Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Contacto

roteiro de rosalía en compostela guiado por francisco rodríguez

2/19/2021

1 Comentário

 
Imagem
Para celebrarmos a semana do aniversario do nacemento de Rosalía (24 de febreiro de 1837), a Concellaría de Cultura do Concello de Santiago en colaboración coa A.C. O Galo organiza un roteiro sobre "Rosalía en Compostela", guiado por Francisco Rodríguez.

Francisco Rodríguez, natutral de Serantes, en Ferrol, cursou Historia e Filoloxía Románica (sección de Hispánicas) na Universidade de Madrid, e doutorándose pola Universidade de Santiago de Compostela coa primeira tese que se realiza sobre Rosalía nesta universidade, Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro, en 1988. Profesor de Lingua e literatura españolas, exerce a docencia en Albacete, Ourense, Cangas, Puerto Real (Cádiz), Carballo, A Estrada e Ferrol.
Político nacionalista, loitador pola súa terra,  deputado no Parlamento galego, foi o primeiro deputado nacionalista no Parlamento español. A súa obra Galiza, razón de ser, 2000, editado por Terra e Tempo, é unha recompilación de artigos publicados na prensa diaria ao longo do período que abarca a VI Lexislatura do Congreso dos Deputados  (1996-2000).

Como estudoso da literatura, ten publicado obras de ensaio como A evolución ideolóxica de Manuel Curros Enríquez, 1972, Galaxia, e a 2ª edición de 1995, en A Nosa Terra. Tamén traballa sobre Eduardo Blanco Amor, e sae á luz en 1993 en Edicións do Cumio o estudo Eduardo Blanco Amor, o desacougo da nación negada.  Tamén analiza a situación da literatura galega actual en Literatura galega contemporánea. Problemas de método e interpretación, 1990, Edicións do Cumio.
A súa obra Conflicto lingüistico e ideoloxía en Galiza, 1976, Xistral, 2ª edición de 1999 en Laiovento foi unha chamada de atención sobre a situación da lingua, cunha análise certeira.
Edítase a súa tese Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro,  en 1988, AS-PG;  profundiza sobre a mesma autora no monumental estudo e obra de referencia Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria, publicado no ano 2011 pola AS-PG.
1 Comentário
belen piñeiro alvarez
2/21/2021 05:19:56 am

Ola e moi boas,
Solicito formar parte do roteiro do próximo día 27 ás 17 h.
Agardarei a saber se é por esta vía que se fai a petición.
Un saúdo e graciñas

Responder



Enviar uma resposta.

    Imagen

    O Galo

    Agrupación Cultural que traballa pola nosa cultura

    Arquivos

    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Categorías

    Todos

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem

Proudly powered by Weebly