Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

TERRAS  de  ARZÚA,  MELIDE  e  TOQUES        NATUREZA, CULTURA POPULAR, MEMORIA HISTÓRICA

8/11/2019

0 Comentários

 
Imagem








































A AC. O Galo organiza unha visita guiada para o sábado 16 – 11 – 2019:  TERRAS  de  ARZÚA,  MELIDE  e  TOQUES: Natureza, Cultura Popular, Memoria Histórica,  á que vos convida a ti e as túas amizades.
  
TERRAS  de  ARZÚA,  MELIDE  e  TOQUES
        NATUREZA, CULTURA POPULAR, MEMORIA HISTÓRICA
                                             Sábado, 16.11.2019


 TODOS OS PARTICIPANTES DEBERÁN ANOTARSE NO CORREO ELECTRÓNICO  [email protected] E INDICAR SE LEVAN COCHE E TEÑEN PRAZAS DISPOÑIBLES OU SE NON LEVAN COCHE E PRECISAN TRANSPORTE 
NO PAZO DE BRANDESO NON ESTÁ PERMITIDO FACER FOTOGRAFÍAS

PROGRAMA:                    
09:00h: Xuntanza dos coches na rúa Valle Inclán de Santiago, a carón do Museo de Arte Contemporánea; desde este lugar sairán cara Arzúa todos os coches xuntos. 
As persoas que vaian directamente a Arzúa  e, por tanto, sen acudir ao punto de encontro da rúa Valle Inclán, deberán seguir as indicacións do punto 2.

09:50h: Visita guiada á Fonte Santa da capela do mesmo nome situada uns 4 km antes do pazo de Brandeso. Celso Magarinhos explicaranos as lendas que existen sobre esta fonte milagreira e persoas de ADEGA falarannos da carballeira. A continuación visitaremos un muíño de maquía e o seu muiñeiro, Xosé Conde, faranos unha demostración da moenda.
 11:15h: Visita guiada polo profesor da USC, doutor Juan Varela Durán, ao pazo de Brandeso (nel desenvólvese a novela Sonata de Otoño, de Ramón del Valle-Inclán). Persoas de ADEGA falarannos das plantas e das árbores do seus xardíns e da finca lindeira.
 13h: Visita guiada a Stª María de Melide. Explicacións a cargo de Xosé Antonio Vicente, coidador desta igrexa románica que conserva pinturas da época medieval.
 14:15: Xantar (optativo) en Raxería Ramos, Avda. de Lugo, nº 44. Melide, teléfono 981-507667.
15:30h: Saída nos coches desde a Raxería Ramos para a fervenza de Toques
 16:30h: Baixada a pé dos 3 km que levan ata a fervenza. Persoas de ADEGA explicarannos a flora e vexetación do treito polo cal camiñaremos.
 17:30h: Desprazarémonos nos coches desde a fervenza ata S. Antoniño (6 km)
 18h: Visita guiada á igrexiña altomedieval de S. Antoniño de Toques. As explicacións deste monumento correrán a cargo dun/ha integrante da AC. O Galo e as do seu contorno natural a cargo de membros de ADEGA. Ao rematar  regrésase a Santiago de Compostela.
CONSIDERACIÓNS A TER EN CONTA:     
1.      Este roteiro faise en coches privados e, como é norma na AC. O Galo, os seus socios teñen preferencia, para a asignación das prazas nos coches. 
Poden anotarse persoas con coche ou sen coche. Quen teña no seu coche prazas libres a disposición doutras persoas, agradecemos que o comuniquen canto antes ao teléfono 659-683384. A quen leve o coche, pagaráselle a viaxe de ida e volta; neste caso, e desde Compostela, serán un total de 6 euros por persoa e, de ir no coche 4 ocupantes máis condutor/a, serán un total de 5 euros por persoa.
2.  As persoas que vaian directamente, en Arzúa collerán a estrada que vai cara á Vila de Cruces, a uns 4 km, moi pouco antes do letreiro indicador que pon Brandeso, collerán unha pista á esquerda e a uns 250 m xa atopan a capela, o muíño e a Fonte Santa. 
3.   Cadaquén pode xantar pola súa conta onde considere. Pero cómpre que estea na Raxería Ramos ás 15:30 h, para saír cara á fervenza e S. Antoniño. 
4.   O menú na Raxería Ramos (tanto o vexetariano como o que ten carne) custa 11 euros por persoa,  que se pagan ao entrar no comedor. Para xantar nela, o mesmo que para unicamente anotarse á visita guiada, hai que escribir un correo electrónico a  [email protected]  antes do 14 de novembro de 2019 ás 18h, especificando:
3A  No caso de non xantar co grupo: Nome, apelidos, correo electrónico e número de teléfono de tod@s cant@s acudan á visita guiada sen ir xantar á Raxería Ramos.
3B  No caso de si xantar na Raxería co grupo, indicaredes nome, apelidos, correo electrónico e número de teléfono e indicaredes a sobremesa e o primeiro prato elixido do menú con carne. De optar polo menú vexetariano, cómpre que digades cal das sobremesas escolledes.
3C  Tamén debedes avisar con anterioridade ao día 15.11.2019 antes das 15h. se, despois de estar anotad@s, non ides vir ao xantar.
5.  Os menú CUSTA 11 (ONCE) EUROS e inclúe:
MENÚ CON CARNE (11 EUROS): Auga, viño ribeiro, refrescos, pan e
1º PRATO: A elixir entre empanada de touciño entrefrebado con queixo  ou macarróns con cogumelos. Cómpre escoller un ou outro.
2ª PRATO: Raxo e churrasco de porco con ensalada (as 3 cousas)
SOBREMESA: A elixir unha entre as seguintes: flan feito na casa ou torta que mercan fóra (de chocolate, de queixo ou torta xeada)
MENÚ PARA VEXETARIANOS (11 EUROS):  Auga, viño ribeiro, refrescos, pan e
   1º PRATO: Macarróns con cogumelos.                2ª PRATO: Ensalada variada
   SOBREMESA: A elixir unha entre as seguintes: flan feito na casa ou  torta que mercan fóra (de chocolate, de queixo ou torta xeada)
6.  Rogamos que vos apuntedes canto antes en: comunicació[email protected] precisando se ides xantar ou non co grupo, que menú escolledes e cal dos dous primeiros pratos, isto último no caso de preferir o que leva carne. Tamén que nos informedes se ides directamente para a Fonte Santa, lugar onde comezamos ás 09:50h esta visita guiada-roteiro. E lembrade que imos a unha zona fría e que andaremos polo campo, malia a que imos por terreo chan ou costa abaixo.



0 Comentários



Deixe uma resposta.

    Arquivos

    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.