Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Contacto
  • Faite soci@

a pegada de eugenio montero ríos en compostela

15/10/2020

0 Comentários

 
Imagem
A PEGADA DE MONTERO RIOS EN COMPOSTELA consiste nun percorrido, guiado polo arquitecto Pablo Costa, pola cidade de Santiago, seguindo a vida e as pegadas das grandes aportacións de Eugenio Montero Ríos á urbe, tratando de converter unha poboación degradada, ao mesmo tempo que a "remonumentalizaba", nun polo de referencia científica e complementario ao da súa obrigada referencia relixiosa.
A esencia do roteiro é visualizar a transición da cidade do século XIX ao XX através das obras conseguidas por Montero Ríos desde o goberno central en Madrid, obras que foron decisivas no despuntar de Compostela naqueles anos en que o noso prócer dispoñía dunha posición de influencia prestixiosa e consolidada nas altas xerarquías do estado.

Título: A PEGADA DE MONTERO RÍOS EN COMPOSTELA
Data: Mércores 28 de outubro de 2020
Hora de inicio: 17.30 horas
Punto de encontro: no xardín da intersección da Porta da Pena coas escadas do inicio da Costa Vella, onde hai un busto a Concepción Arenal.

PABLO COSTA BUJÁN, compostelano, é arquitecto superior e mestre industrial. Através de varios estudos contribuíu a que Compostela fose declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Foi profesor da USC e na Escola de Arquitectura de A Coruña; profesor da Escola Taller de Restauración do Patrimonio Artístico, Cultural e Natural de Santiago, e membro da Comisión Asesora do Patrimonio Histórico de Compostela.
Realizou estudos profesionais para distintas administracións públicas e entidades privadas en urbanismo, edificación administrativa, educativa, industrial ou residencial, sobretodo os vinculados con Galicia e con Compostela e a súa contorna.
Traballou en restauracións e rehabilitacións de monumentos compostelanos como a Casa da Balconada, o Museo de Terra Santa, o convento de San Francisco, A Casa da Parra, Santa María de Sar, Santa María do Camiño, Santa María de Conxo e o mosteiro das Mercedarias.
0 Comentários

o parque da alameda de compostela

2/10/2020

0 Comentários

 
VISITA INTERPRETATIVA AO PARQUE DA ALAMEDA: MÉRCORES 14 DE OUTUBRO DE 2020, ÁS 17.30 HORAS

Guiado pola bióloga Elvira Cienfuegos, o roteiro consiste nun percorrido pola Alameda, o parque máis antigo de Compostela. Árbores, plantas e paseos, fontes e esculturas, edificios e construcións varias conforman un parque de máis de oito hectáreas que empezou hai séculos e que foi sufrindo ampliacións, modificacións e cambios de uso, aínda que conservou o obxectivo inicial: servir para o esparexemento e o lecer. 
No percorrido polo parque, que se iniciará na entrada ao paseo central da Alameda (escultura das dúas Marías), faremos unha aproximación á súa evolución, ás súas características e aos seus elementos singulares: árbores senlleiras, banco acústico...

Hora de inicio: 17.30 horas
Punto de encontro: diante da escultura de As dúas Marías, inicio da Alameda.

As reservas serán por rigorosa orde de inscrición, por mor do restrinxido número marcado polas normas COVID actuais. Para realizar estas actividades cómpre adaptarse ao actual protocolo Covid-19, polo que será obrigatorio o uso de máscara e manter a distancia de seguridade.

