Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

galiza 1968: a consciencia avivada

24/11/2018

0 Comentários

 
Imagen
        Galiza 1968. A consciencia avivada é unha publicación promovida por Sermos Galiza S.A. e coordinada polo investigador Xosé Ramón Ermida Meilán.
      Este monográfico propón unha viaxe pola Galiza da década dos sesenta guiada por algunhas das mulleres e homes que viviron en primeira persoa os feitos que agora nos contan. A reorganización na clandestinidade das correntes políticas antifranquistas, a posta en marcha dun vizoso movemento cultural dedicado á defensa e divulgación da cultura galega, a revolta dos labregos do Val de Castrelo contra a política hidroeléctrica de Fenosa, a aparición das primeiras iniciativas sindicais no mundo operario, as protestas dos universitarios composteláns ou a aparición de Voces Ceibes son algúns dos temas dos que se ocupa o volume.

    
     O caderno responde á vontade de restaurar un período chave do noso pasado recente dándolle voz á loita dunha xeración que aspiraba a devolver Galiza á historia e, segundo os editores, “os traballos pretenden revivir da man dalgúns dos seus protagonistas os días e feitos que abonaron a conformación dunha nova consciencia galega”, sinalando que neste período fanse presentes “algúns dos síntomas dun novo tempo na sociedade galega, que acadará o seu momento cumio no segundo quinquenio da década dos setenta xa convertido nun amplo movemento de masas de orientación democrática e galeguizadora”. Nesta liña, considérase que o 68 galego “foi un movemento orixinal que responde á dialéctica endóxena da formación social galega” e saliéntase que “as demandas da sociedade respondían a reivindicacións concretas moi ligadas á problemática específica do país nunha xeral orientación antifranquista e de recuperación da identidade galega”.

     O luns 3 de decembro de 2018 ás 19.30 horas, na Libraría Couceiro, sita na Praza de Cervantes, nº 6, de Compostela, preséntase o monográfico nun acto organizado pola Agrupación Cultural O Galo, os coautores da publicación María do Carme García Negro e  Xesús Sanxuás Formoso, Luís Gonçalez Blasco, Foz, dirixente estudantil no 68,  e Xoán Costa Casas, presidente do consello de administración de Sermos Galiza.
0 Comentários

exposición: os álbumes de guerra de castelao na eoi de compostela

20/11/2018

0 Comentários

 
Imagen
Esta mostra na Escola Oficial de Idiomas de Compostela é unha homenaxe a Castelao e a todos aqueles que padeceron represión e exilio.
Os tres álbumes de guerra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Galicia mártir, Atila en Galicia e Milicianos, inspíranse e pretenden dar a coñecer as atrocidades que ocorreron na guerra civil española.
Todos eles representan un duro e aínda vixente alegato contra o feixismo; lembremos que, aínda no ano 1976, unha edición destes álbumes da Editorial Akal foi secuestrada polo Goberno de Arias Navarro.
O político, debuxante e escritor realizou en Valencia e Barcelona estes tres álbumes como apoio á causa republicana, un total de 31 debuxos distribuídos en tres series tituladas Atila en Galicia (1937), Galicia mártir (1937) e Milicianos (1938).
Estas imaxes chegaron a Galiza no ano 1981 e consérvanse no Museo de Pontevedra; foron adicadas polo propio Castelao

"Aos galegos, que andan pol-o mundo:
Estas estampas, arrincadas da miña propia door,
van dirixidas a vós que sempre amáchedes a liberdade.”

0 Comentários

nova visita á exposición "Con galiza sempre no horizonte"

19/11/2018

0 Comentários

 
Imagen
0 Comentários

coloquio-presentación de 1968 de vítor vaqueiro

19/11/2018

0 Comentários

 
Imagen
      O poemario  '1968' de Vítor Vaqueiro é unha crónica do que provocou o maio francés na universidade de Santiago de Compostela. Máis de cincuenta poemas e textos, secuenciados como un diario, ofrécennos un retrato da Galiza da época e máis concretamente da rebeldía do ambiente universitario compostelán fronte á represión franquista e policial do momento.

