Nesta actividade só poderán participar @s soci@s da AC O Galo, no que refire á visita e aos actos na Illa de San Simón. Porén poderán asistir á comida e á posterior visita guiada da tarde, un acompañante por cada soci@, sen que poidan viaxar nos barcos á Illa de San Simón.
O transporte até o porto de Santo Adrián de Cobres (lugar de saída dos barcos para San Simón), así como ás visitas da tarde corre por conta d@s asistentes, mais quen o faga de coche, teña lugares libres e non se importe de partillar o vehículo con outras persoas, a propia asociación agradecería que o faga saber enviando unha mensaxe para [email protected]. As persoas convidadas a viaxar desta maneira axudarán cos custos do transporte con 10 euros por persoa.
Para participar nesta actividade:
- Cómpre anotarse en comunicacion@ogalo.gal antes de 12 de xullo de 2022 ás 20:00 horas, sinalando o nome, os dous apelidos, o número do billete de identidade e o teléfono. Tendo en conta o número de prazas limitadas asignadas á asociación, estas serán para @s soci@s por orde de inscrición, até completar o total. @s soci@s que non obteñan praza para visitar a Illa, poderán participar, non obstante, na comida e nas actividades da tarde.ç
- Cada quen debe:
- Viaxar polos seus medios (como xa se sinalou na cima) habendo aparcadoiro gratuíto no propio porto de Santo Adrián de Cobres. A saída dos barcos será entre as 9:00 e as 10:20 horas.
- Cada persoa debe levar unha ou dúas pequenas flores.
- O día 13 ou 14 de xullo de 2022 serán realizadas as seguintes comunicacións:
- Que soci@s contan con praza para visitar a Illa
- Os datos das persoas que viaxarán nos coches doutros visitantes e os seus datos e as horas e os lugares desde onde sairán para Santo Adrián de Cobres. Á chegada ao porto serán entregados os billetes para viaxar nos barcos, que deberán conservarse para as viaxes, tanto de ida como de volta, sen poder mudar os horarios dos barcos.
PRIMEIRA PARTE (pola mañá):
- Visita guiada á Illa de San Simón por volta das 11:00 horas.
- Acto central de Homenaxe ás Vítimas da Represión Franquista por volta das 12:30 horas. Este ano, para alén de homenaxear os presos na Illa, tamén serán lembrados @s que fixeron parte da guerrilla antifranquista, intervindo:
- Tres asociacións que fan parte da Iniciativa Galega pola Memoria e un/ha convidad@.
- Tod@s @s asistentes realizarán a ofrenda floral ás vítimas do campo de concentración de San Simón e de todos os campos de concentración que houbo na Galiza, que finalizará coa interpretación do himno galego e o regreso en barco a Santo Adrián de Cobre.
- A partir desas horas sairase do porto de Santo Adrián para o lugar onde terá lugar a comida.
- Por volta das 14:30 horas comezará a comida e o convivio na que participarán tod@s @s asistentes.
- Por volta das 18:00 horas, visita guiada con roteiro á zona de Cerdedo-Cotobade a cargo de Manuel Reboredo, doutor en arqueoloxía pola USC e catedrático de Historia nun IES de Pontevedra, visitando os máis importante petróglifos dese concello, a arquitectura popular de Pedre e Filgueira e a centenaria carballeira de San Xusto, a súa capela e a fonte milagreira, á que se chegará camiñando (percurso curto e sen dificultade), onde poderemos cantar:
Naquela carballeiriña perdín a miña navalla
INFORMACIÓNS IMPORTANTES:
- Os coches sairán de Santiago puntualmente á hora acordada.
- Quen non chegue a tempo para embarcar non poderá facelo en ningún outro barco, por tanto, quedará no porto de Santo Adrián de Cobres. A Illa só poden viaxar catro barcos con 100 prazas cada un. Trátase das prazas autorizadas pola Xunta e Portos de Galiza, e repártense entre as asociacións de Iniciativa Galega pola Memoria e o persoal necesario para levar a cabo esta homenaxe.
- Á Illa non poderán ir @s acompañantes d@s soci@s, que pola contra, si poderán participar no xantar e na visita guiada da tarde.