Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

Ao redor da novela de Lois Diéguez As voces amadas

29/4/2023

0 Comentários

 
Fotografia
A Agrupación Cultural O Galo convídate ao acto ao redor da novela de Lois Diéguez As voces amadas.
Podes asistir acompañad@.
Interveñen: Mercedes Espiño (profesora xubilada), Xulio Lago (director teatral), María Barcala (actriz) e Lois Diéguez (autor).
Lugar: Libraría Couceiro, praza de Cervantes, sendo proxectado un audiovisual.
Data: Mércores, 3 de maio de 2023.
Hora: 19:00 horas.
Aconséllase chegar cuns minutos de antecedencia.
Fotografia
0 Comentários

Debate das Eleccións Municipais para o Concello de Santiago

22/4/2023

0 Comentários

 
Fotografia
A Agrupación Cultural O Galo convídate ao debate sobre as eleccións municipais ao Concello de Santiago, ao que están convidados e convidadas, tendo confirmado a súa asistencia os e as cabezas de lista das catro forzas políticas con representación municipal.
Podes asistir acompañad@.
Lugar: Salón de Actos do CSC do Ensanche.
Data: Mércores, 26 de abril de 2023.
Hora: 20:00 horas.
Aconséllase chegar cuns minutos de antecedencia.
0 Comentários

Adiamento da palestra de Xusto Beramendi, “1846, sementes con futuro”

18/4/2023

0 Comentários

 
A Agrupación Cultural O Galo, por motivos de saúde inesperados do relator, Xusto Beramendi, vémonos na necesidade de adiar a palestra “1846, sementes con futuro” prevista para este xoves, sine die. Lamentamos inmenso. Informaremos cando teñamos acertada unha nova data, co propio relator e o Museo do Pobo Galego. Desculpa as molestias.
0 Comentários

Roteiro "O levantamento de 1846 en Compostela"

15/4/2023

0 Comentários

 
Fotografia
Resumo
As dúas almas do levantamento de 1846 en Galiza
 
Entre o 2 e o 26 de abril de 1846 un levantamento civil e militar abalou Galiza. Mais, como denominalo? Os nomes co que foi definido varían segundo a persoa que os ten analizado: levantamento? Pronunciamento? Revolución? Coidamos que todos son válidos, só é cuestión de perspectiva. O que non podemos negar é que no seo do movemento de abril de 1846 participou a primeira xeración galeguista: a denominada como provincialista.
Efectivamente, cremos que nos sucesos de abril de 1846 xúntanse dúas tradicións políticas, non necesariamente opostas entre si, que son as que axudan a apreixar na súa xusta medida estes acontecementos. Foi, en primeiro lugar, un pronunciamento progresista, ao igual que outros moitos pasados e outros tantos vindeiros. Seguiu o esquema clásico: un corpo de exército que se subleva en favor do liberalismo máis avanzado, uns militares que actúan coma caudillos políticos, mais que como membros dunha corporación militar. Formáronse despois as xuntas gobernativas, desde as localidades até a central galega –que tivo a Compostela como sede–. Pero foi, en segundo lugar, a proba de lume dos provincialistas, vencellados ao liberalismo progresista, que non dubidaron en xuntarse ao levantamento, para levar adiante o programa progresista, si; mais tamén para pór a Galiza no centro da reivindicación política. Porque, segundo a proclama da xunta central galega, de 15 de abril de 1846, con este movemento “llegará a conquista Galicia la influencia de que es merecedora, colocándose en el alto lugar a que está llamado el antiguo reino de los Suevos”. É aquí onde podemos atopar a nosa revolución.
Insistimos en que non debemos ver estas dúas almas políticas como separadas, nin sequera representadas por persoas diferentes: o galeguismo nace no seo do liberalismo español máis avanzado, a mesma xunta central galega, na proclama mencionada, escribía “Que la espada de Galicia haga inclinar una sola vez la balanza en que se pesan los destinos de España”. O protagonismo de Galiza no levantamento de 1846 foi claro e del xurdiu unha tradición política que chega aos nosos días: o nacionalismo galego.
O fracaso do movemento de 1846 creou tamén a épica da derrota: os mártires de Carral foron elevados á categoría de heroes polo galeguismo posterior, lembrados xa unha década despois no banquete de Conxo (1856). Que maior paradoxo podemos sinalar que o feito de que o movemento galeguista asumise como propios uns mártires que non eran galegos de nacenza? O galeguismo naceu da liberdade, independentemente de quen a proclamase e defendese.
As rúas de Compostela dan testemuña de relevantes sucesos do levantamento galego de 1846, pois foi unha das cidades protagonista dos sucesos, o lugar onde se instalou a Xunta central e onde todo rematou.
 