"A data crucial de 1968 exerce uma força de dobre direção, centrífuga e centrípeta, em expansão cara a outros motivos temáticos de transcendente alcanço universal de finais da década dos sessenta e começos dos setenta: a guerra do Vietnã, a matança de estudantes na praza de Tlatelolco, a primavera de Praga, os assassinatos de Martin Luther King e Ernesto Che Guevara, a revolta estudantil de Paris, a execução do policia torturador Melitón Manzanas, a atividade revolucionária do grupo alemão Baader Meinhof, feitos paralelos ou próximos no tempo à data emblemática e ao acontecer de nós, concorrem em dramática e fantástica convocatória.
Vítor Vaqueiro consolida o rumo da sua nova andaina com 1968, cimo da sua escrita poética e um dos mais atrativos e relevantes livros de poesia editados no que levamos andado do século XXI. O equilíbrio entre os registros épicos e líricos, a alternância de verso e prosa, a construção alegórica, o humor irônico, o recurso a procedimentos de glosa e digressão, o desenho de âmbitos de perfil expressionista e crítico, são as marcas de estilo e cosmovisão que singularizam este livro".

(Do Prólogo, Luta e memória, de Xosé María Álvarez Cáccamo)
2 de janeiro
Há uma lua ruim gestando-se no útero
de furacões e lôstregos
e terremotos, jura
Creedence Clearwater Revival magoado.
Nos arrozais do norte o som de Dien Bien Phu
multiplica o seu centro nos eixos da amargura
que inflamam o lameiro de napalm e fadiga;
o tio Hô parte, enquanto falece,
e a música agatinha
na praça da Quintana. O epicentro da lua
gera sons que aconselham não saírem dos lares
esta noite os amantes
embora seja o tempo das estações do amor
e o Monte da Condessa
o cerne do Universo
e as origens do mundo. O tio Hô combate
nos arrozais do norte ou nas cadeias,
entre dragões que erguem
o vôo, configurando a feição do Simurgh
que, uma vez após outra,
transcreve a sua imagem fractal e iterativa.
(...)
Há uma lua ruim nos arrozais do norte
e, entre os carvalhos de Santa Susana,
o gado perambula, ensimesmado,
e a face de Guevara, imaterial, vadia
nos andeis e nas poças, no vocábulo
amotinado, no cartaz austero,
embora seja a época
das estações do amor, da agrimensura
e da caligrafia, e o Monte da Condessa
o cerne do Universo e as origens do mundo,
como o lenço afirmara em proposta soberba,
e os amantes saírem, assombrados,
neste tempo das estações do amor.

0 Comentários

18 DE NOVEMBRO 2018: CEN ANOS DE NACIONALISMO GALEGO

14/11/2018

0 Comentários

 
Imagen

O domingo, 18 de novembro DE 2018, a Plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza, VÍA GALEGA, da que a Agrupación Cultural O Galo foi unha das asociacións fundadoras,   realizará diferentes actos en Lugo, para lembrar o centenario da I Asemblea Nacionalista, organizada polas Irmandades da Fala e celebrada nesa cidade en 1918.

Entre o 17 e o 18 de novembro de 1918 as Irmandades da Fala desenvolvían, no Teatro Lugo-Salón da Rúa Aguirre, a I Asemblea Nacionalista Galega. Neste encontro explicitaron os asistentes, e todas as agrupacións locais das Irmandades representadas, que o seu compromiso político facía que se denominaran “nacionalistas” galegos, apuntando:

“Tendo a Galicia todal-as caracteristicas esenciaes de nazonalidade, nós, nomeámonos, d-oxe pra sempre, nazonalistas galegos, xa que a verba rexionalismo non recolle todal-as aspiraciós nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas”.


Imagen
Para conmemorar o centenario daquel feito, central na reivindicación da Galiza como suxeito político e a reclamación da súa soberanía, Vía Galega desenvolverá un completo programa de actos na cidade de Lugo: unha Asemblea/Encontro Nacional, no IES Lucus Augusti (Av. Rodríguez Mourelo, s/n, Lugo), onde aprobaremos a ‘Carta de Dereitos do Pobo Galego’, así como no acto que desenvolveremos a seguir no paseo superior da Muralla de Lugo, con lectura de textos de activistas das Irmandades da Fala, acompañada de música e finalizando co canto do noso hino nacional.

