Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

HOMENAXE ÁS VÍTIMAS DO FRANQUISMO. ILLA DE SAN SIMÓN. XULLO 2019

6/7/2019

0 Comentários

 
Imagem
Homenaxe ás Vítimas da Represión Franquista, como cada ano, celebraráse na illa de San Simón o domingo 21 de xullo de 2019.  
    
PRIMEIRA PARTE:
  1. -  11:00h. aprox. Visita guiada á illa de San Simón.
  2. -  12:30h. aprox. Acto central na illa de Santo Antón en Homenaxe ás Vítimas da Represión Franquista, que constará da:
  3.   Participación de representantes de tres asociacións de Iniciativa Galega pola Memoria e d@s convidad@s a intervir.
  4.   Ofrenda floral por parte de tod@s @s asistentes, interpretación do himno galego e volta a San Adrián de Cobres.
SEGUNDA PARTE:
Actividades que se desenvolverán ao voltarmos da Illa:
15:00h aprox.: Xantar: cadaquén levará a súa comida e bebida, xantaremos nas mesas do parque-carballeira do lago de Castiñeiras.
As visitas guiadas de despois de xantar correrán a cargo do técnico de cultura e turismo do concello de Vilaboa, e serán:
  • 17.00h aprox.: Mámoa do Rei e logo á torre de Cotorredondo para desde ela ollar a preciosa vista panorámica das rías de Pontevedra e Vigo.
  • 18:30h aprox.: Capela de Santa Marta en Bértola e á ponte de Rial, onde o guía tamén nos explicará o ritual do Pasteco, que se continúa a facer nesa ponte.
0 Comentários

roteiro polas terras da ulla: san salvador de camanzo e poboado mineiro de fontao

5/7/2019

0 Comentários

 
Imagem
Imagem
O MOSTEIRO DE SAN SALVADOR DE CAMANZO foi fundado na primeira metade do século X e habitado por monxes. A fins do século XV reconvertírono nun priorado de monxas e incorporárono ao mosteiro compostelán de San Paio de Antealtares, do que depende até a desamortización.
O templo actual foi levantado na segunda metade do século XII sobre un primitivo cenobio. 
No edificio destacan os elementos decorativos das arquivoltas dos  arcos interiores, sobre todo os da porta principal, con catro anxos  realzando a imaxe de SanSalvador que preside o tímpano. Parte da bóveda de canón que cobre o presbiterio está cuberta por pinturas de mediados do século XVI. Destaca no altar a figura pétrea do Salvador, do século XII.
A igrexa comunica, a través dunha porta adornada con diversas molduras, cun moi pequeno, pero precioso claustro, formado por un conxunto de columnas e arcadas.

O POBOADO MINEIRO DE FONTAO

Os primeiros que explotaron a mina de estaño de Fontao foron os ingleses na segunda metade do séc. XIX. Logo chegaron os franceses e seguiron explotando o estaño até a Segunda Guerra Mundial en que se precisou o wolframio, mineral moi abundante na zona. Moitos dos traballadores foron presos políticos que redimían co duro traballo na mina as súas penas.

Deseñou este poboado o arquitecto César Cort Gómez Tortosa, irmán de Juan Luis Cort, propietario e xefe supremo da explotación. César Cort era un arquitecto militante do mevemento moderno e xunto co pontevedrés Basilio Bas proxectaron una urbanización con todos os equipamentos á vangarda do que se facía en Europa no momento: adosados, cubertas planas, aproveitamento intelixente da luz...


O poboado inaugurouse en 1956 e só se habitou até 1974, cando se clausurou a última brecha a ceo aberto da mina.  Xa o ritmo da canteira mermara moito en 1963, cando se cerraron as tres bocaminas por abandonarse a explotación baixo terra.  

0 Comentários

"ALBA DE GRORIA" de Castelao no cumio do pico sacro

4/7/2019

0 Comentários

 
Imagem
                    ALBA  DE  GRORIA  DE  CASTELAO CUMIO DO PICO SACRO   
Sábado, 20 / 07 / 2019,  ás 12:00h
 
As AC. O Galo e AC. Vagalumes, integradas na Federación Galiza Cultura, realizan este acto desde que no 2011 se conmemorou o 125 aniversario do nacemento de Afonso Daniel R. Castelao, quen subiu ao Pico Sacro en 1924 e, xa exiliado en Arxentina, simbolicamente volveu a el cando escribiu en Bos Aires Alba de Groria.

Como sempre desde 2011,  o  sábado antes do Día da Patria Galega, subiremos ao Pico Sacro para ler no seu cumio o  discurso Alba de Groria.

