A segunda visita terá lugar o martes 15.10.2019 ás 18:30h, dirixida a socias/os da asociación AC O Galo e as amizades que os acompañen, igual que tamén se convidan a todas aquelas persoas socias do Museo do Pobo Galego.
A primeira visita xa foi o pasado xoves, dirixida única e exclusivamente a persoas asociadas tanto da AC O Galo como da Asociación Musical Solfa de Compostela.
A exposición céntrase na intervención de Luis Seoane na campaña de propaganda de guerra levada a cabo pola II República e orientada cara ao exterior, así como na participación nela doutros artistas galegos exiliados en Arxentina, como Castelao ou Maruja Mallo. Inscríbese na liña da recuperación da nosa terxiversada e silenciada memoria histórica recente.