Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Contacto

galiza 1968: a consciencia avivada

11/24/2018

0 Comentários

 
Imagen
        Galiza 1968. A consciencia avivada é unha publicación promovida por Sermos Galiza S.A. e coordinada polo investigador Xosé Ramón Ermida Meilán.
      Este monográfico propón unha viaxe pola Galiza da década dos sesenta guiada por algunhas das mulleres e homes que viviron en primeira persoa os feitos que agora nos contan. A reorganización na clandestinidade das correntes políticas antifranquistas, a posta en marcha dun vizoso movemento cultural dedicado á defensa e divulgación da cultura galega, a revolta dos labregos do Val de Castrelo contra a política hidroeléctrica de Fenosa, a aparición das primeiras iniciativas sindicais no mundo operario, as protestas dos universitarios composteláns ou a aparición de Voces Ceibes son algúns dos temas dos que se ocupa o volume.

    
     O caderno responde á vontade de restaurar un período chave do noso pasado recente dándolle voz á loita dunha xeración que aspiraba a devolver Galiza á historia e, segundo os editores, “os traballos pretenden revivir da man dalgúns dos seus protagonistas os días e feitos que abonaron a conformación dunha nova consciencia galega”, sinalando que neste período fanse presentes “algúns dos síntomas dun novo tempo na sociedade galega, que acadará o seu momento cumio no segundo quinquenio da década dos setenta xa convertido nun amplo movemento de masas de orientación democrática e galeguizadora”. Nesta liña, considérase que o 68 galego “foi un movemento orixinal que responde á dialéctica endóxena da formación social galega” e saliéntase que “as demandas da sociedade respondían a reivindicacións concretas moi ligadas á problemática específica do país nunha xeral orientación antifranquista e de recuperación da identidade galega”.

     O luns 3 de decembro de 2018 ás 19.30 horas, na Libraría Couceiro, sita na Praza de Cervantes, nº 6, de Compostela, preséntase o monográfico nun acto organizado pola Agrupación Cultural O Galo, os coautores da publicación María do Carme García Negro e  Xesús Sanxuás Formoso, Luís Gonçalez Blasco, Foz, dirixente estudantil no 68,  e Xoán Costa Casas, presidente do consello de administración de Sermos Galiza.
0 Comentários



Enviar uma resposta.

    Imagen

    O Galo

    Agrupación Cultural que traballa pola nosa cultura

    Arquivos

    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Categorías

    Todos

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem

Proudly powered by Weebly