Data: Mércores, 14 de abril de 2021 ás 19.30 horas
Lugar: Museo das Peregrinacións, Praza das Praterías. Santiago de Compostela.
Interveñen: Montse Fajardo, xornalista, autora do libro "A vida incerta. Biografía de Virxinia Pereira", editado polo Concello de Pontevedra, no ano 2020, e o historiador e investigador Xoán Carlos Garrido Couceiro.
Por mor da situación sanitaria do momento, as prazas son limitadas polo que se prega que enviedes a solicitude de inscrición ao correo electrónico [email protected] antes das 24.00 horas do venres 9 de abril de 2021, sendo total e absolutamente imprescindíbel que cada persoa que se anote indique nese apuntamento: nome, dous apelidos, número do DNI e teléfono, por mor das normas Covid.
A admisión será seguindo rigorosamente a orde dos correos recibidos e terán preferencia as persoas asociadas á AC. O Galo, as cales recibirán como agasallo un exemplar da biografía de Virxinia Pereira, da autoría de Montse Fajardo e editado polo Concello de Pontevedra, que se lles entregará aos socios e socias asistentes no acto do mércores 14 de abril.
É obrigatoria a asistencia con máscara e mantendo as normas de seguridad contra a Covid-19.