FINALISTA DO XXXVII PREMIO XERAIS DE NOVELA
A chegada dos primeiros habitantes a unha urbanización de chalets acaroados supón un cambio na rutina dos demais veciños e veciñas e xera conflitos.
A urbanización divide o barrio en dúas novas realidades, a da veciñanza de toda vida e a das novas vivendas. Nesta zona periférica vai convivir xente moi diversa que nos vai narrar as súas circunstancias e comparando con outras realidades, a da xente rica. Trátase do desencontro de formas de vivir, mais non dunha rivalidade polo territorio, senón da colisión entre dúas formas de vida que se converte nunha lenta e constante guerrilla de pequenas escaramuzas veciñais, na reafirmación do estatus comunitario dos humildes, na manifestación dos soños e loitas dependendo do lado do mundo en que habiten.
Os problemas cotiás das personaxes: o medo ao desemprego, ao desequilbrio mental e emocional, a dependencia, a precariedade, a emigración e tamén o desexo de ter unha vida mellor é o que imos atopar nen Deixádenos remar.
Reseña biográfica da autora
ANA CABALEIRO LÓPEZ (Saídres, Silleda, 1974) é licenciada en Xornalismo e cursou o Mestrado en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura da Universidade de Santiago de Compostela, no que investigou sobre a contracultura e ciberactivismo. Actualmente dedícase á comunicación no sector da cultura e colabora con publicación como Nós Diario. Tamén traballou no ámbito da discapacidade intelectual e na cooperación ao desenvolvemento. Como autora formouse en obradoiros e cursos de escrita, sempre na procura de voces femininas. Froito das súas experiencias nace a compilación de relatos Sapos e Sereas (2017), a súa primeira obra publicada, a novela As Ramonas (2018) coa que gañou o preio de Novela Manuel García Barros e foi finalista do San Clemente. Tamén participou en libros colectivos de relatos Contra o vento (2018) e o Libro dos trens (2019). A novela Deixádenos remar (2021) foi finalista do XXXVII Premio Xerais de Novela. Xa no ano que andamos, recentemente foi gañadora da 1ª edición do Premio Exeria do Concello de Santiago.
RSS Feed
