Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

ROTEIRO "DEDALVS EN COMPOSTELA"

31/5/2019

0 Comentários

 
Imagem
 







































A SELIC (semana do libro de Compostela) terá lugar a primeira semana de xuño de 2019 na Quintana de Santiago de Compostela.   
O roteiro "Dedalus en Compostela" organízase dentro das actividades desta semana adicada ao libro.
O percorrido, guiado por Richard Rivera, realizarase o venres 7 de xuño de 2019, ás 18 horas, iniciándose na porta da Selic, instalada na Quintana.  
Para asistir cómpre facer a inscrición, canto antes, pois as prazas son limitadas, neste correo electrónico:  [email protected]
A narración "Dedalus en Compostela", publicada en 1929 no número 67 da Revista Nós, do 25 de xullo, foi reeditada en 1961 pola Editorial Galaxia, baixo supervisión do propio Risco, quen ordenou suprimir varios anacos do texto. 
A acción desenvólvese en Compostela o xoves da Ascensión de 1926. Nas rúas compostelás coinciden o propio Risco e Stephen Dedalus, personaxe creado por James Joyce como o seu "alter ego". O narrador, en primeira persoa,  é o propio Vicente Risco que nos informa de que, durante o inverno, xa coincidira con Dedalus en Ourense no seu despacho da rúa de Santo Domingo.  Tamén explica que o encontro se produce no mundo do imaxinable, pois, ao atopárense en Ourense, Dedalus tiña 43 anos (a idade de Dedalus en Ulises), mais no encontro en Compostela Dedalus só conta con 19 anos (a idade de Dedalus en Retrato do artista cando novo).
Risco comeza só o seu paseo desde un ultramarinos da Rúa da Acibecharía, pasa pola Praza do Pan, o Preguntoiro, a Caldeirería e  por Tras Salomé camiñando até a rúa Nova. Nunha libraría a carón do pórtico de Salomé, atopa a Dedalus, co que bota a camiñar de novo polas rúas compostelás. Dedalus explícalle que foi a Compostela como peregrino para ser soterrado alí, como xa o fora Guillerme de Aquitania. Percorren a rúa Nova, a rúa da Conga, a Quintana e Dedalus propón ir ao bar Quiqui, para remataren entrando na catedral, para visitar o sepulcro de Santiago.
Esta narración permítenos facer o percorrido que "realizaron" Vicente Risco e Stephen Dedalus. Saber que edificios sobresaían daquela pola súa modernidade, a ubicación de comercios rexentados por integrantes das Irmandades da Fala ou descubrir como a libreria Niké atraía os visitantes. Asemade, constatamos como a conversa se sitúa dentro do universo simbólico de Santiago ao centrarse na identidade e na relixiosidade, dúas cuestións que de xeito diferente gravitan no imaxinario de James Joyce e de Risco.

0 Comentários



Deixe uma resposta.

    Arquivos

    Junho 2025
    Maio 2025
    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.