Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

Luz Fandiño

29/4/2024

0 Comentários

 
Fotografia
Fotografia
Hai uns días finou Luz, Marina Luz Fandiño Rodríguez, nada nas ribas do Sar en Compostela. Por iso o Galo entoa o seu cocorocó.
Fotografia



A Xunta Directiva da Agrupación Cultural O Galo de Santiago, quere manifestar, en nome de toda a asociación, o seu fondo pesar polo seu pasamento e dar o pésame a familiares e amizades.
​No pecho da noite do pasado domingo, O Galo  anunciou co seu canto a presenza dunha nova Luz entre as estrelas. Avisounos de que Luz Fandiño xa formaba parte dos luceiros bos e xenerosos  que nos amosan o camiño na noite estrelecida. Ela marchou pero quédanos a súa obra e o seu exemplo, as súas ganas de traballar incansable por un mundo mellor. A súa luz continúa acesa no ceo coma a luz das estrelas mortas hai centos de anos que segue alumeando cada noite no seu percorrer polo firmamento.
​
A nosa Lembranza para Luz. 

Fotografia
0 Comentários

visita guiada á rota do románico portugues/pegada do románico galego.

27/4/2024

0 Comentários

 
Fotografia
A AC O Galo organiza para maio unha visita guiada á Rota do Románico Portugués na que apreciaremos a pegada do románico galego. Veremos os restos medievais do mosteiro de Dumio e explicarannos o papel crucial de seu bispo Martiño, o grande apoio do rei García á sé de Braga (que veremos) e a forte disputa entre Santiago (Xelmírez) e ese bispado. En Guimarâes iremos ao museo e explicarannos o rol dos galegos/as na independencia de Portugal, sobre cando estivo preso alí Fernando de Castro ou a razón de refuxiarse alí o rei Fernando I logo de fracasar no intento de ser rei de Galiza. Tamén nos explicarán o seu castelo e demais monumentos. Asemade visitaremos unha serie de igrexas do norte do país luso cun románico con clara pegada compostelá, un centro de interpretación desta etapa artística. Aproveitaremos para ver o castelo de Lanhoso e a citania de Briteiros. Por outra banda, veremos unha das zonas por onde en 1974 atravesaban os membros da PIDE para, vía Galiza, refuxiarse na España franquista e onde deixaban abandonados os seus terríbeis cans lobos. Será dirixida/ guiada por especialistas.
0 Comentários

a revolución galega de 1846 en santiago. roteiro

22/4/2024

0 Comentários

 
Fotografia
 O roteiro será guiado por Prudencio Viveiro Mogo (O Valadouro, 1974). Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1992-1997). Grado de licenciado coa tese de licenciatura Os comezos da Administración liberal na provincia de Lugo (2000). Diploma de Estudos Avanzados no programa de doutoramento “Estudos Contemporáneos” da Universidade de Santiago de Compostela (1998-1999). Membro do consello editorial de Murguía, Revista Galega de Historia.
Membro do consello de dirección de Edicións Laiovento. Na actuialidade traballa no Consello da Cultura Galega.
É autor dos seguintes libros:
-Política, eleccións e fidalgos. O réxime do Estatuto Real na provincia de Lugo, 1834-1836 (Ediciós do Castro, 2004),
-O Estatuto galego durante a II República (Ediciós do Castro, 2007)
-Os irmáns de América. As pegadas da emigración do Valadouro na Habana (Laiovento, 2021).

A Revolución Galega de 1846
Nos sucesos de abril de 1846 xúntanse dúas tradicións políticas que nos axudan a albiscar na súa xusta medida estes acontecementos. O liberalismo progresista e o galeguismo provincialista que  vai por a Galiza no centro da reivindicación política.
O carácter que adquiriu a revolución de 1846 implicou un salto cualitativo do soberanismo en Galiza, que agromaba cun carácter progresista e galeguista, opoñéndose á colonización do país e reivindicando a súa unidade administrativa (nunha soa provincia) tal como se constata nas proclamas da Xunta Suprema. Esta editou tres números do periódico “Revolución”. Saíu o primeiro número o 17 de abril, e nel afírmase: “Galiza arrastrando ata aquí unha existencia oprobiosa, convertida nunha colonia da Corte, vaise levantar desta humillación e abatemento. Esta Xunta, amiga sincera do país, consagrarase constantemente a engrandecer o antigo reino de Galiza (...) galegos contando co voso apoio logrará –a Xunta- que a nosa provincia sexa temida e respectada”.
Cómpre lembrar que este levantamento precede aos que en 1848 van abranguer gran parte de Europa, e nos que cuestión nacional e social son a bandeira de loita nas barricadas. Será a chamada Primavera dos Pobos, unha onda de revolucións populares, liberais e nacionalistas, que se espallará por toda Europa.
Todo comezou o 2 de abril cando se pronunciou en Lugo o segundo batallón do Rexemento de Zamora baixo o mando de Miguel Solís.  Axiña se sumarían ao levantamento Compostela, a onde se dirixiron as tropas de Solís, e días despois fixérono tamén Pontevedra, Vigo e Tui. Mentres que as tropas con base na Coruña se convertían no centro do apoio ao goberno xunto con Ferrol e Ourense.
O 15 de abril constituíase en Compostela a Xunta Suprema do Goberno da Galiza, da que era nomeado presidente Pío Rodríguez Terrazo e secretario Antolín Faraldo. Segundo a proclama da Xunta Central Galega, de 15 de abril de 1846, con este movemento “llegará a conquista Galicia la influencia de que es merecedora, colocándose en el alto lugar a que está llamado el antiguo reino de los Suevos”.
O día 23 de abril, comezou a decisiva “batalla de Cacheiras“, nas aforas de Compostela, entre as tropas sublevadas e o poderoso exército enviado polo goberno ao mando de La Concha (seis batallóns de infantaría con 2700 soldados, artillaría e 300 cabalos). A grande superioridade das tropas de La Concha fixo inútil a resistencia dos sublevados, tiveron que retirarse cara a cidade onde disputaron palmo a palmo as rúas de Compostela, o mosteiro de San Martiño Pinario converteuse no último reduto duns 2.000 revolucionarios, até que remataron as municións.
As rúas de Compostela dan testemuña de relevantes sucesos do levantamento galego de 1846, pois foi unha das cidades protagonista dos sucesos, o lugar onde se instalou a Xunta central e onde todo rematou.
0 Comentários

arquivo do patrimonio oral da identidade. museo do pobo galego. visita guiada

10/4/2024

0 Comentários

 
Fotografia

No Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI)  gardamos e poñemos a disposición das persoas (presencialmente e no noso sitio web http://apoi.museodopobo.gal/ ) os rexistros sonoros orixinais de música tradicional galega e patrimonio oral de Galicia que alberga o Museo do Pobo Galego. Estes fondos foron recollidos por todo o país (e nas terras de emigración) a ducias de informantes, por coleccionistas e compiladores que continúan crecendo ata o día de hoxe.
Na visita do martes 16 de abril poderedes coñecer deste arquivo polo miúdo, da man da súa coordinadora. Falaremos das súas características principais, dos fondos que contén, do proceso que se segue para poñelos a dispor das persoas usuarias e poderemos ver e escoitar exemplos das pezas que alberga. Tamén  visitaremos as instalacións físicas do arquivo e algún dos seus fondos senlleiros.
0 Comentários

    Arquivos

    Junho 2025
    Maio 2025
    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.