Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

MUNDOSGALIZA: OBRADOIRO DE VIAXES IMPARTIDO POR LOIS DIÉGUEZ

29/4/2018

0 Comentários

 

MUNDOSGALIZA PARA ACENDER OS SENTIDOS

Imagen

                                     MundosGaliza para acender os sentidos
    OBRADOIRO DE ViaxeS a NOVE lugares de Galiza e do Mundo en DÚAS sesións
                                       dirixido por lois diéguez

Lugar: centro sociocultural o ensanche
             rúa frei rosendo salvado, 16
             santiago de compostela

Datas: mércores, 23 de maio 2018. HORA: 18.30
            mércores, 30 de maio 2018. hora 18.30

inscrición:
aGRUPACIón cultural o galo:   OGALO.AC@GMAIL.COM


Cómpre anotarse ogalo.ac@gmail.com especificando o nome, apelidos, DNI, correo electrónico e número de teléfono.

Programa
                                  1ª Sesión: MÉRCORES, 23 de maio 2018
                                                    MundosGaliza

1.1. Itinerario Inés de Castro (Portugal/Galiza).
1.2. Túmulo neolítico de Newgrange (Eire/Irlanda) / Mámoas da Serra de Rañalonga (Ames, Galiza).
1.3. Festa del Foc (La Vall de Boí, Catalunya) / Fachóns de Castro Caldelas (Galiza). 1.4.Túmulo tracio de Kazanlak (Bulgaria) / Dolmen de Dombate (BergantiñoS, Galiza).
1.5. ItineRario de Exeria: Xerusalén / Camiño de Santiago.

                                    2ª sesión: Xoves, 30 de maio 2018
                                                          Galiza

2.1. A Cultura inmaterial: Fachas de Castelo, Taboada (Lugo).
2.2. A paisaxe: Miradoiros da Ribeira Sacra.
2.3. O Entroido: Oso de Salcedo, A Pobra do Brollón (Lugo).
2.4. Os Monumentos: a Catedral de Santiago seguindo a Rosalía de Castro.

                                                  Contido  
.- Viaxar a CINCO lugares do Mundo relacionados coa nosa cultura e a outros CATRO de Galiza.
.- DÚAS SEsións de hora e quince minutos cada unha, coa participación d@s asistentes.
.- Na primeira sesión repartirase unha carpeta para ir gardando OS postais que se ofrecerán en cada xeira.
.- No reverso dOs postais cada participante irá escribindo o seu parecer sobre o lugar fotografado ou calquera tema que considere relacionado coas viaxes.

.- Nas sesións haberá imaxes, videos, música, extractos orais ou cinematográficos que axuden á vivencia das emocións e á comunicación entre @s asistentes.

          Posteriormente ao ciclo farase unha VIAXE por GalizA OU PORTUGAL AO LUGAR ELIXIDO POLOS ASISTENTES ÁS DÚAS SESIÓNS DO CICLO.

Imagen
Imagen
0 Comentários

visita ao panteón real de galiza na catedral de santiago de compostela

6/4/2018

1 Comentário

 
Imagen
As explicacións desta visita correrán a cargo de Camilo Nogueira Román, quen leva anos traballando encol dos primeiros tempos do reino galego. É autor de A memoria da nación: O reino de Gallaecia, un estudo publicado por Edicións Xerais de Galiza no ano 2002, sobre a nosa historia durante a alta Idade Media.

 Día:   xoves, 12 de abril de 2018                         Hora de comezo:  18:30h  
 Lugar de encontro:   Porta das Praterías da Catedral de Santiago ás 18:20h

Cómpre anotarse antes do 10. 04. 2018 ás 22h. en ogalo.ac@gmail.com especificando o nome, apelidos, DNI, correo electrónico e número de teléfono.

Coñecermos o “Panteón Real” da Catedral é unha maneira de recoñecérmonos na nosa historia e ter presente que Galiza foi mesmo o primeiro reino de Europa, aínda que a historia oficial se empeñe en negar a nosa traxectoria, e, nomeadamente, o papel nuclear que se desempeñou.

No Panteón Real, situado na coñecida como "Capela das Reliquias" da Catedral de Santiago, encóntranse actualmente os sartegos de algúns reis e persoeiros do Reino de Galiza.
No século XII, o conde de Galiza, Raimundo de Borgoña, decide que recibirá sepultura na Catedral. Tamén terán alí os seus sepulcros o seu neto Fernando II e o seu bisneto Afonso VIII, ambos reis de Galiza-León. Mais non será soterrado na catedral o fillo de Raimundo de Borgoña, o rei Afonso VII, malia ter expresado claramente ese desexo, pero si a súa muller, Dona Berenguela.
A localización orixinal destes sartegos era a carón da Porta da Acibechería, na capela de Santa Catarina, denominada como "capella dos reis" no Tombo A da catedral. Pero no ano 1535 trasladáronse á Capela das Reliquias.
Entre outros persoeiros, gárdanse os restos de:
  • Raimundo de Borgoña (nacido en 1070 e finado en 1107), casado coa infanta Dona Urraca, conde de Galiza e pai de Afonso Raimúndez (este foi coroado en 1111 por Xelmírez rei de Galiza e despois reinou en León e Castela co nome de Afonso VII).
  • Berenguela de Barcelona (nacida en 1116 e finada en 1149), casada con Afonso VII.
  • Fernando II (nacido en 1137 e finado en 1188). Foi el quen nomeu o Mestre Mateo para dirixir a finalización das obras da Catedral, en 1168.
  • O infante Fernando (nacido en 1192/93 e finado en 1214), fillo primoxénito de Afonso IX e de Dona Tareixa de Portugal.
  • Afonso IX ou VIII de Galiza e León (naceu en 1171 e finou en 1230, en Sarria, en peregrinación a Santiago).
  • Xoana de Castro (1340-1374), irmá da famosa Inés de Castro e esposa de Pedro I.
  • Pedro Froilaz (1075-1128), conde de Traba (o seu sarcófago é de recente factura, da man de Maximino Magariños, 1926).
A Agrupación Cultural O Galo rescatou do esquecemento a existencia deste espazo na catedral, que até comezos da década de 1990 era un lugar desleigado e sen promoción ningunha.



Imagen
1 Comentário

A rebeldía Galega contra a inxustiza: Salcedo, Oseira, Nebra, Trasancos, Sofán e Sobredo

3/4/2018

0 Comentários

 
XOVES, 5 DE ABRIL DE 2018. ESPAZO ENOCULTURAL VIDE-VIDE. Fonte de Santo Antonio, 10. Compostela
Imagen
0 Comentários
    Imagen

    O Galo

    Agrupación Cultural que traballa pola nosa cultura

    Arquivos

    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.