“Parez coma se o mundo estivese asolagado por un feixe de luz -cambeante ao longo dos tempos-, e coma se isa luz fora distintamente reflexada polas distintas parcelas. Renunciar a reflexala- no seu matiz de hoxe, mais á nosa maneira- é ficar nunha hipnose risibel..." Rafael Dieste. El Pueblo Gallego, 26 de febrero de 1926
O Diario Galego: un xornal escrito integramente en galego, que apostará pola calidade e no que tod@s @s galeg@s atoparemos un medio de expresión e de defensa dos nosos dereitos e intereses.
A presentación en Compostela de O Diario Galego será:
Data e hora: Mércores 20 de xuño ás 20h
Lugar: Salón do Museo do Pobo Galego.
Intervirán:
Mercedes Espiño. Secretaria da AC. O Galo
Pilar Vispo. Labrega
Xoán Costa. Presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza
A Coral Solfa interpretará varias cantigas para celebrar a boa nova da futura saída de O Diario Galego.