Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

palestra "o mestre mateo e o pórtico da gloria"

19/12/2018

0 Comentários

 
Imagen
.    Libraría Couceiro, sábado 15.12.2018, celébrase unha palestra sobre "O Mestre Mateo e o Pórtico da Gloria" impartida polo Director Técnico - Conservador do Museo da Catedral de Santiago de Compostela.
Ramón Yzquierdo Peiró é Doutor en Historia da Arte pola Universidade de Santiago e cursou o  Mestrado en Xestión Cultural na Universidade da Coruña e o Mestrado en Interpretación do Patrimonio Cultural na Universidade das Illas Baleares.
Especializado en museoloxía e xestión cultural, desfrutou de bolsas de investigación do Ministerio de Cultura, da Xunta de Galiza e da Deputación da Coruña- Entre os anos 2014 e 2015, dirixiu a remodelación do Museu Diocesà de Mallorca.
Secretario técnico e documentalista na catedral compostelá, a partir de 2009 é Director Técnico – Conservador do museo desta basílica, centrando a súa tarefa na renovación deste museo e na conservación, investigación e difusión da súas coleccións artísticas, labor que reflectiu en diversas publicacións (libros, artigos etc...),  das que destacamos o estudo “Los tesoros de la catedral de Santiago”.
Asemade, asesorou e/ou formou parte da equipa de importantes mostras temporais. Directamente relacionada coa palestra que nos impartíu, Ramón Yzquierdo Peiró foi o comisario da exposición sobre o Mestre Mateo que, de novembro de 2016 até marzo de 2017, se celebrou no museo do Prado e que logo pasou ao Pazo de Xelmírez.
A AC. O GALO estálle moi agradecida, pola boa acollida e facilidades que sempre reciben as nosas propostas por parte do Museo da Catedral de Santiago.



Imagen
Público asistente á palestra na Libraría Couceiro de Compostela.

Imagen



Entre o anos 1168 e 1211, o xenial Mestre Mateo desenvolve na catedral compostelá un proxecto que supuxo a conclusión do templo románico, iniciado cara ao ano 1075, deseñando e realizando tamén a adaptación espacial e conceptual.




As dúas únicas referencias contemporáneas que existen sobre este personaxe clave na historia da arte aparecen a primeira n
un documento datado o 23 de febreiro de 1168, polo que se lle concedeu ao Mestre Mateo unha pensión vitalicia por parte de Fernando II de Galicia e León. A segunda referencia áchase na inscrición do 1 de abril de 1188 nos dinteis do Pórtico da Gloria, onde se deixa constancia de que Mateo dirixiu a obra “desde os alicerces”,

Imagen
O doutor en Historia da Arte e director do Museo da Catedral, Ramón Yzquierdo, nun momento da súa palestra.
0 Comentários

21 DE DECEMBRO: SOLSTICIO DE INVERNO 2018 na eira da xoana

17/12/2018

1 Comentário

 
VENRES 21 DE DECEMBRO
SOLSTICIO DE INVERNO 2018


En Ramil, Agolada, por noveno ano consecutivo, a Eira da Xoana celebrará o solsticio de inverno: o día 21, venres, a partir das 17 h.
Festexamos o triunfo da luz sobre as tebras e a chegada dun novo ano.
Recollendo a tradición dos clásicos e das avoas, haberá lume (tizón de Nadal), cea convivio (cada quen leva algo para compartir) e na sobremesa tronco de Nadal.
Tamén gozaremos de teatro, música, poesía… e a visita do Apalpador á xente miúda.
Contamos con vós, contamos contigo!  Até este venres, día 21!.

Imagen
1 Comentário

edición facsimilar de "os soños na gaiola" (Manuel María)

6/12/2018

0 Comentários

 
Imagen
O día 14 de decembro de 2018 ás 20 horas preséntase no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela o facsímil da 1ª edición do libro "Os soños na gaiola", a obra máis emblemática do poeta Manuel María, e que foi publicado en Lugo por Cartonajes ANMI en 1968. 
Este exemplar, do que se fai unha edición facsimilar, e que conta con múltiples correccións autógrafas do propio poeta, pertence á biblioteca de Manuel María, foi ilustrado por Reimundo Patiño (1936-1985), pintor e debuxante de banda deseñada, membro dos grupos A Gadaña e Atlántica. A súa personalidade trascende a pintura pois sempre estivo comprometido co nacionalismo galego, formando parte do grupo Brais Pinto, formado en Madrid con intelectuais galegos, ou mesmo no colectivo "Estampa popular galega", que pretendía difundir a arte en medios sociais aos que non lle é fácil chegar habitualmente.
A edición complétase cun estudo introdutorio de Montse Pena Presas, profesora da USC e especialista en literatura infanto-xuvenil.
O acto estará acompañado dunha actuación musical: a compostelana Coral Solfa interpretará poemas da autoría de Manuel María como O carro e O cuco de "Terra Cha" e O galo, O sol, A lúa, A fouce e O meu barco de "Os soños na gaiola".
A Coral Solfa, cuxo primeiro concerto público data do ano 2002, está formada por trinta persoas (sopranos, contraaltos, tenores e baixos). O seu repertorio musical
está constituído por obras de diferentes estilos, onde destacan as transcricións de temas populares galegos. Desde a Asociación Solfa promóvense e impúlsanse diversos concertos, intercambios culturais con outras agrupacións, bandas e corais.

