Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

roteiro a memoria da prensa en galego, compostela 17 de febreiro

14/2/2024

0 Comentários

 
Fotografia
O vindeiro sábado, 17 de febreiro, faremos un roteiro por Compostela. Visitaremos varios pontos da cidade nun percorrido que nos levará polos lugares relacionados con diferentes medios de comunicación. Ás 11,30h quedamos no Campo de San Clemente, se queres acompañarnos só tes que mandar un correo, poñendo nome, dous apelidos e número do DI, a comunicació[email protected], antes do 16.02.24 ás 13h.

ROCIO CASTRO, licenciada en Xornalismo e Máster en Estudos Internacionais pola USC, foi a primeira xornalista electrónica de Galiza. Dirixiu Vieiros, coordinou un proxecto de Novo Estatuto para Galiza, traballou no departamento de Cultura do bipartito e formou parte de múltiples proxectos culturais desde entón, sobre todo no mundo da música, desde a perspectiva da comunicación e da xestión cultural. Agora é responsable de Proxectos da Fundación Rosalía de Castro e comisaria do Premio Narf da Deputación da Coruña. Vainos levar á rúa do Pombal para falarnos de Vieiros: Vieiros quería ser o medio de todo o galeguismo. Tiña vontade de intervir na realidade social. Desde a honestidade, era un medio abertamente independentista, sen sectarismos e plural. Foi o gran medio dixital galego e a súa estratexia foi sempre crear unha comunidade galega en Internet que fora alén das fronteiras da comunicade autónoma. 
Chegou a ter 20.000 visitantes ao día e máis de 30 edicións locais en Galicia e en todo o mundo que eran realizadas por galegos e galegas de forma voluntaria.

Pepe Barros levaranos á rúa do Vilar e falaranos dos xornaais editados na imprenta Nós.

Continuaremos pola praza da Quintana e a Acibecharía onde Xoán Costa, licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, ampliou estudos na Universidade de Lisboa durante o curso 1981-1982. Foi profesor de Lingua e Literatura Galega en IES de Ferrol e da Coruña. Entre 2001 e 2020 foi presidente da AS-PG. É autor de estudos e artigos sobre lingua e sobre literatura galega, e colaborador en publicacións periódicas galegas. Foi director, entre 1985 e 1987, da revista Agália. Colabora en Nós Diario e Sermos Galiza, do que tamén é presidente do Consello de Administración. Falaranos de:
 
O seor Pedro. É a primeira mostra de xornalismo integramente en galego. Tiña un carácter propagandista favorábel ao goberno progresista de Espartero. Escrito en verso e editado por Manuel Fernández Magariños, publicou, en cinco imprentas diferentes, 11 números até o 1862. O primeiro número publicouse na imprenta de José Núñez Castaño en 1840, despois do fin da Primeira Guerra Carlista. Os números seguintes abordan diferentes temas, desde a viaxe da raíña Sabela II ao paso do cometa Donati, da guerra de Italia ao ferrocarril compostelano.
 
El Porvenir. Publicouse na Imprenta de la Viuda e Hijos de Compañel en 1845. Aparecía tres veces ao mes e levaba por subtitulo Revista de la Juventud Gallega e por lema "Todo para Galicia". O seu director foi Antolín Faraldo, e os seus redactores Antonio Romero Ortiz e José Rúa Figueroa. Saíron á rúa 14 números, o último número apareceu o 28 de agosto dese ano, pois o gobernador da Coruña decretou a súa suspensión o 1 de setembro. Neste periódico apareceu o manifesto Nuestra bandera literaria.
 
Na rúa da Troia, Xosé Ramón Pousa Estévez (Santiago 1953), doutor en Xornalismo pola Universidad Autónoma de Barcelona, profesor titular (xubilado) de Comunicación Audiovisual e Publicidade da USC, onde foi Vicedecano (1993-2000), Director do Departamento (2000-2004) e decano da Facultade de Ciencias da Comunicación (2014.2022). Coordinador de Programas de Doutoramento, investigador do Grupo Novos Medios, director de 7 tesis doutorais e autor de numerosas publicaciones e libros sobre o medio e as audiencias radiofónicas. Profesionalmente, foi redactor de A Nosa Terra (1977-1979), de La Voz de Galicia (1980-1993) e director de Antena 3 de Radio de Galicia (1990-1993). Membro da sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega (1998-2022), foi miembro de Plenario do CCG e director do Aquivo Sonoro de Galicia (2018-2922). Vainos expricar onde estivo o  segundo emprazamento da redacción de A Nosa Terra en Compostela, tras o proceso de recuperación do Xornal en 1977, falaremos do proxecto periodístico, daquela primeira redacción liderada por Margarita Ledo Andión e das aportacións de linguaxe, estéticas e de contidos que supuxo o periódico naqueles primeiros anos tras o franquismo. Valoraremos especialmente o feito de lanzar un proyecto tan sólido nun momento de enormes dificultades económicas e mesmo ideológicas para o nacionalismo, deténdonos na importancia que tivo o medio para a normalización do idioma galego na prensa escrita, así como das dificultades para un proxecto monolingüe.

Pasaremos polo Proguntoiro, onde Pepe Barro falaranos de La Noche.

Para rematar na praza da Universidade, onde Ramón Pousa falaranos de Radio Galicia, diante dos vellos estudos de Radio Galicia en Santiago falaremos dos orixes da que foi a primeira emisora de radio do país, das características do medio e da linguaxe radiofónica, das primeiras emisións e retransmisións efectuadas, así como do grupo de mozos galeguistas que contribuiron a poñer en marcha a emisora de Unión Radio nos albores da II República. Imos deternos especialmente no papel xogado polo medio hasta o plebiscito do Estatuto de Autonomía de Galicia, analizando a castración informativa que supuxo a tonga noite franquista, o papel da radio na transición e abordaremos as perspectivas de transformación dixital dun medio con monito futuro. 

Fotografia
0 Comentários



Deixe uma resposta.

    Arquivos

    Julho 2025
    Junho 2025
    Maio 2025
    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.