Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

Roteiro "O levantamento de 1846 en Compostela"

15/4/2023

0 Comentários

 
Fotografia
Resumo
As dúas almas do levantamento de 1846 en Galiza
 
Entre o 2 e o 26 de abril de 1846 un levantamento civil e militar abalou Galiza. Mais, como denominalo? Os nomes co que foi definido varían segundo a persoa que os ten analizado: levantamento? Pronunciamento? Revolución? Coidamos que todos son válidos, só é cuestión de perspectiva. O que non podemos negar é que no seo do movemento de abril de 1846 participou a primeira xeración galeguista: a denominada como provincialista.
Efectivamente, cremos que nos sucesos de abril de 1846 xúntanse dúas tradicións políticas, non necesariamente opostas entre si, que son as que axudan a apreixar na súa xusta medida estes acontecementos. Foi, en primeiro lugar, un pronunciamento progresista, ao igual que outros moitos pasados e outros tantos vindeiros. Seguiu o esquema clásico: un corpo de exército que se subleva en favor do liberalismo máis avanzado, uns militares que actúan coma caudillos políticos, mais que como membros dunha corporación militar. Formáronse despois as xuntas gobernativas, desde as localidades até a central galega –que tivo a Compostela como sede–. Pero foi, en segundo lugar, a proba de lume dos provincialistas, vencellados ao liberalismo progresista, que non dubidaron en xuntarse ao levantamento, para levar adiante o programa progresista, si; mais tamén para pór a Galiza no centro da reivindicación política. Porque, segundo a proclama da xunta central galega, de 15 de abril de 1846, con este movemento “llegará a conquista Galicia la influencia de que es merecedora, colocándose en el alto lugar a que está llamado el antiguo reino de los Suevos”. É aquí onde podemos atopar a nosa revolución.
Insistimos en que non debemos ver estas dúas almas políticas como separadas, nin sequera representadas por persoas diferentes: o galeguismo nace no seo do liberalismo español máis avanzado, a mesma xunta central galega, na proclama mencionada, escribía “Que la espada de Galicia haga inclinar una sola vez la balanza en que se pesan los destinos de España”. O protagonismo de Galiza no levantamento de 1846 foi claro e del xurdiu unha tradición política que chega aos nosos días: o nacionalismo galego.
O fracaso do movemento de 1846 creou tamén a épica da derrota: os mártires de Carral foron elevados á categoría de heroes polo galeguismo posterior, lembrados xa unha década despois no banquete de Conxo (1856). Que maior paradoxo podemos sinalar que o feito de que o movemento galeguista asumise como propios uns mártires que non eran galegos de nacenza? O galeguismo naceu da liberdade, independentemente de quen a proclamase e defendese.
As rúas de Compostela dan testemuña de relevantes sucesos do levantamento galego de 1846, pois foi unha das cidades protagonista dos sucesos, o lugar onde se instalou a Xunta central e onde todo rematou.
 
Descrición do roteiro:
 
Primeira parada: colexio de Fonseca.
Sede da Xunta de Santiago no levantamento de 1846
 
Segunda parada: Praza da Quintana.
Placa conmemorativa do Batallón literario.
 
Terceira Parada: Casa da Parra.
Sede da imprenta de José Núñez Castaño.
 
Cuarta Parada: rúa da Acibechería.
Sede da imprenta dos Compañel.
 
Quinta parada: San Martiño Piñario
Sede da Academia Literaria de Compostela.
Punto final do levantamento de 1946 (mártires de Carral).
 
Sexta parada:
Casa de Manuel Murguía (praza do Campo/Cervantes), que coincide cunha parada do roteiro dedicado a Manuel Murguía, testemuña dos acontecementos de 1846.
 
Prudencio Viveiro Mogo
Breve CV Prudencio Viveiro Mogo
O Valadouro, 1974. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1992-1997). Grado de licenciado coa tese de licenciatura Os comezos da Administración liberal na provincia de Lugo (2000). Diploma de Estudos Avanzados no programa de doutoramento “Estudos Contemporáneos” da Universidade de Santiago de Compostela (1998-1999).
É autor dos seguintes libros:
  • Política, eleccións e fidalgos. O réxime do Estatuto Real na provincia de Lugo, 1834-1836 (Ediciós do Castro, 2004),
  • O Estatuto galego durante a II República (Ediciós do Castro, 2007)
  • Os irmáns de América. As pegadas da emigración do Valadouro na Habana (Laiovento, 2021).
Membro do consello editorial de Murguía, Revista Galega de Historia.
Membro do consello de dirección de Edicións Laiovento.
Traballa no Consello da Cultura Galega.
Para máis información sobre as publicacións de Prudencio Viveiro Mogo:
http://publicacionsprudencioviveiromogo.blogspot.com/
0 Comentários



Deixe uma resposta.

    Imagen

    O Galo

    Agrupación Cultural que traballa pola nosa cultura

    Arquivos

    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.