O acto decorrerá:
Data e hora: O xoves, 7 de xullo de 2021, ás 18:30 horas.
Lugar: Praza de Cervantes, mesmo na fronte da libraría Couceiro (haberá cadeiras e megafonía).
Intervirán: Carlos Callón, Ramón Mariño, María do Pilar García Negro e Francisco Rodríguez Sánchez.
O roteiro posterior polas rúas de Santiago será guiado polo propio Carlos Callón, facendo paradas nos lugares máis significativos en que aconteceron diversas accións en defensa da nosa lingua. A duración estimada do roteiro será por volta de 75 minutos.
Trátase dunha actividade aberta a todas as persoas que desexen participar, socias e socios da Agrupación Cultural o Galo, ou non, ao decorrer a mesma ao aire libre. Tan só terán preferencia para ocupar as cadeiras, as socias e os socios do Galo.
Prégase puntualidade e respectar as normas sanitarias sobre a COVID-19.