Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

Alba de Gloria 2022. Pico Sacro

6/7/2022

0 Comentários

 
Imagem

​Este vindeiro sábado, 23 de xullo de 2022 ás 12 horas, un ano máis a AC O Galo celebra a lectura do Alba de Gloria de Castelao no cumio do Pico Sacro. Con esta lectura lembramos a subida a este monte que fixo Castelao cun grupo de amigos, algúns deles integrantes das Irmandades da Fala. O Alba de Gloria está considerado un dos máis fermosos textos da literatura galega e do noso grande político e artista, téndoo escrito no seu exilio de Buenos Aires.
Desta maneira, ficas convidad@ a asistir á lectura do Alba de Gloria, así como aos actos que levaremos a cabo ao seu remate, non precisando inscrición previa, podendo vir acompañad@ de quen quixeses.
O programa do día:
12:00 horas, benvida aos asistentes a cargo da escritora Adela Figueroa.
12:45 horas: Subida do último treito do Pico Sacro (doado de facer), para ler o Alba de Gloria de Castelao. Ao baixar visitaremos á cova da Raíña Lupa.
14:45 horas: Xantar de convivio a carón do mosteiro de Carboeiro. Cada quen levará a súa comida, bebida e toalla de mesa.
17:30 horas: Visita dirixida por Isabel Somoza ao cenobio de Carboeiro.
18:30 horas: Roteiro botánico pola contorna do mosteiro (percurso de 1,5 quilómetros, sen dificultade).
19:15 horas: Visita á ponte do Demo, guiada pola Agrupación Cultural o Galo.
19:45 horas: Posibilidade de achegarse até a fervenza do Toxa. Fica a 5 quilómetros da ponte do Demo. Non se garante que a auga da fervenza sexa un espectáculo como no inverno.
Podes asistir ao acto do Pico Sacro e non poder ás actividades posteriores, sen que exista ningún problema.
Imagem
Adela Figueroa Panisse, nascida em Lugo, viveu em Pontevedra, onde desenvolveu a maior parte do seu labor profissional, (catedrática reformada de Biologia e Geologia).
Participou, como professora nos Movimentos de Renovação Pedagógica.
Participou no Encontro da Unificação Ortográfica (Rio de Janeiro) convidada pela Academia de Ciências e Letras do Brasil. Foi co-fundadora da AS-PG, e da Revista do Ensino, da que foi Directora. Também participou na fundação de ADEGA ( Associação para a defesa ecológica da Galiza).
Foi membro da ISSOL (Associação Internacional para a investigação das origens da vida).
Trabalhou na Universidade do Minho (Braga) no Departamento de Química Pura e Aplicada, com o Dr Hernâni Maia, e no Instituto da Educação, com o Dr Elias Blanco como bolseira do Instituto de Língua e Cultura Portuguesa.
Colaboradora do Colexio Oficial de Biólogos de Galiza e da Asociación de Ensinantes en Ciencias de Galiza (ENCIGA).
Ten trabalhado para UNICEF no departamento de “Educación para o Desenvolvimento”.
É máster de “Educación Ambiental” pela “UNED-Fundación Universidad Empresa”
Participou activamente na Plataforma “Nunca Máis” de Lugo.
Foi Presidenta de ADEGA entre o 2005 e 2010. Continua a trabalhar nesta organização como vogal.
Foi Presidenta da Fundación Eira entre o 2007 e 2021, que administra os bens e actividades da Eira da Xoana. Vogal do Galo nos anos 60 quando era estudante em Compostela.
En colaboração com Celsa Sánchez Váquez elaboração dos “Xogos Educativos: Loita contra o Lume” e Paneis Educativos de “Educación Ambiental”, editados pela Xunta de Galiza .Têm publicado diversos livros de texto(Editorial ECIR).
Criatividade: “Vento de Amor ao Mar” 2005, “Xanela Aberta” 2008 na Editorial O Castro (poesia). Memoria de Pés Sem Sombra Ed. Fundacion Eira. Numerosas colaborações em coletivos poéticos, quer de Brasil, Portugal Galiza ou Espanha.
20011: Madeira de Mulher, de relatos en chave feminina. Ed. O Castro. Atlântidae: Mulher D’Água Ed. Fundacion Eira. Novela: As Mulheres da Casa da Bouça da Roupa estendida (Laiovento), O Rei da Floresta de contos infantis. Misterio da Escada Interior (Ed. O Castro), Gotas Prémio de Teatro infantil o Facho (Ed, Novembro).
Colabora coa Revista de Poesia do Concello de Lugo Xistral, e com outras obras coletivas como Entolearte, Literarte, O Melhor de Mim, Poesias Escolhidas, Elas São  de Marte, Da Editorial Poesias Escolhidas do Brasil,e outras obras colectivas de poesia e revistas culturais Galaico Portuguesas, Como Poetas da Raia, Caminhos da Poesia, Cultura sem Fronteiras. Revista Arenal de Cultura, Sada. Corga. (1ª premio de relatos) Premio de Poesia do Colegio Oficial de Spicologia de Galiza (2018) Premio de Poesia El progreso de Lugo 2020. Também noutras publicações como Nós diario com artigos de Ecologia, Portal galego da Língua. Mundo Galiza, Sermos Galiza, Praza Publica, etcétera.
0 Comentários

