O cartaz, como é tradicional nestas datas, xa foi colocado na Praza de Abastos de Santiago e lucirá nos postos durante toda esta semana. A artista que para este ano 2021 nos fornece o cadro é Viki Rivadulla, pintora e escultura autodidacta, residente na Costa da Morte, que ten ralizado numerosas mostras individuais e colectivas e que recibiu varios premios. O cadro elixido, "Nosa é a vida", forma parte da colección "A voz libre".
Non a todas as desigualdades!!!
Un saúdo feminista!