Laxeiro en América (Buenos Aires, 1950-1970).
Javier Pérez Buján (Pontevedra, 1965). É licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela, en cuxo Departamento de Socioloxía traballou durante tres anos en diversos proxectos de investigación, no ámbito da socioloxía da comunicación. Cursou o programa de doutoramento en Antropoloxía Cultural, tamén na Universidade de Santiago de Compostela. É Master en Xestión e Políticas Culturais Pola Universidade Autónoma de Barcelona e Master en Marketing e Dirección Comercial pola Escola de negocios Caixanova. Ten unha ampla experiencia en xestión cultural. Comezou no sector privado a principios dos anos noventa, como xestor, programador, produtor e responsable de comunicación no campo das artes escénicas, realizando numerosos proxectos para institucións públicas e entidades privadas. A finais dos anos noventa comeza a traballar no campo das artes plásticas como director da Galería Abel Lepina en Vigo e, en 2000 gaña, por concurso público, la praza de Director da Fundación Laxeiro, cargo que ocupa actualmente, desenvolvendo traballos de comisariado, investigación, programación, xestión, difusión e edición de publicacións, entre as que destacan a coordinación do Catálogo Universal de Laxeiro, publicado en decembro de 2009, a edición do libro titulado Laxeiro, os escritos de Don Ramiro e numerosas publicacións que abordan diversos aspectos da obra Laxeiro. Publicou tamén máis dunha trintena de textos sobre diversos artistas contemporáneos. Como comisario, ademais de desenvolver numerosos proxectos sobre a obra de Laxeiro, entre os que destacan as exposicións realizadas no Instituto Cervantes de Lisboa, no Centro Atlántico de Arte Moderno de Las Palmas de Gran Canaria, ambas en 2003; e a realizada no Museo Nacional de Bellas Artes, en Buenos Aires, en 2006; comisariou máis de vinte proxectos expositivos individuais de artistas contemporáneos, os máis recentes, de Ignacio Pérez-Jofre, o colectivo NEC, ou Silverio Rivas, ademais de diversas exposicións colectivas de artistas galegos. Foi membro de diversos xurados de arte contemporánea, como las Bolsas á creación artística Fundación Laxeiro, Novos Valores da Deputación de Pontevedra, Isaac Díaz Pardo da Deputación da Coruña, Novos Comisarios do Museo MARCO de Vigo, entre outros. É membro do IAC, Instituto de Arte Contemporáneo. Foi un home. Laxeiro en América (Buenos Aires, 1950-1970). Durante este 2022, Galicia rende homenaxe ao pintor galego máis relevante do século XX, José Otero Abeledo, Laxeiro (Lalín 1908 – Vigo 1996), despois de que a Real Academia Galega de Belas Artes decidira dedicar o Día das Artes deste ano ao xenial artista, un dos pais da vangarda pictórica galega. No marco do Ano Laxeiro, a exposición Foi un home. Laxeiro en América (Buenos Aires, 1950- 1970), organizada polo Goberno galego en colaboración co Concello de Lalín, difunde o seu legado dentro e fóra de Galicia cun percorrido pola obra da súa época na Arxentina, considerada a súa etapa de madurez. Sobre Laxeiro. A figura de José Otero Abeledo, Laxeiro (Lalín, 1908-Vigo, 1996) enmárcase na Vangarda histórica galega, na que, a principios dos anos trinta, un inquedo grupo de novos artistas e intelectuais, coñecido como Os Renovadores, iniciou un proxecto de actualización estética. En 1931 recibiu unha bolsa do Concello de Lalín para estudar como alumno libre na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando en Madrid, continuando ao ano seguinte cunha bolsa da Deputación de Pontevedra. Alí conecta co ambiente intelectual galego da capital. En 1951 viaxa a Buenos Aires para participar na exposición titulada Artistas galegos, organizada polo seu amigo Luis Seoane por encargo do Centro Galego de Buenos Aires, na Galería Velázquez. Desde entón fixa a súa residencia na capital arxentina ata 1970. Alí incorpórase ao núcleo fundamental da cultura galega en América. En 1970 regresa definitivamente a España e falece en 1996 en Vigo, con 88 anos.
0 Comentários
Deixe uma resposta. |
O GaloAgrupación Cultural que traballa pola nosa cultura Arquivos
Setembro 2024
A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.
|