Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

40 anos do carrabouxo. exposición

29/11/2023

1 Comentário

 
Fotografia
O vindeiro martes, 5 de decembro inauguramos a exposición 40 ANOS DO CARRABOUXO.  Será no Centro Sociocultural do Ensanche ás 19,30h.
Para abrir a mostra contaremos co autor, Xosé Lois González Vázquez,   máis coñecido como O Carrabouxo, que realizará unha pequena visita guiada á  exposición, respostará ás preguntas dos asistentes e asinará publicacións da súa obra.
A mostra, que estará aberta até o 5 de xaneiro,  percorre  catro décadas a través dunha viñeta seleccionada polo autor por cada un dos anos publicados, desde 1982 até este 2022.
Xosé Lois pasou a súa infancia en Osmo (Cenlle), ata que aos dez anos muda para Chantada. Estudou na universidade laboral de Zamora e fixo a carreira de telecomunicacións en Alcalá de Henares. Traballou como xefe provincial de Telecomunicacións en Ourense ata a súa xubilación en 2009, labor que compartía coa súa faceta de humorista gráfico. Foi membro da directiva da Agrupación Cultural Auriense e presidente deste colectivo durante 13 anos.
Colabora con regularidade nos xornais La Región de Ourense e Atlántico Diario de Vigo e tamén na revista Tempos Novos e o semanario A Nosa Terra, coa publicación de viñetas do Carrabouxo, personaxe co que comparte o pseudónimo.
Publicou numerosos libros, entre eles: 20 anos de Carrabouxo,  400 Carrabouxos máis, Carrabouxos 90 ou Carrabouxos 90. Tamén participou tamén en numerosas publicación colectivas.
Recibiu a Medalla Castelao en 2008 e no 2013 o premio Bo e Xeneroso da AELG.
1 Comentário

November 24th, 2023

24/11/2023

0 Comentários

 
0 Comentários

visita ao panteón real

20/11/2023

0 Comentários

 
Fotografia
0 Comentários

cresconio e diego peláez. Dous bispos irienses DO S. xi.

12/11/2023

0 Comentários

 
Fotografia





​

XOSÉ MIGUEL ANDRADE CERNADAS (A Coruña, 1963) É catedrático de Historia Medieval na Universidade de Santiago. Boa parte das súas investigacións están dedicadas ao protagonismo do monacato na sociedade da Galiza alto e pleno medieval. Tense ocupado doutros temas como o Reino medieval de Galiza, as peregrinacións a Compostela, o mundo dos preitos e da resolución de conflitos ou a historia da alimentación na idade media. Así mesmo ten participado en congresos e xuntanzas científicas e publicado artigos e libros sobre o medievo na nosa Terra.

Na palestra do mércores 15 de Novembro de 2023, ás 19:30 horas, na aula 8 da Facultade de Xeografía e Historia, X. Miguel Andrade Cernadas, falará sobre CRESCONIO E DIEGO PELÁEZ, DOUS BISPOS IRIENSES DO SÉCULO XI.
​
Un excomungado polo Papa. Outro, deposto e encarcerado por un rei. 
Foron dous bispos poderosos, ao fronte da igrexa mais influínte e poderosa de Galiza que, en moitos aspectos, anuncian e anticipan o episcopado máis coñecido e famoso da Galiza medieval: o de Diego Xelmírez. Os dous, bispos guerreiros. Os dous, señores feudais. Os dous, protagonistas políticos de primeiro nivel e estreitamente  relacionados coa monarquía. Ambos ao fronte dunha sé que comeza ser meta de peregrinacións e a ter sona internacional crecente.
Nas súas semellanzas, e nas súas diferenzas, imos centrar a nosa intervención, pois focalizarémola na vida e na obra destes dous prelados, símbolo da poderosa e influínte Galiza do século XI.
0 Comentários

AURICHU

6/11/2023

1 Comentário

 
Hai uns días finou Aurichu, Aurora Pereira Carballo, socia fundadora do Galo. Por iso o Galo entoa o seu cocorocó.
Fotografia
A Xunta Directiva da Agrupación Cultural O Galo de Santiago, quere manifestar, en nome de toda a asociación, o seu fondo pesar polo seu pasamento e dar o pésame á súa familia e amizades.
Aurichu era unha muller comprometida coa nosa cultura, boa compañeira e mellor amiga. Persoa moi querida e valorada por todos nós. Xenerosa e entusiasta, a  súa casa era un lugar de reunión para a intelectualidade galega durante o franquismo e a chamada transición.
A ela debemos o nome da nosa asociación, pois foi ela quen o propuxo inspirada na lectura don poema homónimo de Luís Amado Carballo. No poema pídeselle ao galo que abra as portas do día co seu cantar e que acenda unha fogueira co lume do seu voo.  E alí, nese ano 1961, xa estaba Aurichu Pereira disposta a avivar un lume novo, a botar unha man e con ideas novas facer realidade os proxectos da nosa asociación. O seu traballo foi constante e calado e sempre implicado coa actividade sociocultural do país.
A súa tenda foi un referente para toda Galiza, trouxo un aire fresco, mestura de tradición e contemporaneidade. A través dela,  Aurichu, visibilizou e axudou a revalorizar a artesanía tradicional galega . Ademais, nela podías mercar pezas da cultura popular de todo o mundo: da India, Marrocos, México, Portugal, Mongolia ou de Brasil e toda América do Sur. Foi a primeira tenda en vender roupa étnica que traía das súas viaxes a París e Londres, tecidos artesanais de lá e liño procedentes da Galiza interior e o Bierzo, ademais de roupa que ela mesma deseñaba, inspirándose en Matisse , Picasso ou Candinsky ou na arte popular da nosa Terra,
Na súa tenda da rúa Xelmírez, tamén había pezas de xoiaría e decoración tanto de estética tradicional como realizadas polas novas xeracións de artistas. Nela nunca faltaban mantas das nosas teceláns e pezas de Niñodagia, Gundivós, Buño, Bonxe e Mondoñedo, xunto a outras de madeira, folla de lata, oso, corda ou cunchas, tanto de Galiza como doutras partes do mundo.
Ela popularizou aquí ceramistas como Mistério ou Rosa Ramalho, figuras emblemáticas da olaría tradicional portuguesa. Tamén gustaba de pintar, formouse con Carlos Maside e fixo con éxito numerosas exposicións.
1 Comentário

    Arquivos

    Junho 2025
    Maio 2025
    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.