Homenaxe ás Vítimas da Represión Franquista

3/7/2022

0 Comentários

 
Imagem
​Após dous anos sen posibilidade de viaxar á Illa de San Simón, a AC O Galo, como integrante da Iniciativa Galega pola Memoria (IGM), convida en exclusiva, só @s soci@s á Homenaxe ás Vítimas da Represión Franquista que decorrerá a mañá do domingo 17 de xullo de 2022.
Nesta actividade só poderán participar @s soci@s da AC O Galo, no que refire á visita e aos actos na Illa de San Simón. Porén poderán asistir á comida e á posterior visita guiada da tarde, un acompañante por cada soci@, sen que poidan viaxar nos barcos á Illa de San Simón.
O transporte até o porto de Santo Adrián de Cobres (lugar de saída dos barcos para San Simón), así como ás visitas da tarde corre por conta d@s asistentes, mais quen o faga de coche, teña lugares libres e non se importe de partillar o vehículo con outras persoas, a propia asociación agradecería que o faga saber enviando unha mensaxe para [email protected]. As persoas convidadas a viaxar desta maneira axudarán cos custos do transporte con 10 euros por persoa.
Para participar nesta actividade:
  1. Cómpre anotarse en comunicacion@ogalo.gal antes de 12 de xullo de 2022 ás 20:00 horas, sinalando o nome, os dous apelidos, o número do billete de identidade e o teléfono. Tendo en conta o número de prazas limitadas asignadas á asociación, estas serán para @s soci@s por orde de inscrición, até completar o total. @s soci@s que non obteñan praza para visitar a Illa, poderán participar, non obstante, na comida e nas actividades da tarde.ç
  2. Cada quen debe:
    • Viaxar polos seus medios (como xa se sinalou na cima) habendo aparcadoiro gratuíto no propio porto de Santo Adrián de Cobres. A saída dos barcos será entre as 9:00 e as 10:20 horas.
    • Cada persoa debe levar unha ou dúas pequenas flores.
  3. O día 13 ou 14 de xullo de 2022 serán realizadas as seguintes comunicacións:
    • Que soci@s contan con praza para visitar a Illa
    • Os datos das persoas que viaxarán nos coches doutros visitantes e os seus datos e as horas e os lugares desde onde sairán para Santo Adrián de Cobres. Á chegada ao porto serán entregados os billetes para viaxar nos barcos, que deberán conservarse para as viaxes, tanto de ida como de volta, sen poder mudar os horarios dos barcos.
Programación:
PRIMEIRA PARTE (pola mañá):
  1. Visita guiada á Illa de San Simón por volta das 11:00 horas.
  2. Acto central de Homenaxe ás Vítimas da Represión Franquista por volta das 12:30 horas. Este ano, para alén de homenaxear os presos na Illa, tamén serán lembrados @s que fixeron parte da guerrilla antifranquista, intervindo:
    • Tres asociacións que fan parte da Iniciativa Galega pola Memoria e un/ha convidad@.
    • Tod@s @s asistentes realizarán a ofrenda floral ás vítimas do campo de concentración de San Simón e de todos os campos de concentración que houbo na Galiza, que finalizará coa interpretación do himno galego e o regreso en barco a Santo Adrián de Cobre.
SEGUNDA PARTE (despois das 14:00horas):
  1. A partir desas horas sairase do porto de Santo Adrián para o lugar onde terá lugar a comida.
  2. Por volta das 14:30 horas comezará a comida e o convivio na que participarán tod@s @s asistentes.
  3. Por volta das 18:00 horas, visita guiada con roteiro á zona de Cerdedo-Cotobade a cargo de Manuel Reboredo, doutor en arqueoloxía pola USC e catedrático de Historia nun IES de Pontevedra, visitando os máis importante petróglifos dese concello, a arquitectura popular de Pedre e Filgueira e a centenaria carballeira de San Xusto, a súa capela e a fonte milagreira, á que se chegará camiñando (percurso curto e sen dificultade), onde poderemos cantar:
“Carballeira de San Xusto, carballeiriña dourada
Naquela carballeiriña perdín a miña navalla
INFORMACIÓNS IMPORTANTES:
  • Os coches sairán de Santiago puntualmente á hora acordada.
  •  Quen non chegue a tempo para embarcar non poderá facelo en ningún outro barco, por tanto, quedará no porto de Santo Adrián de Cobres. A Illa só poden viaxar catro barcos con 100 prazas cada un. Trátase das prazas autorizadas pola Xunta e Portos de Galiza, e repártense entre as asociacións de Iniciativa Galega pola Memoria e o persoal necesario para levar a cabo esta homenaxe.
  • Á Illa non poderán ir @s acompañantes d@s soci@s, que pola contra, si poderán participar no xantar e na visita guiada da tarde.
0 Comentários

Convivio da Cultura Galega

3/7/2022

0 Comentários

 
Imagem
0 Comentários

    Arquivos

    Junho 2025
    Maio 2025
    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.