Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

ESPAZOS DE ROSALÍA EN SIGÜEIRO-OROSO

26/3/2021

0 Comentários

 
Imagem
O xoves 25 de marzo, coincidindo co aniversario do pasamento do grande estudoso de Rosalía, Ricardo Carvalho Calero, celebrouse en Sigüeiro unha presentación dio libro Espazos de Rosalía que
tamén contou coa presenza da propia Rosalía de Castro, que nos reresentou o poema de A probiña, que está xorda...!
"Alá enriba da montaña,
sai fume das chamineas...
Valor, meu corpiño vello.
Leváime aló, miñas pernas.
Paseniño, paseniño,
aquí para, alí te sentas,
irás chegando, Xuana,
adonde as casas fomegan.
¡Dios diante, a Virxe che valla!,
qu hoxe, seica... seica... seica...
has de comer sete cuncas
de bon caldo, coa da cea,
e máis compango do porco
ou de sardiñas salpresas,
que os montañeses son homes
que cando dan, dan de veras.
Dempois, quentaráste a un lume
grande coma unha fogueira,
e cando xa estés ben quente,
¡a dormir... e que ameñeza!".
Imagem
Imagem
0 Comentários

25 de marzo de 2021: RICARDO Carvalho CALERO, Lingua e Terra

11/3/2021

0 Comentários

 
O movemento asociativo, entre o que se encontra a AC. O Galo, leva reivindicando desde hai décadas unhas Letras Galegas a Carvalho Calero. Cando ao fin se concederon, unha pandemia fixo que nin no ensino nin nas asociacións puidéramos celebrar como quixéramos esta conmemoración. Aprazámola unha e outra vez agardando mellores circunstancias, mais non podemos adiar por máis tempo a nosa homenaxe e difusión, tan necesaria, deste persoeiro a quen tanto debe a nosa lingua e cultura. Por iso, coincidindo coa data do seu pasamento, o día 25 de marzo, propomos unha xornada de recordo e espallamento da súa figura.

O xoves 25 de marzo de 2021, ás 20:00 horas, celebrarase unha
PALESTRA-COLOQUIO:  CARVALHO CALERO, LINGUA E TERRA, coa participación de:

Mª Victoria Carballo-Calero Ramos, catedrática de Arte da Universidade de Vigo e filla do profesor Ricardo Carvalho Calero.  
Mª Pilar García Negro, profesora da UDC, especialista en sociolingüística e literatura galega.  
Manuel Castelao Mexuto, catedrático de lingua e literatura galega e investigador.   
Posteriormente, ás 20:40 h., celebrase en liña un coloquio cos conferenciantes e representantes das asociacións culturais. 
Para a actividade completa, co coloquio en directo, o enlace é o seguinte:

Ligazón na que se vai celebrar a emisión do vídeo e coloquio

 
Desde a Federación Galiza Cultura, en colaboración coas Deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, convidámosvos a sumarvos a esta actividade, xa desde o voso centro, xa individualmente, que, baixo o lema “Carvalho, Lingua e Terra”, celebraremos o día 25 de marzo. Para iso, ofrecémosvos algúns materiais de interese, ben para o voso traballo, ben para o voso coñecemento, ao que se pode acceder gratuitamente no sitio web da Federación Galiza Cultura, con este enlace:

http://galizacultura.gal/carvalho-lingua-e-terra/

O material é o seguinte:

a) O libro "Amigo Carvalho. Do Halley ao Hubble" en formato PDF.
b) As breves intervencións (35' en total) de Mª Victoria Carvalho-Calero, Pilar García Negro e Manuel Castelao, emitidas pola canle de youtube de Galiza Cultura no seguinte enlace:  (https://youtu.be/vvae_B6S1m4)
c) O documental-entrevista: “Carvalho Calero: a posibilidade de rectificar a historia”.

Imagem
0 Comentários

8 de marzo día internacional da muller                                          8 DE MARZO DE 2021: STOP A TODAS AS DESIGUALDADES

11/3/2021

0 Comentários

 
Desde a AC O Galo queremos sumarnos a todas as mobilizacións deste 8 de marzo de 2021, facendo noso parte do comunicado de Galegas 8M: "As mulleres somos responsables e temos a forza para conquistar ese mundo, tamén noso, que soñamos xusto e igualitario. Avanzamos para acadalo desde a insubmisión, a rebeldía e a loita!!!"
O cartaz, como é tradicional nestas datas, xa foi colocado na Praza de Abastos de Santiago e lucirá nos postos durante toda esta semana. A artista que para este ano 2021 nos fornece o cadro é Viki Rivadulla, pintora e escultura autodidacta, residente na Costa da Morte, que ten ralizado numerosas mostras individuais e colectivas e que recibiu varios premios. O cadro elixido, "Nosa é a vida", forma parte da colección "A voz libre".

Non a todas as desigualdades!!!
Un saúdo feminista!
Imagem
0 Comentários
    Imagen

    O Galo

    Agrupación Cultural que traballa pola nosa cultura

    Arquivos

    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.