En calidade de presidenta da asociación Agrupación Cultural O Galo de Santiago de Compostela, convoco a todas/os as socias/os á xuntanza xeral que terá lugar en Santiago:
Día e data: Luns, 29 de abril
Hora: 19:00h. en 1ª convocatoria e ás 19:30h. en 2ª convocatoria
Lugar: Local social da AC. O Galo: Avenida de Lugo nº 2 A, entresollado A
15702 - Santiago de Compostela.
ORDE DO DÍA
1. Lectura e, se procede, aprobación da acta da anterior xuntanza (achégase)
2. Estado de contas da AC. O Galo
3. Informe das actividades realizadas desde setembro de 2018 até a actualidade
4. Propostas de actividades para o terceiro e cuarto trimestre de 2019
5. Rogos e preguntas.
Santiago de Compostela, 9 de abril de 2019