Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

Presentación de Amores clandestinos no renacemento: O deán Gabriel Rodríguez e María Criada

17/1/2023

0 Comentários

 
Fotografia
Son os seus autores o cuntense Héitor Picallo, autor de numerosas obras de diversa temática, e o estradés Damián Porto Rico, doutor en historia moderna e técnico documentalista no Arquivo Histórico Diocesano de Santiago. Contarase coa presenza do historiador Marcos Borrageros, membro da Asociación Cultural Vagalumes (da Estrada), colectivo que edita este ensaio, e por representantes do colectivo organizador.
Segundo os autores, esta obra leva rematada unha ducia de anos, mais ningunha administración se animou a publicala, e iso que versa sobre a historia de dous personaxes ilustres da historia da Galiza: o deán Gabriel Rodríguez de Casal de Raros e a súa parella María “Criada”. Aquel, estradés de nacenza, posibelmente da freguesía de San Miguel de Moreira (da que tamén é natural Damián Porto), foi un destacado clérigo que veu ao mundo a finais do século XV e que, logo de tomar hábitos eclesiásticos, asenta durante un tempo na corte de Roma, sendo criado de varios papas, entre eles de Giovanni di Lorenzo de Medici, coñecido comunmente como León X. Deste pontífice chegaría a ser, incluso, un dos seus palafreneiros ou cabalarizos. No momento en que fica na “Cidade dos Sete Outeiros”, coinciden nela os vértices do “triángulo máxico” da máis grande xenialidade universal: Leonardo da Vinci, Raffaelo Sanzio e Michelangelo Buonarroti.
A obra que se presenta non é un ensaio ao uso, pois realmente podería servir para elaborar unha novela fantástica ou un guión de cine. O citado Gabriel Rodríguez, logo de ocupar determinados beneficios curados (crego de San Mamede de Piñeiro, San Fins das Estacas e Santa María dos Baños de Cuntis), tamén consegue diversas responsabilidades tanto en Roma como na Galiza: cóengo das colexiatas de Baiona e Muros, igualmente do Cabido Diocesano de Santiago, Arcediago da Raíña (na diocese Compostelá) e Deán do Capítulo Catedralicio Lugués... Tanto é así que, alén de ser nomeado Protonotario Apostólico, estará entre os 6 eclesiásticos máis relevantes da Galiza dos anos trinta do século XVI.
Porén, se a súa vida do deán Gabriel Rodríguez resulta sobradamente interesante tanto ou máis se observa a da súa parella, a lalinesa María “Criada”. Con este alcume que lle asignaron ensombrecíase a persoa de María Rodríguez de Monteagudo e Ulloa, unha muller que canda a morte do clérigo se dixo viúva e se dedicou durante uns anos ao comercio de cereais e viño ourensán, así como a prestar sumas importantes de diñeiro a distintos particulares. A súa vida, oculta entre nos palacios episcopais (e nas rúas de Compostela e Lugo), foi vinte cinco anos máis longa ca da súa “parella”. Ignórase o lugar no que repousan os restos mortais de Gabriel Rodríguez de Casal de Raros, que vivira coa súa muller nunha vivenda da Rúa Nova de Compostela, concretamente no mesmo lugar no que tempo máis tarde se instalaría o “Antigo Colexio dos Irlandeses”.
Porén, María Criada resolveu dar repouso aos seus restos mortais na mesma catedral de Santiago, como así consta nalgúns documentos que os autores puideron recuperar. Amais diso, dun dos fillos desta “parella”, o cóengo Aníbal Rodríguez, tamén se conserva a súa sepultura na xirola da basílica compostelá. Amais deste persoeiro, tamén ilustre, Gabriel e María terían cando menos media ducia de fillos máis, proxenie que curiosamente sería recoñecida como froito das relacións afectivas daqueloutros.
O extenso ensaio que edita Vagalumes e presenta a Agrupación O Galo, está prologado polo debuxante e escritor Grato E. Amor Moreno e deseñado por Martiño Picallo. Mais na obra tamén se ofrecen moitas historias paralelas, como a do cóengo compostelán Vasco de Ulloa, que polos anos trinta do século XVI era un dos escriptores do Arquivo Vaticano. Na Libraría Couceiro temos unha cita ineludíbel que ha conectar as terras galegas coa historia universal de Roma.
Damián Porto Rico
​(Moreira – A Estrada, 1972) é licenciado en Xeografía e Historia pola USC. Especialízase en arquivística e biblioteconomía, motivo polo cal pasa a traballar na Fundación Camilo José Cela, logo no Arquivo Catedralicio de Tui e, na actualidade, no Arquivo Histórico Diocesano de Santiago. Alén da súa participación en Naturgalicia (colectivo que difunde o patrimonio medioambiental, histórico-artístico e cultural galegos dende a fotografía), ten publicados múltiples ensaios e artigos en revistas como Compostellanum, Quercus, A Estrada: Miscelánea Histórica e cultural, Tudae... E coautor de varias obras, entre outras: Actas do II Congreso Internacional “Historia a debate”, 3 tt. (2000); Inventario de fondos parroquiais da provincia da Coruña depositados no Arquivo Histórico Diocesano de Santiago, 3 tt. (2011, 2013 e 2014) e Catálogo de impresos del Archivo Histórico Diocesano de Santiago, 2 tt. (2017 e 2018). Mergulla a súa curiosidade en temas como as pesqueiras do río Ulla (A Estrada); a Batalla de Rande; os fondos documentais de pazos galegos, como o da Casa do Preguecido (A Estrada); nas capelanías, ermidas e obras pías da Estrada; en recursos faunísticos das terras dese municipio; arquitecturas industriais e personalidades como Juan Vermúdez de Castro, un ribeirense (A Estrada) na corte dos Austrias... 
Héitor Picallo Fuentes
(Vila do Baño – Cuntis, 1974) é enxeñeiro técnico naval pola UDC, especializado en estruturas mariñas. Compaxina o seu traballo coa ilustración de libros e a investigación de temas diversos (cultura galega, memoria histórica e personalidades do país, entre outros). Súas son as seguintes obras: Xohán Xesús González: un precursor do soberanismo galego (2008); Coa lingua na terra (2013), Cuntis na época romana (2016); No medievo, castañas e castiñeiros como recursos económicos (2018); As letras galegas en caricatura (2020) e O escudo do Reino da Galiza: unha ollada internacional – edición non venal a cargo de Nós Diario (2020). A isto súmanselle varias obras infantís e unha ducia de títulos de coautoría. Investigacións súas ven a luz en Compostellanum, Conimbriga, Murguía, El Museo de Pontevedra, Raigame, Románico: revista de arte de amigos del románico, Tapa, Terra e Tempo... Conta cos premios de xornalismo Máximo Sar (2005) e Reimóndez  Portela (2012). No eido das artes plásticas, expuxo de xeito individual ou colectivo en San Martiño Pinario, no Museo de Pontevedra, no Museo do Mar (Vigo), Mupega (Compostela), Museo Manuel Torres (Marín), Museo Valle- Inclán (A Pobra do Caramiñal) e Museo de Artes do Gravado (Ribeira). Estas dúas últimas institucións contan con obra gráfica súa.
0 Comentários



Deixe uma resposta.

    Imagen

    O Galo

    Agrupación Cultural que traballa pola nosa cultura

    Arquivos

    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.