Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

Roteiro Manuel Murguía en Compostela

29/1/2023

0 Comentários

 
Fotografia
​Mini-biografía de Manuel Murguía (1833-1923)
Conmemórase en 2023 o centenario do pasamento de Manuel Murguía e o cento noventa aniversario do seu nacemento.
Son varios os espazos da cidade de Santiago que nos lembran a presenza desta sobranceira figura galega. Malia non nacer en Santiago, os seus primeiros anos están vencellados a esta cidade, onde o Murguía adolescente foi testemuña do levantamento de 1846 e da represión que o seguiu.
Do mesmo xeito, a familia creada por Rosalía de Castro e Manuel Murguía viviu en varias rúas da cidade histórica, tales como a rúa da Conga e do Vilar, a praza do Mercado Vello ou as rúas da Senra ou de Altamira. Todas fálannos dos traballos dun home que dedicou a Galiza a súa vida, cos seus éxitos e os seus fracasos.
É e que a súa vida e a súa obra abranguen multitude de aspectos. A vida de Murguía estivo moi lonxe dos estudos de Farmacia, nos que teimaba o seu pai. Por iso, en Madrid, máis que aprendiz de boticario foi aprendiz de escritor e xornalista, colaborando nos principais xornais progresistas e publicando as súas primeiras novelas e poesías.
Porén, sería a súa Historia de Galicia, publicada en cinco tomos, a que lle deu sona a Murguía. Un proxecto historiográfico que transcende o puramente científico para ser alicerce do seu pensamento político: o rexionalismo galego que procuraba afirmar a identidade galega e o seu dereito ao autogoberno. Presidiu a Asociación Rexionalista Galega, con sede en Compostela, onde tamén se editaba La Patria Gallega.
Eterno colaborador da prensa, o seu traballo como funcionario aliviou unha economía familiar sempre en estado precario. Aínda que non foi un empregado público modelo, sancionado en varias ocasións, como cando estivo destinado na biblioteca da Universidade de Santiago.
Para os seus traballos viñeron axudas de América, pois os emigrantes galegos non esquecían o pais e axudaban os que, coma Murguía, estaban empeñados na súa restauración.
As rúas de Compostela son, xa que logo, testemuñas dos traballos e dos días dun Murguía, que dedicou a súa vida á defensa e ao progreso de Galiza.
​Prudencio Viveiro Mogo
(O Valadouro, 1974). Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1992-1997). Grado de licenciado coa tese de licenciatura Os comezos da Administración liberal na provincia de Lugo (2000). Diploma de Estudos Avanzados no programa de doutoramento “Estudos Contemporáneos” da Universidade de Santiago de Compostela (1998-1999).
É autor dos libros Política, eleccións e fidalgos. O réxime do Estatuto Real na provincia de Lugo, 1834-1836 (Ediciós do Castro, 2004), O Estatuto galego durante a II República (Ediciós do Castro, 2007) e Os irmáns de América. As pegadas da emigración do Valadouro na Habana (Laiovento, 2021).
A respecto da influencia de Manuel Murguía na historiografía galega cómpre destacar os artigos: “Cando o pasado é futuro: Historia e construción nacional na Galiza do século XIX”, en Madrygal, Revista de Estudios Gallegos, volume 12, 2009, p. 131-136. “Manuel Murguía e as utilidades políticas da historia”, en Grial, nº 229, xaneiro-marzo de 2021, p. 65-69.
Membro do consello editorial de Murguía, Revista Galega de Historia.
Membro do consello de dirección de Edicións Laiovento.
Traballa no Consello da Cultura Galega.
Para máis información sobre as publicacións de Prudencio Viveiro Mogo:
http://publicacionsprudencioviveiromogo.blogspot.com/
0 Comentários



Deixe uma resposta.

    Imagen

    O Galo

    Agrupación Cultural que traballa pola nosa cultura

    Arquivos

    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.