PROGRAMA

Mañá: LECTURA DO ALBA DE GRORIA E SUBIDA AO PICO SACRO

12.00h. Concentración onde estaba a fonte do Pico Sacro. Recitado de poemas por parte do taller de declamación da AVC. Agra do Orzán da Coruña.   
12:20h.  A escritora Marta Dacosta daranos a benvida. De seguido, subida do último treito do cumio do Pico Sacro.
13:00h. Izado da bandeira e lectura de Alba de Groria a cargo de soci@s da AC. O Galo de Santiago, da AC. Vagalumes da Estrada e da asociación cultural invitada; este ano é a AC. Alexandre Bóveda da Coruña. Baixada con parada nas covas da raíña Lupa, para visitalas baixo a guía da poeta Iolanda Aldrei.

Tarde:  XANTAR E ROTEIRO POLA ULLA
14:15h:  Xantar no restaurante “O Peixeiro”, situado en San Miguel de Castro. Na sobremesa actuará o grupo Maraxe.
16:30h.  Saída do restaurante e comezo do roteiro
17h: Visita guiada por Iolanda Aldrei ao pequeno mosteiro medieval de Camanzo, que, ademais, conserva no seu interior algunhas pinturas do s. XVI.
18:15h: Visita guiada ao poboado mineiro de Fontao. As explicacións correrán a cargo do director do museo da minería do wolframio alí instalado, museo que tamén veremos ao igual que o cine e a igrexa do poboado.  


 Xantar        
Menú nº 1, xeral                                                     
1º) Entrantes: queixo, croquetas, embutido e empanada                                                    
2º) A escoller un, entre os dous pratos seguintes:
Carne asada con patacas estofadas e ensalada ou Churrasco mixto con patacas fritidas e ensalada.
Sobremesa: xeado e café  
Pan, viño de Barrantes, do país ou Ribeiro, auga e refrescos                                                 

Menú nº 2, vexetariano
1º) Parrillada de verduras: pementos verdes e vermellos, espárragos, cenoura e tomate
2º) Arroz con cogumelos
Sobremesa: xeado e café  +  Pan, viño de Barrantes, do país ou Ribeiro, auga e refrescos  

Menú nº 3, para nen@s de entre 4 e 12 anos 
1º) Lulas fritidas    
2º) Milanesa con patacas    
Sobremesa: xeado   +   Pan, auga, refrescos                                                                                             
Canto se consuma fóra dos menús indicados, pagarase a maiores do ingresado no banco.
 
O prezo dos menús nº 1 e nº 2 máis das visitas guiadas é de 16 euros por persoa, para @s soci@s da AC. Vagalumes, AC. O Galo e AC. Alexandre Bóveda.
As persoas non pertencentes a calquera destas tres asociacións pagarán 19 euros por persoa.
O menú infantil (de 4 a 12 anos) custa 10 euros. 
Os cartos deben ingresarse na cc. do BBVA:  ES32  0182  5922  49  0201560143, antes do 16 de xullo de 2019 ás 14h, no “papel” do banco hai que indicar o nome e apelidos de cada unha das persoa/s a quen corresponde o ingreso.
Ademais,  para o xantar e as visitas guiadas, cómpre ANOTARSE, antes da data e hora arriba indicada, en  comunicació[email protected]  indicando: nome e apelidos, correo electrónico, teléfono, o prato que se elixe (carne asada ou churrasco mixto) ou se escollen o menú vexetariano ou, no seu caso, o infantil para a rapazada de entre 4 e 12 anos. 

0 Comentários

sexto convivio da cultura galega

4/7/2019

0 Comentários

 
Imagem
Un dos días importantes da nosa cultura: a sexta edición do Convivio da Cultura Galega que se celebra o sábado 13 de xullo  na Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei.

A xornada comeza ás 11:30, coa acollida das persoas participantes na horta da Casa-Museo Manuel María, ao son da música do coro da Asociación Cultura e Musical Solfa. Pouco despois comeza o encontró das entidades que forman a Federación Galiza Cultura no auditorio da Casa-Museo, para definir las liñas programáticas do vindeiro ano.

En paralelo, o resto de participantes fará unha ofrenda floral a Manuel María no cemiterio de Outeiro coa intervención do arqueólogo galego Felipe Senén, antes do concerto na carballeira de Santa Isabel da Banda Municipal de Música “Sons e soños” de Rábade-Begonte-Outeiro. O convivio pecharase coa foliada despois do xantar a cargo de distintos grupos tradicionais.is.
0 Comentários

    Arquivos

    Junho 2025
    Maio 2025
    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.