Imagem
0 Comentários

á descuberta do río sarela

2/10/2020

0 Comentários

 
Imagem








































Logo desta longa tempada de "ausencia e de confinamentos", retomamos a nosa habitual actividade  propoñendo un PERCORRIDO: Á DESCUBERTA DO RÍO SARELA para o mércores 30 de setembro de 2020, guiado pola bióloga Elvira Cienfuegos.
O roteiro consiste nun paseo explicativo pola beira do río desde a Ponte do Romaño até a Ponte Sarela. Son menos de 5 km de camiñada a carón do tramo medio do río, un río vivo e cambiante, que conserva memoria do pasado recente (muíños, curtidurías, pontes...) e con valores ambientais e sociais que cómpre coñecer e recoñecer.
Hora de inicio: 17.45 horas
Punto de encontro e de inicio da ruta: Ponte do Romaño (até alí hai bus urbano: L4).
Paradas de descanso e explicacións na contorna dos principais lugares polos que pasa o percorrido: A Pontepedriña de Arriba (Ponte dos Tres Ollos), Casal de Horta, Lermo, a ponte do Asén, a ponte do Carme de Abaixo.
Punto de fin da ruta: Ponte Sarela ou Carballeira de San Lourenzo.
Hora prevista de remate: Sobre as 19,30 h
Aínda que a dificultade da rota é baixa, convén levar roupa axeitada para camiñar sobre terra e para o tempo meteorolóxico.





0 Comentários

VII convivio da cultura galega en outeiro de rei

2/10/2020

0 Comentários

 
Imagem
0 Comentários

san simón, a illa da memoria. 19 de xullo de 2020

2/10/2020

0 Comentários

 
Homenaxe Nacional ás Vítimas do Franquismo en San Simón 2020

“Toda alternativa política é lexítima dentro do respecto aos Dereitos Humanos e á defensa da igualdade de todas as persoas, titulares deses dereitos sen ningún tipo de exclusión. Dentro dese marco todo é discutíbel, fóra del só queda o fascismo fronte ao que ninguén debe facer concesións”, dicía o manifesto lido no acto da illa de San Simón.
En nome da Iniciativa Galega pola Memoria, Queta Molas e Telmo Comesaña tiveron unhas palabras de lembranza para Antonio Nores, Pepe Francés, Chato Galante, Elvira Varela Bao, Margarita Caballero, Argimira Sánchez Valado e Mariquiña Villaverde, que ata o seu pasamento mantiveron acesa a chama da memoria das vítimas do golpe.


Este ano só houbo un único barco para trasladar a 30 persoas á illa e alí facer un acto simbólico no que os representantes de diferentes colectivos e as asociacións que conforman ou apoian a IGM amosaron o seu rexeitamento ao auxe do fascismo co lema: Fascismo nunca máis!.

Imagem
0 Comentários

alba de groria no pico sacro

2/10/2020

0 Comentários

 
lba  de  Gloria, 18 de xullo de 2020

Conmemoración simbólica no cumio do Pico Sacro

Un ano máis as asociacións O Galo e Vagalumes, que vimos organizando a lectura do Alba de Gloria no seo da Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura, queremos manter este acto de lembranza do discurso de Castelao sobre a nosa historia e a nosa tradición cultural.
A Federación Galiza Cultura leva a cabo a conmemoración deste acto desde que no 2011 se conmemorou o 125 aniversario de cando Castelao, quen acudiu até o Pico Sacro no 1924, xa refuxiado en Arxentina, simbolicamente volveu a este cumio ao escribir en Bos Aires Alba de Gloria.

En 2020, como sempre, subiremos ao Pico Sacro o sábado antes do Día da Patria Galega, que este ano cadra no 18 de xullo, e farémolo ás 12:30h. O discurso de recepción vaino realizar a escritora Yolanda Aldrei e despois, no curuto do monte, lerán os representantes das asociacións o texto da Alba de Gloria. Ao remate, iremos xantar ao ar libre na carballeira de Sucira, para o cal quen desexe participar ten que traer a comida da casa.

Por mor do COVID-19, o acto será restrinxido a unha representación reducida das asociacións culturais de Galiza Cultura, motivo polo cal pregamos a confirmación no caso de asistir persoas (dúas como máximo) que representarían a súa asociación. Lembrade que é imprescindíbel traer máscaras protectoras.

¡Saúde e sorte a todas e todos!

Imagem
Imagem
0 Comentários
    Imagen

    O Galo

    Agrupación Cultural que traballa pola nosa cultura

    Arquivos

    Junho 2022
    Maio 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Haz clic aquí para editar.

    Categorías

    Todos

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem

Proudly powered by Weebly