Visita guiada: Petróglifos, arquitectura románica e popular e roteiro polo camiño real na contorna de Cotobade (Pontevedra).
Esta visita cultural estivo guiada polo profesor doutor en Historia Manuel Reboredo, quen ademais coñecía ben a zona por ser nado, criado e residir nela. O noso periplo comezou ás 16:30h na carballeira de S. Xusto (onde xantáramos) e rematou ás 21:30h. Percorrimos a pé uns 15 Km polo Camiño Real e por outros que eran atallos, o cal nos permitiu aforrar tempo e agradecer a sombra das árbores. Moitos dos camiños polos que transitamos eran case vieiros que nos facultou saber da existencia dun moi ben planificado entramado de redes de comunicación entre as aldeas de Cotobade. Outros eran case carreiros pero que nos deron a ocasión de observar de preto a flora, a vexetación, o que se cultiva nas poucas terras que aínda se labran para satisfacer o consumo familiar.
Así mesmo tivemos a oportunidade de apreciar e xustiprezar a súa fermosa e utilitaria, pero maltratada, arquitectura popular, coas súas construcións instrumentais adxacentes, dedicadas a gardar os excedentes da produción agraria que hai anos existía. Igualmente constatamos como nese concello bastante xente nova ergueu casas seguindo as tendencias da arquitectura contemporánea, ou restaurou as dos seus devanceiros para vivir nelas todo o ano. É un feito entendíbel se consideramos que alí teñen os servizos necesarios para residir habitualmente, a cidade de Pontevedra está preto e as estradas son boas.
Logo desta primeira camiñada, fomos en coche ata preto dun lugar afastado e difícil aceso. Nel atópase a Pedra das Ferraduras, cos seus petróglifos con cazoliñas, espirais, animais esquemáticos e deseños xeométricos que nos lembraron a obras da pintura vangardista do s.XX. Estes petróglifos dátanse entre o 2000 e os 1000 anos AC. apareceron hai como un decenio, pois antes só era visíbel un pequeno situado a unha distancia de 500m. do que hoxe en día é o núcleo principal.
Despois de escoitar o que nos explicou o guía e de facerlle bastantes preguntas, proseguimos coa nosa ruta indo polo Camiño Real, que aínda mantén tramos co pavimento medieval, e comprobando como á súa beira existen plantas autóctonas e sanadoras. Estivemos na Ponte Nova, restaurada e reforzada no s. XVIII, que ten unha considerábel altitude e ancho e un dos ollos de auga máis grande de Galiza. Foi chave para o comercio entre o sur e o centro da nosa Terra xa desde o s. XI, e nos seus arredores escondéronse moitos dos republicanos dos concellos veciños “fuxidos” a consecuencia da guerra de 1936-39. Era un bo sitio para agocharse, porque o Camiño Real era moi transitado e achanzáballes estar ao tanto do que ocorría e ter contacto con outros “fuxidos”. Por outra banda, o río actuaba cal elemento protector pois estes antifascistas vivían en varias das covas que el formara co paso do tempo, que contaban con entradas complicadas, e algunha con dúas saídas/entradas. Na actualidade están cubertas de vexetación moi espesa e polas pedras que arrastrou unha riada.
Unha vez vistos os bens culturais que acabamos de describir, tornamos a coller o coche para ir á igrexa de S. Xurxo de Sacos. Ollamos os seus teitos de madeira, o seu campanario de placas con pegada do barroco compostelán e o seu cemiterio con algunhas tumbas que reflicten as formas da arquitectura popular dese territorio pontevedrés, e quizais tamén, algo, do norte de Portugal. Este templo foi moi reformado a finais do s. XVII, pero quedáronlle dúas pequenas fiestras e unha cruz anteriores a esa centuria. No interior os retablos son de finais do s. XVIII e XIX.
Ao rematar de vela e, loxicamente, de ouvir as explicación do guía, seguimos a andar polo Camiño Real, e por outros, en dirección á igrexa románica de santa María de Sacos. A paisaxe foise abrindo e mostrándonos monte baixo e terras, antes de labor, nas que agora predominan as plantacións de eucaliptos e como no val bastantes agricultores volven a introducir e cultivar viñedos propios do noso país. Esta igrexa é orixe románica, no seu exterior ábrese unha porta rodeada por un arco de medio punto con dúas arquivoltas sen decoración e algo apuntadas o que nos fala do influxo da arte gótica. Neste pequeno templo rural, chamáronnos a atención os seus canzorros porque amosan unha iconografía historiada “tipicamente románica”, xa que os seus temas son fantásticos ou libidinosos. En especial sorprendeunos un canzorro no que aparece un home que se agarra os xenitais, un motivo que o noso grupo maioritariamente interpretou como unha alusión ao pecado de luxuria. E sobre todo captou a nosa atención a escultura que remata o edificio pois representa a un carneiro e a un lobo que sosteñen unha cruz. As lectura desta iconografía motivou un animado debate no que a conclusión máis apoiada foi que significaba que a cruz de Cristo está por derriba do ben e do mal e que a igrexa acolle a todo tipo de seres humanos.
Aquí finalizamos esta visita guiada a Cotobade, contemplando como se deitaba o sol e os distintos verdes das viñas.