Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

visita ao panteón real de galiza na catedral de santiago de compostela

6/4/2018

1 Comentário

 
Imagen
As explicacións desta visita correrán a cargo de Camilo Nogueira Román, quen leva anos traballando encol dos primeiros tempos do reino galego. É autor de A memoria da nación: O reino de Gallaecia, un estudo publicado por Edicións Xerais de Galiza no ano 2002, sobre a nosa historia durante a alta Idade Media.

 Día:   xoves, 12 de abril de 2018                         Hora de comezo:  18:30h  
 Lugar de encontro:   Porta das Praterías da Catedral de Santiago ás 18:20h

Cómpre anotarse antes do 10. 04. 2018 ás 22h. en [email protected] especificando o nome, apelidos, DNI, correo electrónico e número de teléfono.

Coñecermos o “Panteón Real” da Catedral é unha maneira de recoñecérmonos na nosa historia e ter presente que Galiza foi mesmo o primeiro reino de Europa, aínda que a historia oficial se empeñe en negar a nosa traxectoria, e, nomeadamente, o papel nuclear que se desempeñou.

No Panteón Real, situado na coñecida como "Capela das Reliquias" da Catedral de Santiago, encóntranse actualmente os sartegos de algúns reis e persoeiros do Reino de Galiza.
No século XII, o conde de Galiza, Raimundo de Borgoña, decide que recibirá sepultura na Catedral. Tamén terán alí os seus sepulcros o seu neto Fernando II e o seu bisneto Afonso VIII, ambos reis de Galiza-León. Mais non será soterrado na catedral o fillo de Raimundo de Borgoña, o rei Afonso VII, malia ter expresado claramente ese desexo, pero si a súa muller, Dona Berenguela.
A localización orixinal destes sartegos era a carón da Porta da Acibechería, na capela de Santa Catarina, denominada como "capella dos reis" no Tombo A da catedral. Pero no ano 1535 trasladáronse á Capela das Reliquias.
Entre outros persoeiros, gárdanse os restos de:
  • Raimundo de Borgoña (nacido en 1070 e finado en 1107), casado coa infanta Dona Urraca, conde de Galiza e pai de Afonso Raimúndez (este foi coroado en 1111 por Xelmírez rei de Galiza e despois reinou en León e Castela co nome de Afonso VII).
  • Berenguela de Barcelona (nacida en 1116 e finada en 1149), casada con Afonso VII.
  • Fernando II (nacido en 1137 e finado en 1188). Foi el quen nomeu o Mestre Mateo para dirixir a finalización das obras da Catedral, en 1168.
  • O infante Fernando (nacido en 1192/93 e finado en 1214), fillo primoxénito de Afonso IX e de Dona Tareixa de Portugal.
  • Afonso IX ou VIII de Galiza e León (naceu en 1171 e finou en 1230, en Sarria, en peregrinación a Santiago).
  • Xoana de Castro (1340-1374), irmá da famosa Inés de Castro e esposa de Pedro I.
  • Pedro Froilaz (1075-1128), conde de Traba (o seu sarcófago é de recente factura, da man de Maximino Magariños, 1926).
A Agrupación Cultural O Galo rescatou do esquecemento a existencia deste espazo na catedral, que até comezos da década de 1990 era un lugar desleigado e sen promoción ningunha.



Imagen
1 Comentário
Lakewood Carpet Installation link
21/9/2022 13:51:38

I really enjoyed your blog posts, thank you.

Responder



Deixe uma resposta.

    Arquivos

    Novembro 2025
    Outubro 2025
    Setembro 2025
    Julho 2025
    Junho 2025
    Maio 2025
    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    RSS Feed

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.