Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

Homenaxe a Manuel Lourenzo

7/6/2022

0 Comentários

 
Imagem
Galiza Cultura e a Agrupación Cultural O Galo (integrante desa Federación) realízanlle unha homenaxe a unha das figuras máis senlleiras do teatro galego, a Manuel Lourenzo, autor, director, actor, produtor, editor e docente.
Para alén disto, Manuel Lourenzo, participou como intérprete en numerosos audiovisuais, series de televisión e filmes. Tamén foi co-fundador da Escola Dramática Galega e dos seus Cadernos de Teatro, puxo en funcionamento e dirixiu o “Teatro Luís Seoane”, no cal se representaron obras en galego de grandes autores internacionais e recibiu os máis importantes premios do noso teatro e o que anualmente concede aos dramaturgos o Ministerio de Cultura do Estado español.
Nesta HOMENAXE A MANUEL LOURENZO tamén se presentará a súa OBRA COMPLETA, recentemente publicada pola Federación Galiza Cultura e da que fan parte sete tomos nos que se recompilan toda a súa escrita.
A HOMENAXE A MANUEL LOURENZO levarase a cabo:
Data e hora: Martes, 14 de xuño de 2022, ás 19:30 horas.
Lugar: Salón-Teatro (sede do Centro Dramático Galego). Rúa Nova número 34. Santiago de Compostela.
E nela interveñen:
  • Susana Dans, actriz.​
  • Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía Castro da Coruña.
  • Quico Cadaval, actor.
  • Coral Solfa.
  • Francisco Núñez, director do Centro Dramático Galego.
  • Xosé Manuel Carril, presidente da Federación Galiza Cultura.
  • Brandán Lourenzo, gaiteiro.
Ficas convidad@ ti e un acompañante. De vir, é preciso enviar unha mensaxe a comunicacion@ogalo.gal antes do 12 de xuño de 2022 ás 22h, indicando nome, apelidos e teléfonos. En breve informarase sobre a maneira de apañar os billetes para asistir a esta homenaxe.
​No hipotético caso de anotarse socios no último momento e non haber butacas dispoñíbeis, est@s soci@s desprazarán @s non soci@s anotad@s en último lugar, feito que sería comunicado.
0 Comentários



Deixe uma resposta.

    Imagen

    O Galo

    Agrupación Cultural que traballa pola nosa cultura

    Arquivos

    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.