Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Contacto

SEOANE. O CREADOR NA SÚA TINTA

6/24/2019

0 Comentários

 
Imagem
 Presentación da banda deseñada "SEOANE. O creador na súa tinta. Primeira parte" e Roteiro por Compostela sobre esta mesma obra.
Na banda deseñada desenvólvense nos primeiros anos da vida de Luís Seoane, o polifacético creador galego, exiliado en Argentina. A partir de textos do propio autor e de xente cercana a el, trátase de dar vida e facer memoria da súa etapa de estudante en Santiago de Compostela, das súas influencias, experiencias, primeiros traballos e pensamento até o seu exilio na Arxentina tras o golpe de estado do 36.

Data: Mércores, 26 de xuño de 2019
Lugar: Libraría Couceiro. Praza de Cervantes en Compostela
Hora:  19:00h, presentación na propia libraría. 19:20h, comezo do roteiro polas rúas da cidade para visitarmos os principais lugares onde o pintor Luís Seoane desenvolveu a súa vida, mentres estudou Dereito na USC. A duración aproximada de toda a actividade é de hora e media.

Interveñen: Os deseñadores Enrique Mauricio e Carlos Taboada e un membro da AC. O Galo.

Enrique Mauricio, e Carlos Taboada deciden crear no ano 2008  o colectivo "Polo Correo do Venro", especializado en actividades  para o público máis novo para promover a lectura, a comprensión oral e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística. Dedícanse tamén a traballos de ilustración, publicidade, creación audiovisual e publicacións infantís, xunto coa realización de actividades de animación á lectura e obradoiros de ilustración e creación de historias.
0 Comentários



Enviar uma resposta.

    Imagen

    O Galo

    Agrupación Cultural que traballa pola nosa cultura

    Arquivos

    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Categorías

    Todos

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem

Proudly powered by Weebly