Domingo, 18 de novembro: Programa Asemblea/Encontro Nacional
10.45h:  Benvida ás/aos asistentes (IES Lucus Augusti – Av. Rodríguez Mourelo, s/n, Lugo)
11.00-12.45h: Intervencións e Lectura da ‘Carta de Dereitos do Pobo Galego’
(acto amenizado con intervencións musicais).
13.00h: Oferenda floral no Hotel Méndez Núñez (Rúa da Raíña, 1).
13.15h: Lectura de textos e acto reivindicativo na Muralla de Lugo.
14.00h: Peche do acto coa interpretación e canto do hino nacional.

0 Comentários

cen anos de nacionalismo galego

9/11/2018

0 Comentários

 
Imagen
  Rememorar os cen anos da “I Asambleia Nazonalista de Lugo de 1918” (histórica asemblea onde o galeguismo político supera o rexionalismo e defínese como nacionalismo), é o que pretende facer a A.C. O Galo con este debate, en que intervirán estudosos do nacionalismo galego como Francisco Rodríguez, Miguel Anxo Bastos, María Antonia Pérez e Bruno Esperante.

A "I Asambleia Nazonalista de Lugo de 1918”  celebrouse no teatro Lugo-Salón da Rúa Aguirre. Asistiron sesenta e tres persoas, como representantes de sesenta e sete sociedades agrarias e cinco centros culturais. Contaban coa adhesión de cinco federacións agrarias, once concellos, cincuenta asociacións e numerosas personalidades de Galiza.


Redactaron un "Manifesto Nazonalista" que define Galiza como nación, reclámase a súa autonomía integral e a cooficialidade do galego.

Nesta asemblea asinaron o manifesto:
Antón Losada Diéguez, Vicente Risco, Arturo Noguerol, Xaime Quintanilla, Manuel Banet Fontenla, Ramón Cabanillas, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Gonzalo López Abente, Victoriano Taibo, V. Paratcha, Antón Villar Ponte, J. Ferreira, Lois Peña Novo, L. P. Carballa, Xesús Culebras, Emilio Bidegaín, Francisco Vázquez Enríquez, G. Cedrón, F. M. Balboa, Johán Vicente Viqueira, Roberto Blanco Torres, Rodríguez de Vicente, Ivo Fernández, Evaristo Correa Calderón, Ramón Villar Ponte, L. Ares, A. Ramos, S. Mosteiro, X. Ares, X. Peña, L. Briones, Díaz Varela, P. Peña Novo, Sánchez Taíz, X. Faraldo, V. Veiga, C. Monasterio, X. Sarmento, L. de Labra, Xosé Ramón Fernández-Oxea, C. García Colmelo, R. Gutiérrez, X. García Colmelo, F. Abelaira, Ánxel Casal, T. Rodríguez, F. Zamora, V. Maceiras, A. Martínez, I. Rodríguez, X. Robles, R. Carballal, R. Areses, Eugenio Charlón, Manuel Sánchez Hermida, T. Amador, M. Vázquez, B. Varela, I. A. Garaloces, X. Basteiro, Eduardo Lence-Santar Guitián, V. Casas e X. Monteiro Mejuto.


O "Manifesto Nazonalista" comezaba así:
"Os persoeiros das Irmandades da Fala reunidos en asambleia magna tida na cibdá de Lugo nos dias 17 e 18 do mes da data pra conquerire do Goberno da Sua Maxestade El Rey autonomia integral da Nazón Galega e fixar n-un programa concreto as que coidan testas soluciós ôs problemas que intresan d-un xeito fondonisimo â vida nazonal da Galicia, aprobaron e sosteñen, c-o corazón ateigado de espranza e os ollos postos no porvir da nay Terra, as siguentes conclusiós, que fan públicas pra conocimento e meditazón do pobo Galego, nestora solemne do albeo das nazonalidades que sinten tremelar a sua y-alma e fan xurdir a súa persoalidade.
I PREVIA
Tendo a Galicia todal-as caracteristicas esenciaes de nazonalidade, nós, nomeámonos, d-oxe pra sempre, nazonalistas galegos, xa que a verba rexonalismo non recolle todal-as aspiraciós nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas.


Estas declaracións constituíron a base común de todos os programas do nacionalismo galego até o Estatuto de Autonomía de 1936.


0 Comentários

    Arquivos

    Maio 2025
    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.