A AC O Galo organiza para maio unha visita guiada á Rota do Románico Portugués na que apreciaremos a pegada do románico galego. Veremos os restos medievais do mosteiro de Dumio e explicarannos o papel crucial de seu bispo Martiño, o grande apoio do rei García á sé de Braga (que veremos) e a forte disputa entre Santiago (Xelmírez) e ese bispado. En Guimarâes iremos ao museo e explicarannos o rol dos galegos/as na independencia de Portugal, sobre cando estivo preso alí Fernando de Castro ou a razón de refuxiarse alí o rei Fernando I logo de fracasar no intento de ser rei de Galiza. Tamén nos explicarán o seu castelo e demais monumentos. Asemade visitaremos unha serie de igrexas do norte do país luso cun románico con clara pegada compostelá, un centro de interpretación desta etapa artística. Aproveitaremos para ver o castelo de Lanhoso e a citania de Briteiros. Por outra banda, veremos unha das zonas por onde en 1974 atravesaban os membros da PIDE para, vía Galiza, refuxiarse na España franquista e onde deixaban abandonados os seus terríbeis cans lobos. Será dirixida/ guiada por especialistas.
0 Comentários
Deixe uma resposta. |
Arquivos
Setembro 2024
A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.
|