Imagen
TEXTO DE DANIEL SALGADO do día 14 de  Xaneiro de 2018, publicado en SERMOS GALIZA:
Algúns dos poemas máis célebres da literatura galega atópanse nun libro humilde, cuxa primeira edición facturou un fabricante de cartóns para confitarías. Os soños na gaiola, de Manuel María, non só achegou a lingua a centos de cativas e cativos. Tamén inventou un xénero para o galego: a poesía infantil.
A fundación que custodia o legado do poeta vén de editar a obra na versión máis achegada a como a concibira por primeira vez hai medio século.
“É un libro moi rompedor. Naquela altura, ninguén lle daba importancia á literatura infantil”, expón Montse Pena Presas, profesora da Universidade de Santiago e autora do amplo estudo que acompaña a reconstrución editorial da Casa Museo de Manuel María. “Só había algunhas traducións de Xohana Torres en Galaxia, e unha obriña da propia Xohana”. O único escritor galego preocupado por achegar as letras á infancia nin sequera residía en Galiza: Xosé Neira Vilas.
Nas cartas que cruzaron, Manuel María explicáballe ao creador de Balbino o seu obxectivo. “Quería lembrar no poemario a súa infancia labrega”, di Pena Presas, “pero foi moito máis alá. Se só se tratase desa cuestión, o libro non se titularía así”. O poeta fala dun mundo entre reixas en que non se pode soñar libremente. E que inclúe Galicia, unha das súas composicións máis emblemáticas, suxeita a usos múltiples e maiormente políticos: “Galicia somos nós: / a xente e mais a fala. / ¡Si buscas a Galicia / en ti tés que atopala!”.
Mais o éxito de audiencia de Os soños na gaiola non foi inmediato. Escrito no outono de 1967, a  primeira edición correu a cargo de Cartonaxes ANMI, “unha empresa de cartóns para confitarías” propiedade de Ángel Gómez Camarón, natural de Medina del Campo e asentado en Galiza desde a República. A idea inicial do empresario, relata Montse Pena Presas, “era envíar o libro ás escolas polo Día das Letras [que se celebraba desde 1963], pero foise adiando e acabou como agasallo para os seus clientes”.
A relación de poeta e tan peculiar editor non acabou ben. Manuel María disgustárase pola escasa calidade da edición. A maiores, non incluíra as ilustracións que Reimundo Patiño imaxinara para os poemas, “seguramente por unha cuestión de orzamento”, e que agora recupera a Casa Museo. E, con todo, Gómez Camarón non desistiu do seu apoio á cultura galega naqueles tempos escuros e axudou a difundir Homenaxe a Otero Pedrayo e Retratos en tempos de pouca luz, ambos os dous de 1968, de Arcadio López Casanova, Dous contos, cinco cousas e mais un debuxo inédito (1970) de Castelao ou ¿E decímolo ou non o decimos? (1972), de Ánxel Fole.

Só cando o cantor Suso Vaamonde lle puxo música a 25 dos 49 textos do libro nun duplo elepé, os soños de Manuel María escaparon da gaiola. “O poeta usaba recursos estilísticos que convertía os poemas en doadamente memorizábeis”, considera a profesora Pena Presas, “verso curto, rima fácil... Estaban moi ligados á poesía popular”. A obra entrou nas escolas e alí ficaría para anos. Ducias de cartas remitidas polos estudantes ao poeta así o testemuñan.

Un dos últimos e máis rechamantes froitos da poesía infantil en galego foi o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil que o Ministerio de Cultura outorgou o pasado ano a Antonio García Teijeiro por Poemar o mar. “García Teijeiro sempre se confesa herdeiro de Manuel María”, recorda Montse Pena, tamén crítica especializada en literatura para os máis pequenos, “e aínda que agora a poesía infantil se entenda doutra maneira, Os soños na gaiola marcou un fito, non só pola pegada que deixou noutros escritores, senón tamén no lectorado que, desde finais dos 70, fomos atopándoo no colexio”.
A edición do 50 aniversario é a máis próxima posíbel ao proxecto orixinal. Non se trata exactamente da versión ilustrada que planeara Manuel María, porque esta non chegou a existir. É a reprodución facsimilar da publicada por Cartonaxes ANMI e debuxada a man por Reimundo Patiño como agasallo ao seu amigo poeta. Como quen celebra o que non puido ser.



0 Comentários

    Arquivos

    Maio 2025
    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.