela emoción que non somos capaces de entender en cada unha de nós, en cada un de nós.
Nun tempo en que proliferan tanto os imperativos da felicidade e do éxito a calquera custo, penso que non está mal procurar espazos para falarmos das feridas. Porque só así, recoñecendo, nomeando e mapeando, se pode tentar facer coas feridas algo mellor que padecelas.

5º) Tres vídeos sobre o libro:

- Videopoema: https://www.youtube.com/watch?v=yFpkaavEvIM

- No Zig-Zag diario da TVG: https://www.youtube.com/watch?v=L-ZZ16vSES8

- Crónica da presentación en Vigo: https://www.youtube.com/watch?v=WU4NYmTT0rc



0 Comentários



Deixe uma resposta.

    Imagen

    O Galo

    Agrupación Cultural que traballa pola nosa cultura

    Arquivos

    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.