Descrición do roteiro:
 
Primeira parada: colexio de Fonseca.
Sede da Xunta de Santiago no levantamento de 1846
 
Segunda parada: Praza da Quintana.
Placa conmemorativa do Batallón literario.
 
Terceira Parada: Casa da Parra.
Sede da imprenta de José Núñez Castaño.
 
Cuarta Parada: rúa da Acibechería.
Sede da imprenta dos Compañel.
 
Quinta parada: San Martiño Piñario
Sede da Academia Literaria de Compostela.
Punto final do levantamento de 1946 (mártires de Carral).
 
Sexta parada:
Casa de Manuel Murguía (praza do Campo/Cervantes), que coincide cunha parada do roteiro dedicado a Manuel Murguía, testemuña dos acontecementos de 1846.
 
Prudencio Viveiro Mogo
Breve CV Prudencio Viveiro Mogo
O Valadouro, 1974. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1992-1997). Grado de licenciado coa tese de licenciatura Os comezos da Administración liberal na provincia de Lugo (2000). Diploma de Estudos Avanzados no programa de doutoramento “Estudos Contemporáneos” da Universidade de Santiago de Compostela (1998-1999).
É autor dos seguintes libros:
  • Política, eleccións e fidalgos. O réxime do Estatuto Real na provincia de Lugo, 1834-1836 (Ediciós do Castro, 2004),
  • O Estatuto galego durante a II República (Ediciós do Castro, 2007)
  • Os irmáns de América. As pegadas da emigración do Valadouro na Habana (Laiovento, 2021).
Membro do consello editorial de Murguía, Revista Galega de Historia.
Membro do consello de dirección de Edicións Laiovento.
Traballa no Consello da Cultura Galega.
Para máis información sobre as publicacións de Prudencio Viveiro Mogo:
http://publicacionsprudencioviveiromogo.blogspot.com/
0 Comentários

