Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

"ESPAZOS DE ROSALÍA EN COMPOSTELA": POR UNHA COMPOSTELA ROSALIANA

26/2/2021

1 Comentário

 
Imagem
POR UNHA COMPOSTELA ROSALIANA

Desde hai máis de dez anos, téntase que as institucións galegas fagan do 24 de febreiro o Día de Rosalía, pois Rosalía de Castro naceu a 24 de febreiro de 1837 nunha casa do Camiño Novo, no Agro das Barreiras, no daquela concello de Conxo, anexionado a Compostela en 1925.
Para reivindicarmos a institucionalización deste Día de Rosalía,  a A.C. O Galo vén de publicar en colaboración co concello de Santiago o libro Espazos de Rosalía en Compostela. Un paseo por Santiago con Rosalía de Castro.
Este roteiro consta de 22 puntos relacionados coa vida e a obra da poeta, desde o lugar onde se ubicaba a casa onde naceu, no antigo concello de Conxo, até onde foi bautizada, as casas onde naceron os diferentes fillos, onde vivía cando publicou Cantares Gallegos etc...
A presentación foi o xoves, 4 de marzo de 2021, no Auditorio do Museo do Pobo Galego, en Compostela.
No acto interviñeron:
Mercedes Rosón,  concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago
María Antonia Pérez, presidenta da A.C. O Galo
Mercedes Espiño, autora do texto.
Contamos ademais no acto coa presenza da propia Rosalía de Castro, interpretada pola actriz Tero Rodríguez, dos Quinquilláns.
Imagem
Cacho sorpresa nos levamos... cando  á presentación de Espazos de Rosalía en Compostela acudiu até a mesma Rosalía:  "Para saber que falan de min neste século XXI".
Imagem
"Total, pillábame aquí á beira de onde estou", comentou Rosalía para xustificar a súa asistencia.
Imagem


Desde a Agrupación Cultural o Galo agradecemos á actriz Tero Rodríguez, dos Quinquilláns, a súa participación na presentación deste libro, así como a interpretación que fixo do poema de Vidal de Cantares Gallegos:


                         XXXVII.
     El direitiño ô seu facer marchaba
Con paso despacioso camiñando,
E un sorrir nos seus labios s' atopaba
Qu' antroido iba dicindo ou contrabando,
Dempois con voz qu' as xentes atroaba
Foise de porta en porta perguntando:
—Deronlle aqui morcillas á Vidal?
—Aqui non!!!--Pos adiante có varal!
                         XXXVIII.
     Asi as chousas correu un-ha por un-ha
Y ó varal inteiriño inda se via,
Con triste si non respondeu ningun-ha
De cantas en redondo requeria.
Rindos' entanto á falsa de fertun-ha
Con sonsa voz de bulra repetia:
—Deronlle aqui morcillas á Vidal?
—Aqui non!!!--Pois adiante có varal!
                              XXXIX.
     Vidal morreu, y ó tempo foi pasando,
Braso qu'  os duros mármores arrasa
Antre helados escombros enterrando
Do bon Vidal á solitaria casa.
Mais sempr' esta historiña foy quedando,
Ind' oxe mesmo por provervio pasa,
E cand'  ó nome de Vidal s' invoca
Muda sole quedar mais d' un-ha boca.


1 Comentário
Xacobo Izquierdo Alonso
9/11/2021 14:16:21

Bó día:
¿Poderían indicarme onde ou como podería conseguir o libro editados po vostedes "Espazos de Rosalía en Compostela?
Teño un grande interese nese libro.

Grazas anticipadas.

Atentamente,

Xacobo Izquierdo

Responder



Deixe uma resposta.

    Arquivos

    Maio 2025
    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.