Este coloquio-debate organízao a AC. O Galo con motivo das Eleccións Xerais de abril do 2019. Nel intervirán unha/un representante das forzas politícas que teñen, ou tiveron, presenza por Galiza nas Cortes Xerais do Estado nesta ou en anteriores lexislaturas. A este coloquio concorrerán BNG, Ciudadanos, En Común-Podemos, En-Marea, PP e PSOE, que enviarán como representante seu a un/unha d@s candidat@s que figuran nas súas listas para o Congreso ou para o Senado. Cada partido expoñerá en 7 minutos as propostas do seu programa que afectan a Galiza (só a Galiza) e que consideren de máis relevo. Cando rematen, intervirá o público asistente facéndolles as preguntas que considere, xa que este acto está pensado para que os asistentes participen e teñan o maior protagonismo.
Lugar: Salón do Museo das Peregrinacións, situado na Praza das Praterías de Santiago de Compostela
Día, Data e hora: Xoves, 4 de abril de 2019, ás 19:30h
Moderadora: A xornalista María Obelleiro (directora de Sermos Galiza)
Participantes:
Néstor Rego Candamil, polo Bloque Nacionalista Galego
Beatriz Pino, por Ciudadanos
Antón Gómez-Reino Varela, por En Común-Podemos
Alejandro Sánchez-Brunete Varela, polo Partido Popular (finalmente non asistiu)
Enrique Sánchez Nogueira, polo Partido Socialista Obreiro Español.
Alba Nogueira López, por En Marea.