Palestra “1846, sementes con futuro” por Xusto Beramendi

15/4/2023

0 Comentários

 
Fotografia
Resumo
A longa evolución, de máis de 180 anos, do movemento ideolóxico e político que ten a súa última manifestación no nacionalismo galego actual iníciase en 1840-1846 en forma de provincialismo, en paralelo co seu homónimo catalán e co fuerismo vasco. Formado inicialmente por un reducido número (entre 70 e 80) de universitarios, profesionais e algún militar, maioritariamente de clases medias e moi concentrado en Santiago, politicamente case todos eles apoiaban ao partido progresista español en cuxo seo empezan a formar unha tendencia ideoloxicamente diferenciada.
Os principais carácteres específicos desta primeira manifestación do galeguismo político son: facer de Galicia o centro do seu ideario sen por iso renunciar de momento a asumir a nación española na política estatal; establecer os primeiros fundamentos do futuro concepto de nación galega, para o que introducen o historicismo como vía de demostración da súa existencia, asumen a tese da orixe celta dos galegos, empezan a defender a lingua, a cultura e etnicidade autóctonas e dan os primeiros pasos do rexurdimento literario que se consolidará despois; promover unha prensa provincialista tan numerosa como inestable coa que difunden as súas posturas; e reivindicar un maior peso político de Galicia no concerto peninsular.
No plano político, non forman organizacións propias senón que actúan sempre encadrados no progresismo español, tanto nas xuntas de 1843 como sobre todo no pronunciamento de abril de 1846. Neste último, mentres o brazo militar é puramente progresista, os provincialistas teñen xa unha importante presenza na súa estrutura civil, presenza que deixa unha clara pegada galeguista nos manifestos da Xunta revolucionaria (“Galicia, colonia da Corte”) da man principalmente de Antolín Faraldo, o seu ideólogo maior. O fracaso do alzamento e o fusilamento de Solís e os seus oficiais en Carral foron convertidos pola xeración seguinte no fito fundacional do que andando o tempo, logo de pasar polas fases provincialista e rexionalista, acabará sendo dende 1918 o nacionalismo galego.
Breve CV Xusto Beramendi
Catedrático emérito de Historia Contemporánea da USC, da que foi vicerreitor (1990-1994). Cofundador do Museo do Pobo Galego, presidiu a súa Xunta Rectora (2000-2011) e o seu Padroado (2011-2022). Participou na creación das revistas Teima (Santiago, 1976), Negaciones (Madrid, 1977), A Trabe de Ouro (Santiago, 1990) e Tempos Novos (Santiago, 1997), así como da Fundación Castelao. Foi director da sección de Pensamento Político da Fundación Vicente Risco e é  membro da Fundación Losada Diéguez. Recibiu o Pedrón de Ouro (2008), os premios Nacional de Ensayo (2008), Losada Diéguez de Investigación (2008), AELG de Ensaio (2008), da Crítica de Galicia en Investigación (2008) e Galiza Mártir (2009) e a Medalla Castelao (2017).
Especializado en historia das ideoloxías e dos nacionalismos, publicou entre outros moitos libros, artigos e capítulos de libros Miseria de la Economía (1974) con E. Fioravanti, Vicente Risco no nacionalismo galego (1981), Galicia e a historiografía (1993), Ethnos versus Polis? On method and nationalism (1994), Manuel Murguía (1998), Alfredo Brañas no rexionalismo galego (1998), La historia política: algunos conceptos básicos (1999), La España de los nacionalismos y las autonomías (2001) con J.L. Granja y P. Anguera, A autonomía de Galicia (2005), A transición en Galicia (2007), A Galicia autónoma (2007), De provincia a nación. Historia do galeguismo político (2007) e Historia mínima de Galicia (2016). Ademais é autor ou coautor das edicións críticas das obras de Antón Losada Diéguez (1985), Ramón Villar Ponte (1990), Lois Peña Novo (1994), Alfonso R. Castelao (2000) e Vicente Risco (2001). Organizou e coeditou as actas dos congresos Nacionalismos y regionalismos en la España de la Restauración (1983), Castelao (1986), Los nacionalismos en la España de la Segunda República (1988), Nationalism in Europe: Past and Present (1993), Memoria e Identidades (2004), Poder y Territorio en la España del siglo XIX. De las Cortes de Cádiz a la Restauración (2012) e Repensar Galicia: as Irmandades da Fala (2017).
0 Comentários

Concerto de LaMontagne & PicoAmperio

15/4/2023

0 Comentários

 
Fotografia
A Agrupación Cultural O Galo como integrante da Rede da GaliLusofonia convida-te à atuação do grupo musical LaMontagne & PicoAmperio.
Vai ser um concerto com bilhete gratuíto ao que podes assistir acompanhad@.
Lugar: Bar Riquela, rua do Preguntoiro.
Data: Terça-feira, 18 de abril de 2023.
Hora: 20:30 horas.
Chegar com 15 minutos de antecedência.
0 Comentários

    Arquivos

    Maio 2025
    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.