Maribel Iglesias Baldonedo naceu en Caracas en 1964, sendo filla de emigrantes galegos que cando voltan instálanse en Santiago. Aquí licénciase en xeografía e historia e primeiro traballa no IES Ramón Cabanillas de Cambados, e logo de aprobar as oposicións a profesora de secundaria, consigue o destino definitivo no IES Francisco Asorey desa vila. É unha das estudosas que mellor coñece ao escultor Francisco Asorey, feito que se aprecia no seu estudo Francisco Asorey, escultor galego, editado a partir da súa Tese de Doutoramento, defendida na USC en 2016.
Interésalle a historia local e procura difundila entre o seu alumnado, indo do particular ao universal. Dentro desta liña atópase Cambados, 100 anos de historia a través da fotografía (2005), un traballo que realizou xunto a alumn@s e compañeir@s do centro educativo, e que obtivo un premio á innovación educativa da Xunta de Galicia. A este seguíronlle os libros Ramón Cabanillas, Biografía en imaxes (2008), polo o que acadou o IX PREMIO CABANILLAS e a súa última publicación: Pazo de Fefiñáns. Historia e Arte (2021), tamén responde a súa teima de espallar o patrimonio de Cambados, contribuíndo deste xeito a que este se respecte, active e conserve.
A entrada será libre até completar a capacidade do salón de actos da Biblioteca Anxel Casal.